DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Sábado, 31 de outubro do 2009

Aprobados polo Consello Galego de Universidades implantaranse o vindeiro curso

A Universidade de Vigo moderniza a súa oferta de graos con Enxeñaría da Enerxía e Ciencias Ambientais

Vigo ofertará en 2010-2011 un total de 13 novos graos


Image De “positivo” cualifica o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o listado de titulacións de grao a implantar no curso 2010-2011 aprobado polo Consello Galego de Universidades. “Tal vez sexa o mellor acordo de todos” asegurou o reitor que xustificou esta afirmación en tres razóns: a eliminación da duplicidade existente en titulacións como Física, Tecnoloxía dos Alimentos e Humanidades; na incorporación de novos títulos ao Sistema Universitario Galego e na decisión do Consello de aprobar todas as propostas presentadas polas tres universidades. Dos catro novos graos aos que deu luz verde o Consello Galego de Universidades, dous implantaranse na Universidade de Vigo, o Grao en Enxeñaría da Enerxía no campus de Vigo e o Grao en Ciencias Ambientais que se impartirá no de Ourense
Mércores, 30 de setembro do 2009

Confirmouno o reitor no Consello de Goberno no que se desestimaron os recursos sobre Física

Máis de 2500 estudantes matriculados en primeiro curso en titulacións sen límite de prazas da Universidade de Vigo


Image 2559 son, a día hoxe, os estudantes de primeiro curso matriculados por primeira vez nas titulacións sen límite de prazas da Universidade Vigo, unha cifra que segundo confirmou hoxe o reitor Alberto Gago no seu informe ao Consello de Goberno, supón un 3% de incremento respecto do curso anterior. En canto á matrícula rexistrada nos mestrados elévase a 1318, mentres que o número de preinscritos no Mestrado para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, o antigo CAP, é de 550.
Na sesión celebrada hoxe aprobouse por asentimento rexeitar cadanseu recurso presentado polos profesores Humberto Michinel, Claudio Cerdeiriña, Diego González e Daniele Tomasini, contra acordos adoptados pola Xunta de Centro da Facultade de Ciencias de Ourense en relación coa transformación da licenciatura de Física.
Venres, 18 de setembro do 2009

O salón de actos da EU de Enxeñaría Técnica Forestal acolleu o acto institucional

A demanda de máis educación e investigación marca o inicio do curso 2009-2010 na Universidade de Vigo

A catedrática de Parasitoloxía Cristina Arias ofreceu a lección inaugural


ImageA reivindicación dunha firme aposta pola educación e a I+D centrou o discurso co que o reitor Alberto Gago inaugurou o inicio do curso 2009-2010 na Universidade de Vigo, relegando a un segundo plano o proceso de adaptación ao EEES. Nun acto que comezou coa intervención da secretaria xeral na que Esther González debullou os feitos máis salientables do pasado curso e que continou coa lección inaugural a cargo da catedrática de Parasitoloxía Cristina Arias, o debate do financiamento sitiuose, en boca do reitor, no centro do arranque institucional do curso académico.
Alberto Gago que manifestou, ante un ateigado salón de de actos da EU de Enxeñaría Técnica Forestal, a súa preocupación se finalmente se confirma que o Goberno Galego non ten entre as súas prioridades para o ano 2010 a educación e a I+D, asegurou que “non hai futuro sen cambio de modelo e non haberá cambio de modelo sen máis educación e máis investigación, é dicir, sen universidades máis fortes, máis ambiciosas, máis implicadas e mellor financiadas”.

Alberto Gago reivindica unha firme aposta pola educación e a I+D

A parasitoloxía e a súa importancia sanitaria centran a lección inaugural da catedrática Cristina Arias

A secretaria xeral, Esther González, destacou a consolidación da investigación e da transferencia na Universidade

Boloña, o gran reto do novo curso
Venres, 11 de setembro do 2009

Barja solicita que a universidade se perciba como un investimento e non como un gasto

Reitores e Xunta intercambian demandas e compromisos no acto inaugural do curso

Núñez Feijóo pide responsabilidade e asegura que non escatimará esforzos para impulsar as institucións


A demanda de investimentos que permitan que as universidades sigan avanzando e o compromiso “desde a responsabilidade” de non escatimar esforzos para impulsar as institucións académicas, centraron os discursos que o reitor da Universidade de A Coruña, José María Barja e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo pronunciaron na inauguración do curso académico celebrado no paraninfo da reitoría da institución coruñesa.
No acto que contou coa presenza dos reitores das universidades de Santiago, Senén Barro e de Vigo, Alberto Gago, Barja avogou por que a universidade se perciba “como un investimento e non como un gasto” de xeito que “cando reforzamos a educación e a investigación, investimos e non gastamos”.
Venres, 24 de xullo do 2009

Sesión extraordinaria do Consello de Goberno

Enxeñaría da Enerxía e Ciencias Ambientais, os títulos máis novidosos propostos para o curso 2010/2011

A Universidade incrementou un 4% a matrícula con respecto ás mesmas datas do curso anterior


Image Por 20 votos a favor, dous en contra e unha abstención, os membros do Consello de Goberno, en sesión extraordinaria, aprobaron este venres 12 novas propostas de títulos de grao para a súa implantación no curso 2010/2011. A decisión sobre as novas denominacións adiárase no pasado Consello de Goberno pola controversia xerada trala transformación da licenciatura en Física ao Grao en Ciencias Ambientais.
Unha vez pechada a primeira chamada á matrícula nas titulacións con límite de prazas, os datos amosan un incremento do 4% con respecto ao mesmo período do curso anterior. Os números son especialmente positivos en titulacións como Enxeñaría de Minas, Tradución Interpretación, na rama español-inglés, ou Publicidade e Relacións Públicas, titulacións que teñen xa todas as prazas cubertas para o vindeiro curso.
Mércores, 22 de xullo do 2009

Adíase a decisión relativa aos títulos de grao que van ser implantados no curso 2010-2011

O Consello de Goberno aproba a adscrición da Escola de Negocios Caixanova á Universidade de Vigo


Image Nas horas previas a que se produza a sinatura entre dirixentes da entidade financeira e Alberto Gago, o Consello de Goberno aprobou por unanimidade a adscrición á Universidade de Vigo da Escola de Negocios de Caixanova, onde se vai impartir a partir o Título Universitario en Dirección e Administración de Empresas e o Mestrado en Dirección e Administración de Empresas.
Esta vinculación, madurada ao longo dos últimos meses, realízase ao abeiro da Lei Orgánica de Universidades, que no seu artigo 11 permite ás escolas que ofertan títulos de carácter universitario adscribirse ás propias universidades. Para a súa ratificación, foi preciso adaptar o regulamento de réxime interno da escola ao propio regulamento universitario, así como que o Consello Social da Universidade emitira un informe favorable ratificando a decisión.
Resultados 37 - 42 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós