DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Luns, 18 de maio do 2009

Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo:

"Os sucesivos gobernos entenderon que a adaptación ao EEES era un paseo militar e en procesos tan importantes hai que valorar riscos e comprender a quen ten temor"


Image Coincidindo co terceiro aniversario da súa chegada á Reitoría, Alberto Gago fai balance deste período que cualifica de “duro en xeral”, pero tamén gratificante en investigación e transferencia “que neste período buliu con resultados óptimos”. O reitor que destaca o traballo “ímprobo” desenvolvido en todas as instancias da Universidade para adaptarse ao EEES, tamén critica a falta de apoio por parte dos gobernos, “non tivemos ningún apoio económico, pero o que é peor, non tivemos ningún apoio político”, asegura.
Gago que solicita coherencia ao novo goberno autonómico en relación co grao en Empresariais, alerta sobre o futuro do Plan de Financiamento e afirma que “non se pode reformar o sistema universitario, abrir o mapa de titulacións e multiplicar as patentes a custo cero”. Mantendo unha firme aposta polo agrupamento de grupos de investigación e pola transferencia, o reitor da Universidade de Vigo, lonxe de amosarse preocupado ante a posibilidade de que se reduza o número de matriculados, afirma que se daría “por satisfeito” se esta circunstancia permite facer unha boa implantación dos títulos adaptados ao EEES, traballar en grupos reducidos ou titorizar ao máximo número de estudantes.
Martes, 12 de maio do 2009

De luns a venres ata as 3.00 da mañá e fins de semana de 8.00 a 22.00 horas

Bibliotecas dos tres campus amplían os seus horarios para facilitar ao alumnado a preparación dos exames


Image Sete días á semana permanecerán abertas, ata o vindeiro 19 de xuño, as bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e a de Torrecedeira en Vigo, coa finalidade de atender a demanda que se produce durante a época de exames. Ata as 3.00 da mañá, de luns a venres, as bibliotecas universitarias manterán as súas portas abertas. Un horario que se manterá ata o 19 de xuño. En canto ás fins de semana, tanto sábados como domingos, o alumnado poderá utilizar as instalacións, ata o 14 de xuño, entre as 8.00 da mañá e as 22.00 horas.
Xoves, 16 de abril do 2009

Neste curso 528 alumnos desprazáronse grazas ao programa

A Universidade de Vigo lidera en Galicia a mobilidade de estudantes Erasmus


ImageNo ámbito da mobilidade internacional de estudantes, Vigo está a desenvolver nos últimos anos un crecemento que xa a sitúa como a universidade galega líder neste campo. As cifras das axudas complementarias da Xunta de Galicia para estudantes Erasmus así o reflicten, acadando a institución viguesa 498 das 1231 axudas concedidas, fronte ás 402 da Universidade de Santiago de Compostela e 331 da Universidade da Coruña.
A taxa de éxito da institución viguesa alcanza case o 100%, pois das 500 solicitudes presentadas concedéronse 498. “Estes números son froito da aposta institucional que se ven realizando a través de distintos programas para favorecer a mobilidade e, nesa liña, queremos continuar traballando”, salientaba ao respecto o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area.
Luns, 23 de marzo do 2009

A institución viguesa é a primeira do Sistema Universitario de Galicia

Vigo sitúase entre as quince primeiras universidades españolas do Ranking Web de Universidades do Mundo elaborado polo CSIC

Para o reitor "é un aspecto moi importante na época tecnolóxica na que vivimos e un motivo de satisfacción”


Image O Ranking Web de Universidades do Mundo, elaborado neste inicio de 2009 polo Laboratorio de Cibermetría do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas), sitúa á Universidade de Vigo entre as 15 primeiras institucións académicas españolas, sendo ademais a primeira do Sistema Universitario Galego.
O Ranking Web que mide o volume, a visibilidade e impacto das páxinas web publicadas por máis de 16.000 institucións de educación superior, con un énfase especial na produción científica e tamén tendo en conta outros materiais como os procedentes de cursos, bases de datos e información xeral das institucións, sitúa á Universidade de Vigo no posto 346 do mundo, no 141 en Europa e no 14 en España. Postos que confirman unha mellora na posición da institución respecto do anterior ranking no que ocupaba o posto 452 na relación mundial, o 198 no europeo e o 20 na clasificación nacional.
Xoves, 12 de febreiro do 2009

Trala aprobación do Consello de Goberno quedan pendentes de verificación

A Universidade amplía a súa oferta de mestrados cos de Formación de profesorado, Lingüística galega e Ciencia e tecnoloxía de coloides e interfases

Na sesión aprobouse a normativa sobre custos indirectos dos proxectos europeos no período de transición


Image A oferta de mestrados da Universidade de Vigo increméntase con tres novos títulos que hoxe foron aprobados polo Consello de Goberno en sesión ordinaria. Xunto aos mestrados, ambos de carácter investigador e interuniversitarios, en Lingüística galega e en Ciencia e tecnoloxía de coloides e interfases, a oferta complétase co Mestrado universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, FP e ensinanza de idiomas, “necesario para poder opositar e para poder exercer a profesión regulada de profesor de secundaria obrigatoria, bacharelato, FP e ensinanza de idiomas”, sinalou a vicerreitora de Titulacións Converxencia Europea.
Carmen García Mateo explicou que é a Consellería de Educación a que “dada a nova estrutura que teñen os estudos, cun practicum máis longo, fixo un estudo de necesidades de plantilla cunha porcentaxe a maiores e fixou un número de prazas para cada universidade galega, que son un mínimo de 200”.
Luns, 26 de xaneiro do 2009

Aprobado pola maioría do Consello de Goberno e rexeitado pola Xunta de persoal

A Universidade de Vigo avanza na súa modernización co Plan Operativo de Xestión

Luz verde aos criterios de promoción ao corpo de catedráticos


Image Como “un proxecto ambicioso que quere posicionar á Universidade para responder aos retos que ten por diante” definiu a xerente da Universidade de Vigo, Ana Fernández Pulpeiro, o Plan Operativo de Xestión que hoxe foi aprobado polo Consello de Goberno. O Plan que contou con 24 votos a favor, 11 abstencións e 2 votos en contra, define oito obxectivos estratéxicos entre os que destacan a consecución dunha xestión baseada nun modelo de excelencia; a optimización e mellora dos procesos internos de xestión académica, extensión e de I+D+i; a intensificación na aplicación das TIC para avanzar cara á plena implantación da universidade dixital e o establecemento dunha política integral de persoal. Fernández Pulpeiro destacou que “tras un longo e difícil proceso de elaboración, a implantación é o verdadeiramente importante”.
Resultados 49 - 54 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós