DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Mércores, 21 de xaneiro do 2009

O Salón de Graos da facultade levará o seu nome a partir de agora

Emocionada homenaxe ao catedrático Xan Bouzada coa entrega á súa familia da insignia de ouro da Universidade

No acto proxectouse unha entrevista inédita do sociólogo falecido hai un ano


Image “Xan Bouzada foi un dos catedráticos máis brillantes da Universidade de Vigo, un referente institucional e unha voz respectada que lle fai falta a unha Universidade tan nova como a nosa”. Con estas palabras o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, fixo entrega á viúva e ás fillas do profesor da insignia de ouro da Universidade, como recoñecemento ao seu labor. Foi un dos moitos xestos que se sucederon na homenaxe “in memoriam” celebrada este mércores na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Amigos e colegas en diferentes proxectos como o seu compañeiro de departamento, Xesús Lage Picos; o director de Tempos Novos e profesor da USC, Luís Álvarez Pousa, ou o sociolingüísta Henrique Monteagudo, estiveron presentes no acto. Ademais o decano da facultade, Alberto Pena, anunciou a concesión da insignia de ouro da institución á súa familia porque “con él a facultade era mellor” e descubriuse unha placa que rebautiza o Salón de Graos como “Aula Solemne Xan Bouzada”.
Luns, 22 de decembro do 2008

O Consejo de Universidades recibirá para a súa verificación un total de 68 plans das tres universidades galegas

24 plans de estudos de títulos de grao adaptados ao EEES da Universidade de Vigo inician a súa tramitación


Un total de 68 plan de estudos de títulos de grao adaptados ao Espazo EES, entre os que figuran 24 presentados pola Universidade de Vigo, inician a súa tramitación para seren implantados no vindeiro curso 2009-2010, segundo informou a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón ao Consello Galego de Universidades.
Os 24 títulos de grao aprobados polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo serán enviados ao Consejo de Universidades para a súa verificación.
Xoves, 18 de decembro do 2008

O Consello de Goberno aprobou por maioría o orzamento que supera un 4,6% o do 2008

A Universidade de Vigo acada os 182 millóns de euros de volume de recursos para o exercicio 2009

Ante a situación de crise mundial, a vicerreitora de Economía demanda prudencia


Image Cun incremento do 4,6% sobre os ingresos consignados en 2008, o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2009 supón un volume de recursos de 182.217.836 euros. “Continuamos nunha situación financeira estable e saneada”, asegurou a vicerreitora de Economía, María Montero, na súa exposición ante o Consello de Goberno ao que tamén advertiu que “as universidades non somos alleas ás consecuencias da crise económico-financeira internacional, froito do furo da burbulla inmobiliaria”. Do volume de recursos de 182 millóns que o Consello de Goberno aprobou hoxe por maioría e con 3 votos en contra dos representantes de Nova Universidade, 121 millóns (o 67% do total) proceden da Xunta de Galicia; 18,6 de financiamento externo por competencia; 15,8 de prezos e taxas e 26,5 de outros ingresos.
Martes, 16 de decembro do 2008

Así o expuso o reitor no seu informe anual ante o Claustro

A Universidade de Vigo pecha un ano “excelente” en termos de investigación

Con 22.800 estudantes matriculados no curso 2008-2009


Image“2008 pode definirse como un ano excelente para a Universidade de Vigo en termos de investigación”, asegurou o reitor no seu informe anual ante o Claustro. Unha afirmación que xustificou cos 10 millóns de euros acadados en contratos e proxectos e os 12 en financiamento competitivo estatal e europeo, así como polos resultados das convocatorias concorrentes e dos grupos consolidados e de referencia. O reitor incluso personalizou o éxito en algunhas mencións acadadas por investigadores da Universidade como o Premio William Kapp á investigación na innovación concedido a Xosé Henrique Vázquez; o Premio Galicia Investigación Científico-Técnica na categoría mozo a Miguel A. Correa e Roberto López; a selección na convocatoria Starting Grants do programa IDEAS do Consello Europeo de Investigación de David Posada ou o proxecto seleccionado pola Axencia Espacial Europea para a construción e posta en órbita dun picosatélite de Fernando Aguado.
Venres, 12 de decembro do 2008

O vicerreitor Iván Area será o representante das universidades galegas na Comisión Permanente

A constitución do Observatorio Galego da Infancia daralle voz a nenos e adolescentes

Este órgano actuará como unha ferramenta de permanente contacto coa realidade social


ImageO Observatorio Galego da Infancia, constituído este venres en Santiago, servirá para darlle voz a nenos e adolescentes a afondará na construción dunha nova cultura da infancia. Creado como un órgano colexiado de participación, investigación, asesoramento, análise, estudo e proposta en políticas de atención á infancia, o observatorio terá representación tanto da administración autonómica, como da local, de asociacións e ONGs e do eido da educación. Neste sentido, a Universidade de Vigo contará co vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, como representante das universidades galegas na Comisión Permanente.
Resultados 55 - 60 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós