DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Luns, 28 de novembro do 2011

Reuniranse este martes na Casa das Campás

O Consello Social celebra o seu primeiro pleno con Ernesto Pedrosa como presidente

Un dos principais puntos da orde do día será a concesión de máis axudas a prácticas de alumnos


ImageA Casa das Campás acolle este martes o primeiro pleno do Consello Social da Universidade de Vigo presidido por Ernesto Pedrosa, cargo que asume dende o pasado 23 de setembro en substitución de Emilio Atrio. Entre unha extensa orde do día, destaca en primeiro termo a proposta do novo presidente de incrementar a dotación para prácticas do alumnado da Universidade, así como a asignación de axudas a distintas iniciativas, con un importe total próximo aos 50.000 euros, prestando especial atención ás titulacións con dificultades para as prácticas preprofesionais, para as que se convocará un novo plan de axudas.
Luns, 14 de novembro do 2011

O Consello de Goberno aproba as únicas medidas independentes da produción científica en España

Unha universidade pioneira en dispor de criterios propios para avaliar a produción de transferencia

Luz verde aos criterios de promoción ao corpo de catedráticos e aos de cómputo de carga docente básica nos graos


Image A Universidade de Vigo é desde hoxe a primeira de España en dispor de criterios de seu para avaliar a transferencia de coñecemento. Estes criterios aplicables aos méritos correspondentes aos anos 2009 e 2010, permitirán unha avaliación da transferencia independente da produción científica, o que os converte nos primeiros do seu xénero no panorama universitario español. “Ata o de agora unicamente se valoraban moi poucos indicadores, en realidade so as patentes”, explica o vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán, “esquecendo outros tan importantes como a facturación externa que pon de manifesto a transferencia que fai á sociedade”. Os criterios que o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, cualificou como “un primeiro paso no recoñecemento do traballo do Persoal Docente e Investigador (PDI)”, foron aprobados por asentimento na sesión ordinaria de Consello de Goberno celebrada este luns.
Luns, 07 de novembro do 2011

No curso 2011-2012 matriculáronse 3619 estudantes, un 3,2% máis que 2010-2011

91% de prazas cubertas no primeiro curso dos 52 graos ofertados pola Universidade de Vigo

A matrícula en todas as titulacións ascende a 22.744 estudantes, un 2% máis que o curso pasado


Image3619 estudantes matriculáronse, segundo datos da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), no primeiro curso de cada un dos 52 títulos de grao ofertados este curso 2011-2012 pola Universidade de Vigo nos seus tres campus, un número que se traduce nun 91,4% de prazas cubertas do total das 3824 ofertadas. Respecto do curso pasado rexistrouse un incremento dun 3,2%, e así fronte aos 3503 matriculados en 2010-2011, neste curso acadáronse os 3619. “Bordeamos o punto de equilibrio entre oferta e demanda”, asegurou o reitor Salustiano Mato que lembrou o efecto que a adaptación a Boloña está a producir na evolución das matriculacións ao adoptarse un sistema con grupos máis pequenos que fará que “nos próximos anos o datos evolucionen á baixa a prol dunha maior eficiencia”.
Xoves, 22 de setembro do 2011

O avogado pontevedrés sucerá no cargo a Emilio Atrio

Ernesto Pedrosa Silva presidirá desde este venres o Consello Social da Universidade de Vigo


ImageO avogado pontevedrés Ernesto Pedrosa Silva presidirá deste este venres o Consello Social da Universidade de Vigo despois que hoxe o Diario Oficial de Galicia fixese oficial o seu nomeamento.Tras oito anos no Consello, Pedrosa, sucerá no cargo a Emilio Atrio Abad que o pasado 28 de xuño agotaba o mandato máximo de oito anos á fronte do organismo universitario.
Vicepresidente do Consello Social desde 2004, Ernesto Silva entrou en 2009 a formar parte do Comité Executivo da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Públicas Españolas.
Luns, 29 de agosto do 2011

Informando tamén en vacacións


Image
Luns, 31 de xaneiro do 2011

O economista de orixe galego Jorge Martínez Vázquez foi investido Doutor Honoris Causa

A Universidade celebra San Tomé exaltando a excelencia e a aposta pola internacionalización

Na cerimonia premiáronse "a valía e esforzo" dos mellores expedientes e teses de doutoramento


ImagePremiar aos mellores alumnos e alumnas, abrirlles a porta aos novos doutores e acoller un novo Doutor Honoris Causa foron os tres piares da conmemoración de San Tomé de Aquino, patrón das universidades, unha celebración que se viviu este luns na Universidade de Vigo con continúas referencias á excelencia investigadora e a firme aposta da institución pola internacionalización. Ambos aspectos se personalizaron no economista de orixe galego Jorge Martínez Vázquez, investido hoxe Doutor Honoris Causa, así como no alumnado que recibiu os Premios Fin de Carreira e nos investigadores e investigadoras que recolleron os Premios Extraordinarios de Doutoramento. No acto, o reitor quixo destacar a necesidade de seguir gañando “recoñecemento e prestixio” como principais desafíos nos que a Universidade debe pór a súa mirada.

- Jorge Martínez Vázquez: "O pecado orixinal da Constitución española é o réxime foral"

- Salustiano Mato: “O futuro brilla para esta Universidade a pesares dun presente que nos obriga a realizar sacrificios”

- Aplausos e recoñecementos para os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Doutoramento

Resultados 7 - 12 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós