DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Venres, 05 de outubro do 2007

A historia do presente, a historia herdada

A lección inaugural, impartida por J. de Juana, versou sobre o concepto de galeguidade


Image A historia, como responsable principal da formación da identidade dos pobos, é polo tanto a base sobre a que asenta o sentimento de galeguidade. Sobre esta relación e os procesos sociais e culturais que fan xurdir as identidades xirou a lección inaugural do curso 2007-2008 impartida polo catedrático de Historia Contemporánea, Jesús de Juana.
Venres, 05 de outubro do 2007

A Universidade consolida a súa capacidade competitiva en investigación

A secretaria xeral fixo repaso das actividades e feitos máis salientables do curso pasado


ImageO curso pasado a Universidade consolidou a súa capacidade competitiva en investigación e as súas actuacións de transferencia. Participou en proxectos europeos e internacionais por importe de 1.233.958,29 euros e as actividades de I+D contratadas supuxeron máis de seis millóns de euros. Estes foron algúns dos datos aportados pola secretaria xeral da Universidade, Esther González Pillado, na lectura da Memoria do curso académico 2006-2007.
Mércores, 03 de outubro do 2007

O plan SuMa presentado ao Consello de Goberno

Timothy Kehoe, novo Honoris Causa

Image O compromiso da Universidade de Vigo co desenvolvemento sostible, a eficiencia dos recursos e o respecto ao medio natural, tradúcese nunha serie de accións e iniciativas que conforman o Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente na Uvigo, SuMA, que hoxe foi presentado polo vicerreitor de planificación, José Cidrás, aos membros do Consello de Goberno.
O plan que podería ser aprobado a finais de ano, estrutúrase a través de sete programas relativos a enerxía, residuos, contorno natural, patrimonio, colaboración coa sociedade e fomento dunha sensibilización ambiental. Novas iniciativas ás que se engaden outras accións que a universidade está a desenvolver actualmente como o programa de innovación enerxética ou iniciativas da Oficina de Medio Ambiente sobre recollida, reciclaxe e tratamento de residuos.
Luns, 01 de outubro do 2007

A preinscripción pode realizarse a través da plataforma Bubela

Último prazo de preinscripción e matrícula para POP,s con prazas vacantes


Image Do 1 ao 4 de outubro permanecerá aberto o derradeiro prazo de preinscripción nun total de once Programas Oficiais de Posgraos nos que quedan prazas vacantes.
Os POP,s nos que aínda é posible realizar a preinscripción e posterior matrícula son os seguintes: Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, Fotónica e Tecnolxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Xestión e Dirección Laboral, Química Teórica e Modelización Computacional, Ciencia e Tecnoloxía Química, Física Aplicada, Neurociencia, Dirección e Planificación do Turismo e Enxeñaría Matemática.
A oferta de Programas Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo complétase cara ao vindeiro curso cos POP,s en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente e Enerxía e Sustentabilidade, nos que as prazas ofertadas xa están totalmente cubertas.

 

Martes, 25 de setembro do 2007

O Reitor, Alberto Gago, explicou as novidades do ano académico

21.500 alumnos inician o curso nos tres campus


ImageA Universidade de Vigo iniciará este curso, en tres ou catro titulacións, os cambios necesarios cara á adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior. O proceso, segundo confirmou hoxe Alberto Gago, iniciarase por titulacións que pola súa exclusividade non interfiran na oferta xeral do Sistema Universitario Galego e comezará no momento que determine a Consellería de Educación que proximamente convocará unha comisión para falar deste asunto.
O Reitor lembrou que a lei marca o curso 2010/2011 como o da fin das matriculacións no sistema actual, polo que chegada esa data a reforma das titulacións ten que estar feita.
Sobre os títulos de máster, Gago, avanzou que para este curso a Universidade de Vigo ten 20 propostas ás que resulta inviable dar saída na súa totalidade polo seu elevado número.

Martes, 25 de setembro do 2007

O curso comeza con importantes novidades no eido das infraestruturas


ImageO ano académico iníciase con importantes novidades nas infraestruturas da institución. No campus de Vigo está previsto o remate das obras do Módulo Tecnolóxico Industrial de CITEXVI, así como a resolución do concurso do proxecto de Vías Elevadas. Antes do remate do primeiro cuadrimestre será inaugurado o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, centrado na investigación agroalimentaria. En Pontevedra, o edificio de Ciencias da Educación e do Deporte entrará na terceira fase coas obras do módulo de departamentos e laboratorios e os vestiarios.
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 Seg. > Remate >>
Resultados 91 - 96 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós