DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 22 de xuño do 2017

O catedrático Luis Romaní recibiu unha homenaxe este xoves no campus

Un recoñecemento a 47 anos dedicados á física e á universidade

Co gallo da súa xubilación e nomeamento como profesor emérito da Universidade de Vigo


ImageComo un recoñecemento á súa traxectoria académica e investigadora pero tamén á súa calidade humana. Con estas dúas premisas, membros da comunidade universitaria pero tamén amigos e discípulos de Luis Romaní, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo, reuníronse este xoves no Edificio de Ferro para renderlle homenaxe ante a súa inminente xubilación e sobre todo ante a aprobación no Consello de Goberno do pasado luns do seu nomeamento como profesor emérito. 47 anos despois de iniciar a súa actividade docente e 44 anos despois da súa chegada a Ourense, Romaní recibiu o recoñecemento por unha vida dedicada á Universidade e á física.
Luns, 12 de xuño do 2017

O vindeiro curso impartirase por cuarto ano a modalidade semipresencial de Xeografía e Historia

Unha oportunidade de 'facer historia' sen saír da casa

Permite realizar estes estudos a distancia e a tempo parcial


ImageA Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece dende o curso 2014/2015 o Grao en Xeografía e Historia non só na súa modalidade presencial senón tamén na semipresencial. Esta opción naceu coa idea de atender a demanda daquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos en Historia, Arte e Xeografía e que, por diferentes motivos, non podían cumprir o requisito de asistir ás aulas. Para todos aqueles e aquelas que nestas datas buscan opcións para estudar o vindeiro curso académico, o centro vén de lanzar unha nova campaña para captar a aqueles e aquelas chamados a "facer historia”.
Martes, 06 de xuño do 2017

O sábado 10 de xuño celebrarase un roteiro promocional desta nova oferta académica

O programa conxunto de Turismo e Xeografía e Historia bota a andar

Dez alumnos poderán o vindeiro curso comezar a estudar simultaneamente os dous graos


ImageO vindeiro curso académico 2017/2018 impartirase por primeira vez no campus de Ourense un programa conxunto dos graos de Turismo e de Xeografía e Historia, que permitirá a dez estudantes obter as dúas titulacións en cinco anos e medio. Co obxectivo de visibilizar ante a sociedade esta nova oferta académica e sobre todo a súa potencialidade, complementariedade e relevancia, os dous centros implicados nesta iniciativa, as facultades de Historia e a de Ciencias Empresariais e Turismo, organizarán o vindeiro sábado, 10 de xuño, un roteiro aberto á cidadanía no que o turismo, a xeografía e a historia camiñarán da man.
Xoves, 18 de maio do 2017

O catedrático emérito de Dereito Romano suma un novo recoñecemento á súa traxectoria

Luis Rodríguez Ennes, distinguido coa medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude

A gala de entrega celebrarase en Oviedo o día 3 de xuño


ImageDesde que o pasado ano Luis Rodríguez Ennes cumpriu 70 anos e se converteu en catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo os recoñecementos á súa traxectoria profesional sucédense. Cando aínda está recente na memoria a súa investidura o pasado 27 de abril como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue, en Arxentina, o docente vén de recibir unha nova distinción, a medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude, que recibirá na gala de entrega que terá lugar o día 3 de xuño no Hotel da Reconquista, en Asturias.
Mércores, 10 de maio do 2017

Nunha misión a Israel organizada pola Deputación Provincial de Ourense

O campus estreita lazos coa Universidade de Tel Aviv

Virxilio Rodríguez e Manuel Baltar reuníronse co vicepresidente da institución académica


ImagePromover alianzas comerciais e de transferencia tecnolóxica con empresas e universidades de Israel co obxectivo de establecer liñas de investigación entre o campus de Ourense e a Universidade de Tel Aviv e abrir novas oportunidades de negocio para empresas ourensás dos ámbitos tecnolóxico, agroalimentario, turístico e industrial, entre outros sectores. Con esta finalidade, unha misión institucional, académica e empresarial organizada pola Deputación Provincial de Ourense e da que forma parte Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, está esta semana en Israel.
Venres, 28 de abril do 2017

O acto de investidura tivo lugar este xoves en Arxentina

Luis Rodríguez Ennes recibe o título de doutor honoris causa na Universidad Nacional del Comahue

O catedrático emérito ofreceu unha lección maxistral sobre a visión da xustiza na obra de Cervantes


ImageComo “o broche dourado dun ciclo vital”. Así viviu este xoves en Arxentina Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito da Universidade de Vigo, a súa investidura como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue. O docente salientou como recibir esta distinión na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais desta institución académica, “donde tantas veces teño sido visitante e donde me atopo como na miña propia casa”, constitúe “o máis memorable evento público da miña larga traxectoria vital”. No acto de investidura Ennes ofreceu unha lección maxistral na que falou sobre a visión da xustiza no escritor Miguel de Cervantes.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 428

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós