DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 10 de maio do 2016

Durante seis meses estarán realizando tarefas de apoio en varias conserxerías do campus

Dúas persoas beneficiaranse este ano do programa de integración laboral que se realizará con Down Ourense

O obxectivo da iniciativa é contribuír á inserción e á autonomía do colectivo con diversidade funcional


ImageAs persoas con discapacidade constitúen un sector da poboación que precisa de garantías suplementarias para vivir con plenitude de dereitos e para participar en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns na vida económica, social e cultural do país. As desvantaxes que padecen teñen a súa orixe nas súas dificultades persoais pero tamén e sobre todo nos obstáculos e condicións limitativas que atopan na sociedade. Atendendo a esta realidade, a Universidade de Vigo e Down Ourense veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de integración laboral de persoas con discapacidade.
Venres, 06 de maio do 2016

Unhas xornadas afondaron este venres nas propostas presentadas ao concurso de ideas para o seu deseño

Un edificio “icónico” que dará cimentos ao Campus da Auga

O proxecto gañador de Oikos Estudio comezará a construírse nos vindeiros meses


ImageNos vindeiros meses comezará a construírse en terreos do campus de Ourense o edificio do Campus da Auga. Con el, o proxecto de especialización do campus de Ourense dará un salto cualitativo no seu desenvolvemento, agrupando e visibilizando nun espazo concreto o obxectivo de converterse nun campus líder en temáticas da auga, aproveitando o potencial natural do territorio no que se incardina e a experiencia neste ámbito do persoal investigador. Este venres, o campus de Ourense acolleu a presentación en detalle de proxectos finalistas e o proxecto gañador do concurso de ideas para o deseño deste edificio realizado pola Universidade de Vigo.
Venres, 06 de maio do 2016

O reitor informou hoxe en Ourense dos avances nos proxectos de especialización dos campus

O Claustro reelixe a Argimiro Rojo como Defensor Universitario

Aprobouse emitir un informe favorable ao cambio de nome da ETSE de Minas


Image Por segundo curso académico consecutivo e por segunda vez na súa historia, o campus de Ourense acolleu este venres unha sesión ordinaria do Claustro da Universidade de Vigo, na que Argimiro Rojo foi elixido por catro anos máis Defensor Universitario. Os membros do Claustro tamén aprobaron na primeira sesión do ano emitir un informe favorable ao cambio de denominación da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas por Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. O reitor Salustiano Mato, iniciou a sesión dando conta no seu informe aos e ás representantes da comunidade universitaria de temas como os últimos avances nos proxectos de especialización Campus da Auga e CREA S2i.
Mércores, 04 de maio do 2016

A súa candidatura foi a única presentada ás eleccións para renovar a dirección do centro

Francisco Javier Rodríguez releva a Ana Garriga á fronte da Escola Superior de Enxeñaría Informática

Entre os retos do novo equipo están potenciar a excelencia académica


ImageO docente Francisco Javier Rodríguez foi elixido este mércores novo director da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense, en substitución de Ana Garriga. A súa candidatura, a única presentada, recibiu 31 votos a favor e dous en branco dos membros da Xunta de Centro. Despois de nove anos como subdirector desta escola, Rodríguez pasa a asumir a súa dirección marcándose, entre outros retos, potenciar a excelencia académica e converter á ESEI no referente en Enxeñaría Informática de Galicia.
Venres, 29 de abril do 2016

No marco da itinerancia da mostra por diferentes concellos da provincia

A exposición '25 anos máis' achega a Universidade a Xinzo de Limia

Durante dúas semanas os veciños e veciñas da comarca poderán achegarse a vela na Praza Carlos Casares


ImageA exposición 25 anos máis, organizada pola Universidade de Vigo co gallo do seu 25 aniversario, continúa en Xinzo de Limia o seu periplo por diferentes concellos da provincia de Ourense despois de estar, ademais de na cidade das Burgas, en Ribadavia, A Rúa e Verín. O obxectivo da itinerancia destra mostra é recoñecer o destacado papel que teñen os pequenos e medianos concellos ourensáns, como o de Xinzo de Limia, no pasado, presente e futuro do campus de Ourense, xa que deles procede boa parte do seu alumnado. A exposición prolongarase durante dúas semanas. 
Xoves, 28 de abril do 2016

A docente Lorena Otero participa este xoves nos actos do día internacional das rapazas neste eido

As TIC tamén son cousa de mulleres

O obxectivo desta iniciativa é motivar ás novas xeracións a rachar as diferenzas de xénero no sector da tecnoloxía


ImageEste xoves celébrase o Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha iniciativa da UIT, organismo das Nacións Unidas para as Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O seu obxectivo é motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC no seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Con este motivo, o Cesga, o Centro de Supercomputación de Galicia, organizou, entre outras actividades, un coloquio no que destacadas profesionais do eido tecnolóxico explicaron a escolares o que lles pode ofrecer o mundo TIC de cara ao seu futuro. Entre as participantes estivo Lorena Otero, docente e investigadora do campus de Ourense.
Resultados 37 - 42 de 417

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós