DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 07 de xullo do 2016

As principas liñas de interese foron os sectores aeroespacial, automotriz e agrotecnolóxico

Empresas TIC de México e Galicia exploraron no campus novas oportunidades de negocio

O encontro contou coa participación de arredor dunha trintena de persoas de ambos países


ImageA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu este xoves un encontro de empresas tecnolóxicas de México con empresas e grupos de investigación deste sector en Galicia. A iniciativa, organizada por INEO, tivo como obxectivo explorar novas oportunidades de negocio bilateriais. O maior interese das entidades mexicanas participantes centrouse nos sectores aeroespacial, automotriz e agrotecnolóxico, tendo en conta as características e potencialidades dos territorios representados no encontro.
Xoves, 07 de xullo do 2016

Representantes da Universidade de Vigo e Expourense asinaron este xoves un convenio de colaboración

O Campus da Auga presentará en Termatalia México os seus primeiros produtos académicos e científicos

A cita será do 29 de setembro ao 1 de outubro en Arteaga


ImageO pasado mes de setembro o Campus da Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, arrancou a súa programación de actividades científicas celebrando o I Congreso Internacional del Agua-I Simposio Termalismo Calidade de Vida e fíxoo no marco da celebración de Termatalia 2015 en Expourense, aproveitando a confluencia de intereses entre as institucións promotoras de ambas iniciativas e do posible público interesado. Co obxectivo de dar continuidade a esta sinerxía, este xoves os representantes da Universidade de Vigo e da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) asinaron un convenio de colaboración.
Martes, 05 de xullo do 2016

Técnicas de estudo e de planificación e orientación académica son algúns dos temas máis tratados

O Gabinete Psicopedagóxico atendeu este curso máis de 900 consultas

Medra a demanda do alumnado de procesos de “coaching” en vez da tradicional atención psicolóxica


ImageCo alumnado xa de vacacións, é momento para os diferentes servizos do campus de Ourense de facer balance da actividade desenvolvida ao longo do curso académico 2015/2016. No caso do seu Gabinete Psicopedagóxico o balance que realizan as súas responsables, Isabel Ferreiro e Concepción Cochón, “é moi positivo”. As cifras apuntan a que atenderon máis de 900 consultas de membros da comunidade universitaria e que realizaron sete accións formativas das que se beneficiaron 330 estudantes. Alén destes datos, as psicopedagogas salientan a satisfacción de ver como o seu servizo “é cada día máis coñecido e máis demandado”.
Venres, 01 de xullo do 2016

Nunha rolda de prensa celebrada este venres no campus de Ourense

A Xunta de Persoal amosa o seu rexeitamento á proposta de RPT do PAS-Funcionario

Piden a reapertura das negociacións para chegar un acordo


ImageA Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos da Universidade de Vigo ofreceu este venres unha rolda de prensa no campus de Ourense para amosar o seu rexeitamento á proposta de Relación de Postos de Traballo do PAS-Funcionario realizada pola Xerencia. O órgano de representación sindical dos funcionarios e funcionarias dos tres campus considera que esta RPT supón un prexuízo para o persoal e para a xestión dos servizos no campus de Ourense e pide a apertura de novas negociacións para chegar a un acordo de consenso.
Venres, 01 de xullo do 2016

A gala de entrega celebrouse este xoves no Castelo de Soutomaior

Xosé Manuel Cid recolleu o Premio Lois Peña Novo chamando a dar continuidade ao legado galeguista

O docente de Ciencias da Educación quixo compartir este galardón con todas as entidades coas que colabora


ImageEste xoves o Castelo de Soutomaior acolleu a entrega da XXII edición dos Premios Lois Peña Novo, outorgado pola fundación do mesmo nome e destinados a promover a lingua galega. Os galardoados nesta ocasión foron Xosé Manuel Cid, docente da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense; Francisco Díaz-Fierros, catedrático en Edafoloxía e Química da Universidade de Santiago de Compostela, e o Concello de Brión. “O meu nomeamento é compartido con moitas persoas e colectivos cos que colaborei e colaboro, persoas cos pes, o pensamento e o corazón afincados neste país”, destacou Xosé Manuel Cid durante o seu discurso.
Xoves, 30 de xuño do 2016

O Consello de Campus deu o seu apoio este xoves á memoria definitiva da proposta

134 investigadores de Galicia e Norte de Portugal avalan o programa de doutoramento do Campus da Auga

O título conta coa colaboración multidisciplinar de todas as escolas e facultades ourensás


ImageTras conseguir a posta en marcha no curso 2016/2017 do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, o campus de Ourense afronta o reto de acadar a implantación dun novo título para o curso 2017/2018, o Programa de Doutoramento Auga, Sostenibilidade e Desenvolvemento. Este xoves o Consello de Campus deu o seu apoio á memoria definitiva destes estudos, que se enmarcan dentro do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. 134 investigadores da Universidade de Vigo, do Instituto Politécnico do Porto e da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro avalan esta proposta.
Resultados 43 - 48 de 435

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós