DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Venres, 05 de outubro do 2007

O acto celebrouse no Politécnico de Ourense

A transferencia de coñecemento e a reforma dos usos docentes, eixos centrais da inauguración do curso

A lección inaugural de Jesús de Juana versou sobre “Historia e galeguidade”


Image “É moito o que temos por diante, pero tamén é grande a convicción de que podemos conseguilo”. Con estas palabras finalizaba a súa intervención o Reitor, Alberto Gago, no acto de apertura do curso 2007/2008 na Universidade de Vigo, celebrado no salón de actos do Edificio Politécnico de Ourense.
Unha ampla representación da comunidade universitaria, así como responsables políticos e responsables de organismos e entidades económicas e sociais, asistiron ao acto que se iniciou coa lectura do resumo dos feitos máis salientables do curso pasado a cargo da secretaria xeral, Esther González Pillado. O catedrático de Historia Contemporánea, Jesús de Juana López, foi o seguinte en tomar a palabra para pronunciar a lección inaugural titulada “Historia e galeguidade”, na que reflexionou sobre o papel do historiador e a identidade. O Reitor, Alberto Gago, pechou o acto cun discurso centrado nos retos do curso que acabada de comezar, poñendo o acento na transferencia de coñecemento e na docencia.

Esther González: "A Universidade consolidou a súa capacidade competitiva en investigación"
Jesús de Juana: "A historia do presente é unha historia herdada"
Alberto Gago: "Hai que crear coñecemento, pero sobre todo transferilo e aplicalo”
Mércores, 26 de setembro do 2007

A Universidade presentou o primeiro curso de posgrao orientado a formar desempregados

Varios titulados regresan ao Campus para converterse en especialistas en Dependencia

As clases teóricas impartiranse na Facultade de Ciencias da Educación a partir desta semana

ImageCo fin de paliar a escaseza de programas docentes específicos na área de Atención á Dependencia e complementar a formación, especialmente, daqueles titulados que se atopan no paro, esta semana comezará o “Curso de Especialista Universitario en Intervención e Atención a Persoas con Dependencia”. A primeira acción formativa e presencial que se fai en Galicia dende unha Universidade para converter aos desempregados en especialistas.
Martes, 25 de setembro do 2007

Os universitarios gozan do 50% de desconto

Unha nova lanzadeira asegura o transporte continuo ata o campus

Dos autobuses urbanos do Concello de Ourense

ImageA partir de agora aos estudantes do Campus de Ourense resultaralles un pouco máis difícil xustificar as súas tardías á hora de acudir ás clases. A razón, o número 20, nome que recibe a nova lanzadeira disposta polos autobuses urbanos do Concello de Ourense para acudir ao recinto universitario.
Durante todo o curso, todos os alumnos poderán acceder a este percorrido de ida e volta dende o centro da cidade, concretamente, dende o Parque de San Lázaro.
<< Inicio < Ant. 71 72 73 Seg. > Remate >>
Resultados 433 - 435 de 435

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós