DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 29 de marzo do 2016

O campus de Ourense acolleu este martes a celebración do Día Mundial da Auga

Pinga a pinga, construíndo o futuro

Case 400 escolares coñeceron a importancia deste recurso para a sociedade en xeral e para a Universidade en particular


ImageA auga é un elemento esencial para a vida. Só por iso xa ten máis que gañado o feito de que cada ano se lle dedique un Día Mundial da Auga. No caso da Universidade de Vigo este compromiso vese acentuado pois conta, atendendo ás características da contorna onde se insire, con dous proxectos de especialización relacionados con este recurso, como son o Campus da Auga e o Campus do Mar. Este martes, o campus de Ourense, o Campus da Auga, acolleu o acto central de celebración na institución académica do Día Mundial da Auga reunindo a case 400 escolares que por unhas horas tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como este elemento é fundamental na construción do futuro e como nesa construción se traballa desde o eido académico, a través da investigación e da formación. “A auga é fonte de solucións de moitos problemas e fonte de futuro para todos”, subliñou o reitor Salustiano Mato.
Mércores, 16 de marzo do 2016

O Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde celebrou este mércores dez anos

Unha década forxando talento para o sector turístico

Durante o acto rendéuselle homenaxe a Luís Rodríguez Míguez


Image“Dez anos pasan rápido pero dan para moito”. Con estas palabras resumía un emocionado José Antonio Fraiz a década de existencia que este mércores conmemorou o mestrado en Turismo da Universidade de Vigo que dirixe, e que actualmente leva o nome de Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde. Ao longo de todo un día de actividade que culminou pola tarde, institucións, empresas, titulados, doutores e axentes do sector achegáronse á Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo para recoñecer o traballo realizado por estes estudos na formación de talento e coñecemento para un sector estratéxico para Galicia como é o turismo.
Martes, 08 de marzo do 2016

O campus de Ourense acolleu o acto institucional da Universidade co gallo do Día Internacional da Muller

Para quebrar o modelo patriarcal, educación e feminismo desde as aulas

A asociación universitaria AUCE recibiu o Premio Uviguala 2016


Image“Polo seu activismo e compromiso coa igualdade e o seu traballo dirixido a entender que un mundo mellor só se pode acadar cando as mulleres dispoñan das mesmas oportunidades que os homes”. Estes son os valores que fixeron á Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, do campus de Ourense, merecedora do IV Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo Uviguala 2016. O galardón foi entregado este martes, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, nun acto no que alumnado universitario e responsables académicos recalcaron a necesidade de apostar pola educación e polo feminismo para quebrar o modelo patriarcal imperante. “Temos que ter claro a involución que se está dando no eido da igualdade, para non conformarnos cos avances en lexislación e centrarnos na educación” para mudar a situación, subliñou Salustiano Mato.
Mércores, 02 de marzo do 2016

O campus acolleu este mércores a primeira reunión para o deseño dun proxecto con este obxectivo

Dando os primeiros pasos para crear un roteiro entre Galicia e o Norte de Portugal

A iniciativa ponse en marcha para presentarse á convocatoria INTERREG POCTEP


ImageCrear un roteiro para camiñantes e ciclistas entre Galicia e Norte de Portugal que permita valorizar o patrimonio turístico, cultural e natural dos concellos polos que transite. Con este obxectivo as universidades de Vigo e Trás-os-Montes Alto Douro UTAD, a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte de Portugal, a asociación Douro Generation, a Fundación Vicente Risco e varios concellos ourensáns están a deseñar un proxecto que se presentará á convocatoria INTERREG V A España-Portugal POCTEP.
Mércores, 02 de marzo do 2016

O concello ourensán acolle desde este mércores a mostra organizada co gallo desta conmemoración

A Rúa faise un oco no 25 aniversario da Universidade

A iniciativa preténdese que sexa o primeiro paso para unha colaboración máis ampla


ImagePrimeiro foi o Concello de Ourense, logo o de Ribadavia e agora o da Rúa. A exposición 25 anos máis, organizada co gallo da conmemoración do cuarto de século da Universidade de Vigo, foi inaugurada este mércores no concello ourensán no marco do seu percorrido itinerante por diferentes localidades da provincia. Con esta iniciativa, explicou Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, “queremos que os concellos e vilas sintan que a Universidade tamén os ten en conta, igual que eles e elas non teñen en conta a nós”, facendo referencia a como parte do alumnado do campus de Ourense procede dos diferentes concellos da provincia.
Martes, 01 de marzo do 2016

O Consello de Campus deu este martes o seu apoio a estes estudos

O Programa de Doutoramento da Auga comeza a súa tramitación co aval dun centenar de investigadores

O obxectivo é a súa posta en marcha no curso 2017/2018


Image“O primeiro produto académico do Campus da Auga” que amosa “o músculo e potencia do campus de Ourense”. Con estas palabras definiu Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, o proxecto do Programa de Doutoramento da Auga, que coa presentación este martes da expresión de interese pertinente comeza a súa tramitación co obxectivo de implantarse no curso académico 2017/2018. Arredor dun centenar de investigadores de todas as facultades e escolas do campus de Ourense e case unha trintena da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e do Instituto Politécnico do Porto avalan esta proposta que destaca polo seu carácter multidisciplinar e especializado.
Resultados 49 - 54 de 417

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós