DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Xoves, 11 de outubro do 2007

Entrevista ao profesor de Programación de Videoxogos, David Ramos:

"É unha materia que resulta atractiva, sobre todo, a moitos Erasmus"


ImageDende un comecocos, a un xogo de fútbol. Os alumnos da Escola Superior de Enxeñería Informática teñen á súa disposición, durante todo o primeiro cuadrimestre, unha materia de libre elección centrada na programación de videoxogos. Aberta aos estudantes de todos os cursos, o seu profesor afirma que os seus alumnos aprenderán multitude de tarefas, dende como mover obxectos en escena, ata operar con intelixencia artificial.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Nunha visita ao Palacio da Xustiza e ao Colexio de Avogados

Os alumnos de Dereito coñeceron o funcionamento xudicial na cidade das Burgas


ImageA Sala da Audiencia Provincial, os distintos xulgados e unha atractiva Sala de Recoñecemento foron algunhas dependencias que deixaron de resultar descoñecidas para un grupo de estudantes de primeiro de Dereito. Guiados polo vicedecano, Iago Fariñas, preto de trinta alumnos asistiron a unha tarde de visita polas principais instalacións xudiciais de Ourense: o Palacio de Xustiza e o Colexio de Avogados, onde contaron coas intervencións e consellos do xuíz decano, Antonio Piña; o secretario do xulgado social nº3, J.Luis Roig e o director da Escola de Práctica Xurídica, Alejandro Garrido.
Mércores, 03 de outubro do 2007

Entrevista ao coordinador do I Curso de Educación Ambiental, Manuel Vidal

"Hai que actuar porque isto ten data de caducidade como un iogur"

ImageAta o vindeiro 11 de novembro, unha quincena de titulados nas ramas da Educación participarán no I Curso de Formación en Educación Ambiental, organizado pola Universidade co fin de complementar a formación dos desempregados.
No seu transcurso afondarán nunha chea de problemáticas medioambientais e as mellores metodoloxías para concienciar aos distintos colectivos. Ao seu remate poderán incluír no seu currículo a categoría de educador ambiental; o que ,seguramente, lles abrirá novas portas do mercado laboral.
Martes, 02 de outubro do 2007

Inaugurado polo seu coordinador, Humberto Michinel

O POP de Fotónica e Tecnoloxías do Láser formará aos primeiros 24 especialistas

Os alumnos de Ourense accederán en exclusiva a 100 becas para traballar e aprender idiomas no estranxeiro


ImageO director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, ademais de representantes doutras entidades, asistiron á sesión de apertura do posgrao interuniversitario orientado a formar especialistas no eido da fotónica e do láser. Nela, ademais de adiantar os contidos académicos, os asistentes percibiron a perspectiva actual deste mercado que move ao ano 2 billóns de euros, a cuarta parte do mercado mundial do automóbil. Dende operar miopía ata soldar carrozaría, múltiples son os eidos profesionais nos que poderán exercer os 24 alumnos matriculados. Pese a que inda non existe un forte núcleo ao que ter como referencia, en Galicia xa son moitos os que coñecen as vantaxes desta tecnoloxía. Algúns exemplos, invitados e presentes no acto a través dos seus representantes, son o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, CTAG, a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste, AIMEN, ou Radiantis.
Luns, 01 de outubro do 2007

Organizadas pola Asociación Universitaria, Syme

As I Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental poñen punto de saída a un ambicioso proxecto para converter ao Campus de Ourense nun referente ecolóxico

Ao carón doutras actividades e plan deseñados pola Universidade para os tres campus

ImageEstá en boca de todos, o medio natural corre grave perigo. Por sorte, colectivos da sociedade seguen a pular por mudar esta traxectoria fatal. É o caso da asociación medioambiental Syme, que, en forma de información e con conferenciantes de elevado prestixio, levará a cabo a primeira edición dun seminario centrado na relación existente entre natureza e lexislación.
Un esforzo no que conta co apoio incondicional da Vicerreitoría do Campus de Ourense, lista para dar comezo a outras accións e proxectos co fin de preservar os espazos verdes e converterse nun exemplo de utlización de novas enerxías.
Xoves, 27 de setembro do 2007

A través da Campaña de Conducción Eficiente da Axencia da Enerxía de Vigo

Varios universitarios coñeceron as vantaxes da conducción económica

É máis comfortable, diminúe os contaminantes e aforra combustible

ImageOptar polas marchas longas, renegar do punto morto ou facer o cambio antes de chegar á liña vermella, son algunhas das técnicas que impartiu o biólogo, Damián Cuadrado, a un grupo de estudantes co fin de introducilos nunha conducción máis eficiente. E é que está nos nosos pés reducir o 29% das emisións de CO2 que constitúen os medios de transporte. Se todos os usuarios fixeran caso desta campaña, os expertos aseguran que o aforro alcanzado permitiría plantar 48 millóns de árbores e circular gratis a 2,6 millóns automóbiles en España.
Resultados 1081 - 1086 de 1087

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós