DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Venres, 21 de abril do 2017

Os asistentes puideron coñecer a ferramenta GvSIG e a asociación que o potencia

Unhas xornadas afondaron no potencial da xestión da información xeográfica en todo tipo de eidos

A cita tivo lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática


ImageA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus acolleu este venres a Xornada GvSIG. Ourense 2017. A cita tivo como obxectivo presentar a estudantes e profesionais as oportunidades que ofrece a xeotemática para a xestión da información en todo tipo de eidos, desde a hidrografía á xestión de emerxencias. Concretamente, os asistentes, estudantes e enxeñeiros en informática, profesionais da enxeñaría e traballadores públicos encargados de tarefas relacionadas co mantemento e administración de información que teña unha referencia espacial, puideron coñecer a ferramenta GvSIG, software libre para a creación de sistemas de información xeográficos.
Mércores, 19 de abril do 2017

Unhas xornadas afondarán nas posibilidades que ofrecen medios como os videoxogos e a banda deseñada

Búscanse novos formatos para vellas historias

A cita será os días 24, 25 e 26 de abril no campus


ImageUn ano máis, e van cinco, a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense celebrará as Xornadas Cuando Mario Coñeceu a Clío. Continuando a liña de anteriores edicións, a cita intentará “reflexionar sobre como achegar a historia á sociedade a través de medios alternativos aos tradicionais, aproveitando os formatos da cultura contemporánea, como son os videoxogos, a banda deseñada, as películas ou a recreación histórica”. A cita será os días 24, 25 e 26 de abril. “Apostaremos por unhas xornadas cunha temática o máis variada posible, na que se abordará o estudo da historia dende áreas como o cine ou a literatura”, sinalan desde a organización.
Venres, 07 de abril do 2017

O Geaat organizou en Campo Lameiro unha xornada de aprendizaxe con esta metodoloxía

Para aprender arqueoloxía experiencial, 'unha giornata al sole'

Os participantes realizaron actividades imitando técnicas da Prehistoria


ImageBaixo o título Unha giornata al sole, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo Geaat organizou estes venres unha xornada no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro que tivo por obxectivo afondar na arqueoloxía desde un punto de vista experiencial. Deste xeito, alumnado universitario e visitantes do centro tiveron a oportunidade de pórse na pel de habitantes da Prehistoria e intentar elaborar materiais da súa vida cotiá, desde cerámica a gravados en pedra, empregando as técnicas e os recursos dispoñibles nese período histórico.
Venres, 07 de abril do 2017

Este venres clausurouse a quinta edición do curso de Afaor dedicado a esta enfermidade

Unha nova xeira de estudantes preparados para dar unha mellor atención aos pacientes con alzhéimer

Os seus promotores adiantaron o desexo de darlle continuidade á iniciativa o vindeiro ano


ImageO campus de Ourense acolleu este venres a clausura do Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas de Alzhéimer, unha iniciativa da Asociación de Alzhéimer de Ourense (Afaor) realizada co apoio da Fundación Dorzán, a Vicerreitoría do campus e a Facultade de Ciencias da Educación. A vintena de estudantes de Traballo e Educación Social e algún profesional que o realizaron recolleron este venres uns diplomas que corroboran a súa formación especializada nun eido que demanda cada vez máis profesionais capacitados que permitan ofrecer aos pacientes e ás súas familias unha mellor calidade de vida.
Xoves, 06 de abril do 2017

O catedrático Juan Eloy Gelabert analizou a bancarrota de Francia e España entre 1595 e 1610

Unha historia que une as crises financeiras de onte e hoxe

Nun seminario científico debullou as súas similitudes coa actual situación económica


ImageA Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este xoves o seminario Historias de bancarrotas: Francia e España entre 1595 e 1610, organizado pola Área de Historia Moderna da Universidade de Vigo. A sesión foi impartida por Juan Eloy Gelabert, catedrático da Universidade de Cantabria, e permitiu ao alumnado do centro pero tamén a todas as persoas interesadas afondar nas similitudes que unen as crises financeiras do pasado e do presente, tendo en conta o interese que espertan hoxe en día cuestións coma a crise económica.
Martes, 04 de abril do 2017

A Facultade de Dereito acolle o 25 de abril unha xornada centrada neste ordenamento

O novo réxime xurídico do urbanismo en Galicia, a 'xuízo'

Expertos do eido académico e profesional afondarán na Lei do Solo


ImageNa regulación urbanística, a Lei do Solo de Galicia, de 2016, veu a substituír recentemente a anterior Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, de 2002. Co obxectivo de realizar unha análise crítica do novo marco de traballo nun eido de especial preocupación social como é urbanístico, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá o día 25 de abril unha xornada que, baixo o título O novo réxime xurídico do urbanismo en Galicia, contará coa participarán tanto de docentes universitarios como de profesionais vinculados a esta área.
Resultados 19 - 24 de 1087

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós