DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Luns, 03 de abril do 2017

Unhas xornadas afondan nos campus de Ourense e Vigo neste ordenamento xurídico

O dereito deportivo entra no terreo de xogo

Coa participación dunha trintena de expertos do eido académico e profesional


ImageOs días 3, 4, 24 e 26 de abril, as facultades de Dereito do campus de Ourense e a de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollen as II Xornadas sobre Dereito Deportivo. As sesións, nas que participa un amplo panel de arredor de 30 relatores do eido académico e profesional, arrancaron este luns en Ourense salientando a importancia de que no terreo de xogo dun sector cada vez máis grande como é o do deporte exista tanto un ordenamento xurídico que dea resposta aos conflitos que nel se poidan dar como profesionais especializados para resolvelos.
Xoves, 30 de marzo do 2017

O campus acolle este xoves e venres unha xornada sobre o modelo de cidades educadoras

Outra escola é posible

A cita conta coa asistencia de 300 estudantes e profesionais


Image300 estudantes e profesionais do eido educativo e social danse cita este xoves e venres no campus de Ourense nas xornadas A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos, organizadas polo CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación deste campus. O seu obxectivo é, tal e como se recalcou no seu primeiro día de sesións, afondar “na outra escola que é posible” tomando como modelo as cidades educadoras e máis concretamente a experiencia da vila lusa de Óbidos. Alén desta xornada, a Facultade de Ciencias de Educación do campus de Ourense tamén acolleu este xoves a I Xornada de Muller e Discapacidade.
Mércores, 29 de marzo do 2017

Juan Ramón Sanmartín intervén este mércores no Foro Aero

De como un cable pode axudar a eliminar lixo espacial ou a explorar afastados planetas

O catedrático falará do uso da tecnoloxía ‘bare tether’


ImageO pasado mes de outubro, ao pouco tempo de abrir as súas portas, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo puxo en marcha un ciclo que de conferencias que baixo o nome Foro Aero tiña como obxectivo traer ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas. Este mércores é a quenda a Juan Ramón Sanmartín Losada, catedrático emérito da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid, que se achegará a falar ao alumnado do grao de Aeroespacial sobre a aplicación da tecnoloxía de amarras ('tethers') espaciais.
Mércores, 29 de marzo do 2017

Ciencias da Educación acolle este xoves unhas xornadas sobre este tema

Unha chamada de atención sobre a dobre discriminación que sofren as mulleres con diversidade funcional

A cita contará coa participación de persoal das asociacións Cogami e Acadar


Image“A discapacidade é un factor de discriminación e, se a isto lle engadimos a cuestión de xénero, atopámonos nunha situación de dobre discriminación que coloca ás mulleres con discapacidade nunha posición desigual en relación coa poboación en xeral e cos homes con discapacidade en particular”. Con esta premisa de fondo, Discafis Cogami organiza este xoves na Facultade de Ciencias de Educación do campus de Ourense a I Xornada de Muller e Discapacidade. A cita contará coa participación de persoal das asociacións Cogami e Acadar.
Martes, 28 de marzo do 2017

A cita será os días 30 e 31 de marzo no campus de Ourense

Un encontro pedagóxico afondará na educación dende o punto de vista do compromiso co territorio

Dedicarase especial atención á experiencia desenvolvida na cidade lusa de Óbidos


ImageO CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense organizan esta semana un encontro pedagóxico que, baixo o título A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos, reunirá a estudantes e profesionais do sector os días 30 e 31 de marzo nas instalacións universitarias ourensás. A presentación do evento tivo lugar este martes no Pazo Provincial, acto no que participou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Manuel Doval, deputado provincial de Cultura; José María Faílde, director da Área de Planificación do campus de Ourense, e Jesús Fortes, do CIFP Portovello.
Luns, 27 de marzo do 2017

A cita será o 3, 4, 24 e 26 abril nos campus de Ourense e Vigo

As II Xornadas sobre Dereito Deportivo dedicarán especial atención aos dereitos humanos

As sesións contarán coa participación dun amplo panel de relatores do eido académico e profesional


ImageO pasado ano preto de 200 persoas entre docentes, investigadores, deportistas, adestradores, árbitros, xestores e estudantes participaron na primeira edición das Xornadas sobre Dereito Deportivo. Por estes bos resultados de participación e sobre todo “polo interese dos actores que participaron en continuar profundando na temática”, os días 3, 4, 24 e 26 de abril, as facultades de Dereito do campus de Ourense e de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollerán a segunda edición desta xornadas, que nesta ocasión dedicarán especial atención aos dereitos humanos.
Resultados 25 - 30 de 1087

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós