DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Luns, 20 de febreiro do 2017

Alicia Puleo falou este luns no campus sobre os nexos entre os dous movementos

O que o feminismo pode achegar á ecoloxía para crear un mundo mellor

A docente reivindicou unha educación ambiental tamén de carácter emocional


ImageAlicia Puleo, profesora de Filosofía da Universidade de Valladolid que investiga sobre a relación entre feminismo e ética ecolóxica, achegouse este luns ao campus de Ourense para falar de ecofeminismo, eido no que é considerada un referente no ámbito estatal. Durante a súa intervención ante un público formado fundamentalmente por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación, a docente analizou como o movemento feminista pode enriquecer a ecoloxía, reivindicando, entre outras cuestións, a visibilización do papel das mulleres nel e unha educación ambiental baseada non só nos datos senón tamén nas emocións.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

A Facultade de Ciencias acolleu este mércores a fase provincial desta competición

Unha olimpíada na que a gran gañadora é a xeoloxía

Os organizadores salientaron a influencia que está tendo esta cita no incremento de alumnado nesta materia


Image60 alumnos e alumnas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato da provincia de Ourense participaron este mércores na Facultade de Ciencias do campus na fase provincial da VII Olimpíada Galega de Xeoloxía. Desta cita sairá un ou varios estudantes que se incorporarán ao equipo que representará a Galicia na competición de ámbito estatal. Alén do recoñecemento que supón para as persoas gañadoras, os organizadores da edición en Ourense salientaron como “a gran gañadora desta Olimpíada é a xeoloxía” xa que, apuntaron, coa súa celebración están notando “un incremento do alumnado nesta materia e un maior interese por ela”.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

Nunha conferencia organizada pola Fundación San Rosendo co gallo do seu 25 aniversario

Xuristas de diferentes institucións analizarán no campus os dereitos fundamentais dos maiores

A actividade será o xoves 16 de febreiro


ImageCo gallo do seu 25 aniversario, a Fundación San Rosendo, constituída en 1992 polo Obispado de Ourense con fins xerais de interese galego para desenvolver funcións de asistencia social, está a levar a cabo diferentes actividades nos seus centros pero tamén en diferentes espazos de Ourense. Entre eles inclúese a Facultade de Dereito do campus de Ourense, onde celebrarán este xoves, 16 de febreiro, a conferencia Dereitos fundamentais do ancián. A cita, que terá lugar ás 19.15 h na aula magna do Edificio Xurídico-Empresarial, contará coa participación de destacados xuristas.
Mércores, 25 de xaneiro do 2017

O catedrático Antonio López ofreceu este mércores unha conferencia sobre este tema

A intervención comunitaria, un reto para o traballo social

O experto destacou a capacidade de cambio que ten a dinámica grupal


ImageA Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolleu este mércores unha conferencia de Antonio López, catedrático do Traballo Social e Servizos Sociais da UNED, na que abordou os retos do traballo social con grupos. Entre os seus desafíos de futuro, o experto salientou a necesidade de “recuperar a lexitimidade da dinámica grupal e comunitaria para levar a cabo procesos de cambio” e “facer fronte a algúns dos paradoxos nos que estamos inmersos”, como o feito de vivir nunha sociedade “de exaltación do individualismo pero tamén de cultura de masas”.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres o XXII Memorial Raymond Konopka

A investigación, un activo para o avance da contabilidade de xestión

A cita reúne a arredor de 80 especialistas de once países


ImageO XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka arrancou este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense reunindo a arredor de 80 especialistas de once países para pór en valor a investigación que se realiza no eido da contabilidade de xestión e o control de xestión. “Esta non é unha área que tradicionalmente se asocie á investigación pero desde as institucións académicas os investigadores temos moito que achegar ao seu avance”, destacou Ernesto López-Valeiras, coordinador do comité organizador.
Xoves, 12 de xaneiro do 2017

A contabilidade de xestión será o tema de traballo dos 80 expertos e expertas participantes

Persoal docente e investigador de oito países darase cita no Memorial Raymond Konopka

Será os días 19 e 20 de xaneiro na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo


ImageOs días 19 e 20 de xaneiro a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá a celebración do XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka. A cita, organizada nesta edición polo Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, reunirá a persoal docente e investigador do eido da contabilidade de xestión de oito países para expor os seus últimos traballos e fomentar así o debate e o intercambio de coñecementos neste eido e o avance do seu desenvolvemento.
Resultados 43 - 48 de 1087

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós