DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Xoves, 01 de decembro do 2016

Nunha xornada celebrada este xoves no Edificio de Ferro

O Campus da Auga explora vías para comezar a traballar na cooperación ao desenvolvemento

Durante a sesión analizouse o contexto de actuación e os instrumentos existentes neste eido


ImagePor unha banda está a función de servizo á sociedade que ten a universidade. Por outra banda está a auga como un dos elementos fundamentais para o desenvolvemento sostible dos pobos. No proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga conflúen estas dúas premisas abríndose a posibilidade de no futuro pór o coñecemento que se aglutine e se xere no seu seo ao servizo da cooperación ao desenvolvemento. Co obxectivo de comezar a explorar posibilidades neste eido, o Edificio de Ferro acolleu este xoves a xornada Auga e cooperación ao desenvolvemento: que facer dende a universidade.
Mércores, 30 de novembro do 2016

A actividade terá lugar o día 13 de decembro organizada pola asociación Educere

Unha sesión bilingüe de contos para fomentar a inclusión das persoas con discapacidade auditiva

Gema Santos e Felipe Díaz representarán o seu espectáculo 'Unhas gafas como as do avó'


ImageUnha das liñas de actuación que vén desenvolvendo cada curso a Asociación Universitaria Pedagóxica e Cultural Educere é a referida ao fomento da inclusión educativa da discapacidade auditiva, levando a cabo diferentes iniciativas, como cursos de formación e charlas. Co obxectivo de dar un paso máis neste eido, o día 13 de decembro a asociación organizará na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense unha Sesión de contos infantís bilingües: fomentando a inclusión (lingua oral e de signos). A actividade unirá a contacontos, escolares e futuros docentes para xuntos afondar nos instrumentos educativos para a integración deste colectivo.
Venres, 25 de novembro do 2016

A cita desenvolveuse este venres na Facultade de Dereito do campus

A I Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal reuniu a un centenar de estudantes e profesionais

O seu obxectivo foi fomentar a empregabilidade dos egresados e egresadas desta titulación


ImageA Facultade de Dereito do campus de Ourense organizou este venres Orienta Iuris, a I Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal. A cita, coorganizada polo Concello de Ourense, reuniu a máis dun centenar de estudantes, titulados, profesionais do sector e representantes de institucións co obxectivo último de fomentar a orientación e inserción laboral dos futuros xuristas. 25 institucións e empresas atenderon nos seus postos aos participantes, informándoos das oportunidades laborais que ofrecen, recollendo os seus currículos e explicándolles como realizan a súa selección de persoal.
Xoves, 24 de novembro do 2016

Nas I Xornadas de Dinamización do Medio Rural

Maiores e escolares comparten en San Amaro as súas 'follas de vida'

Coa participación da Facultade de Ciencias da Educación


Image“Unhas xornadas pensadas para compartir momentos entre as persoas maiores e as máis cativas do lugar, tendo como convidados e convidadas especiais a diferentes persoas que nos acompañarán nesta viaxe”. Con este obxectivo o pasado 4 de novembro arrancou no Concello de San Amaro a iniciativa Follas de Vida. I Xornadas de Dinamización do Medio Rural, na que participan os maiores e profesionais do Fogar Residencial San Amaro e os escolares do CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira e na que a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense participa.
Xoves, 24 de novembro do 2016

O día 1 de decembro celebrarase unha xornada dedicada a esta temática

O que a universidade e a auga poden achegar á cooperación para o desenvolvemento

No marco do proxecto de especialización do campus no eido deste recurso natural


ImageO día 1 de decembro o campus de Ourense acollerá a xornada Auga e cooperación ao desenvolvemento: que facer dende a universidade, organizada pola Vicerreitoría deste campus no marco do seu proxecto de especialización Campus da Auga. A iniciativa quere ser un primeiro paso para dar a coñecer entre a comunidade universitaria e a sociedade en xeral o papel que o Campus da Auga "pode e quere xogar neste ámbito". Na xornada escoitaranse as experiencias que se teñen desenvolvido no eido universitario e noutros lugares arredor desta cuestión e afondarase nas liñas de investigación máis importantes e necesarias para o seu avance.
Luns, 21 de novembro do 2016

Coa participación de case unha vintena de xuristas dos dous países

Un seminario hispano brasileiro afonda na relación entre corrupción política, risco ambiental e dereitos humanos

A cita celébrase os días 21 e 22 de novembro


ImageCorrupción política, risco ambiental e dereitos humanos nas sociedades contemporáneas. Estes tres elementos de xeito individual e de xeito interrelacionado son o eixe temático escollido para análise e o debate no III Seminario Internacional Hispano Brasileiro sobre Sociedade, Dereitos Humanos e Medio Ambiente que este luns e martes se celebrada na Facultade de Dereito do campus de Ourense. Case unha vintena de xuristas dos dous países daranse cita nun evento que “pretende afianzar e profundar as relacións académicas internacionais entre os dous países no eido xurídico”, tal e como destaca o coordinador da cita, o profesora Roberto Bustillo.
Resultados 55 - 60 de 1087

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós