DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Xoves, 19 de outubro do 2017

O docente Anselmo López inaugurou ‘Os xoves do Vindel’ cun relatorio sobre configuración urbana da cidade

Vigo, unha vila en plena expansión na época de Martin Codax

O ciclo de relatorios está organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade



Image O docente e investigador da UNED Anselmo López Carreira foi o encargado de inaugurar esta tarde o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel cun relatorio no que debullou a evolución da configuración urbana de Vigo desde a época romana e con especial atención á época de Martin Codax, na que López Carreira situou, concretamente en 1234, a primeira referencia a Vigo como unha vila , “entendida esta como unha certa estrutura urbana, fronte ao lugar que é unha definición morfolóxica”. O docente comezou a súa intervención, trala inauguración do ciclo a cargo do vicerreitor de Extensión Universitaria; a presidenta da Deputación de Pontevedra e a catedrática emérita da Universidade de Vigo, Camiño Noia.
Xoves, 19 de outubro do 2017

Nunha xornada celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución

Tradutoras e intérpretes achegan, desde a perspectiva de xénero, novas olladas da súa profesión

A profesora Maribel del Pozo fixo fincapé na importancia de divulgar os traballos que se están a realizar nestes eidos


ImageDe que maneira se neutralizan contidos igualitarios no proceso de dobraxe dunha película? Que oportunidades e desafíos presenta a interpretación telefónica en casos de violencia machista? Que tipo de problemas de comunicación se dan nos xuízos mediados por intérpretes, incluídos os de violencia de xénero? Estas son algunhas das preguntas as que se tratou de dar resposta na II Xornada Investigación en tradución e interpretación: novas olladas dende a perspectiva de xénero, unha actividade organizada polo Grupo de Investigación Bifega (Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación) en colaboración coa Unidade da Igualdade.
Xoves, 19 de outubro do 2017

Docentes e estudantes participan nunha xornada organizada pola Cátedra Telefónica

A ciberseguridade é tamén un factor clave para a estabilidade económica

O vindeiro curso a Universidade estreará un mestrado pioneiro neste eido


ImageFalar de ciberseguridade 100% é imposible, e niso coincidían todos os expertos que este xoves participaron nunha xornada sobre este tema organizada pola Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo. Non existe unha protección total para empresas e institucións, pero si se está a traballar dende moitos eidos tanto na prevención como na protección fronte a este tipo de ataques. Nesta xornada, especialistas en seguridade informática e xuristas abordaron as claves da ciberseguridade, debatendo sobre temas como a xestión da crise polo ciberataque Wannacry, a importancia da ciberseguridade nunha industria 4.0 ou a seguridade xurídica. No acto de apertura, Marta Menéndez, directora de Galicia de Telefónica, agradecía ao profesor José Cidrás, director da Cátedra Telefónica, a elección dun “tema de rabiosa actualidade e de interese xeral”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, adiantou que a institución conta xa coa aprobación para poñer en marcha o vindeiro curso académico o Mestrado en Ciberseguridade
Martes, 17 de outubro do 2017

O 19 de outubro comeza un ciclo de conferencias con motivo da estadía do manuscrito en Vigo

Os xoves son do Vindel

Expertos ofrecerán relatorios sobre música, lingua ou onomástica no edificio Cambón


Image Organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, o vindeiro 19 de outubro arranca o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel, unha iniciativa coordinada pola catedrática emérita Camiño Noia. Seis relatorios conforman o ciclo de conferencias dirixidas “no só ao alumnado universitario, senón ao alumnado e profesorado de bacharelato, e ao público en xeral, aos que recomendamos asistir ás conferencias porque nelas van recibir de primeira man- e dos mellores especialistas-, os contidos máis amenos e actualizados sobre cada un dos temas”, explica Xosé-Henrique Costas.
Martes, 17 de outubro do 2017

Tras adiarse pola vaga de incendios, hoxe inaugurouse a IV Semana Ibérica de Modelización

Cóbado con cóbado para resolver xuntos, e con matemáticas, problemas reais da industria

Coa participación de alumnado español e portugués, titorizados por docentes e técnicos de empresa


ImageVinte alumnas e alumnos chegados desde as universidades de Porto, Compostela, Valladolid, Valencia e Vigo traballando cóbado con cóbado con docentes universitarios que exercen como titores e técnicos de empresas para solucionar, a través das matemáticas, problemas reais da industria. Nisto consiste a IV Semana Ibérica de Modelización, un encontro que estaba previsto inaugurar onte luns no edificio Miralles pero que, debido á vaga de lumes que sufriu Galicia desde a madrugada deste domingo, foi adiado ata hoxe martes. A apertura do encontro estivo precisamente marcada polas referencias a estes tráxicos sucesos.
Venres, 13 de outubro do 2017

A docencia iníciase o 30 de outubro na EU de Estudos Empresariais

O Curso de introdución á bolsa chega á súa décimo quinta edición

Os asistentes simularán o proceso de compra-venda de accións do IBEX 35


ImageDentro do programa de cursos complementarios que organiza a Universidade de Vigo para a comunidade universitaria e persoas alleas á institución, o Curso de introdución á bolsa é un dos que conta con máis tradición e unha grande aceptación entre o público. O vindeiro día 30 de outubro arranca a décimo quinta edición desta actividade, que terá unha duración de 32 horas e se desenvolverá en horario de tarde. Á fronte deste curso están o profesor José Luis Sáez Ocejo e a profesora Trinidad González-Portela, do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, que deseñaron un programa que comprende conferencias e sesión prácticas e presta especial atención ao uso das novas tecnoloxías.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 843

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós