DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Xoves, 22 de xuño do 2017

Nun curso sobre a metodoloxía didáctica 'Flipped Classroom' (en galego, clase invertida)

75 docentes da Universidade aprenden como ‘flippear’ unha clase

A formación, de carácter semipresencial, arrancou este xoves e prolongarase ata o vindeiro 7 de xullo


ImageTras o éxito da edición anterior, o Flipped Classroom ou clase invertida volveu este xoves á Universidade en forma dun curso semipresencial impartido por Raúl Santiago, profesor da Área de Didáctica e Organización Escolar da Universidad de La Rioja. A cita arrancou este xoves e prolongarase ata o vindeiro 7 de xullo, 25 horas nas que se afondará nun modelo didáctico que avoga pola transferencia de determinados procesos de aprendizaxe fóra da aula grazas a vídeos gravados e editados polo profesorado, de maneira que o tempo de clase poderá investirse en potenciar outros mecanismos de adquisición que consoliden o coñecemento mediante a participación activa dos estudantes, como debates ou actividades que fomenten a investigación e a aplicación de ideas.
Luns, 19 de xuño do 2017

Celebrarase o 29 de setembro na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Un curso sobre orientación académica e enerxías renovables guiará o alumnado no mercado laboral

O período de preinscrición estará aberto ata o 27 de setembro


ImageOrganizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), o curso Orientación Académica & Enerxías Renovables ten como obxectivo, a través dunha formación práctica, que o alumnado coñeza as claves do mercado actual das enerxías renovables e se achegue ás necesidades de profesionais que ten actualmente este sector, así como a súa importancia económica. Deste modo, trátase de que as e os estudantes adquiran as ferramentas necesarias para unha boa procura de emprego cando rematen a súa formación académica. Este curso, cuxa duración será de oito horas, é o primeiro destas características que se celebra en Galicia e realizarase o 29 de setembro na EE de Minas e Enerxía.
Venres, 09 de xuño do 2017

O V Congreso Internacional de Docencia Universitaria terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño

Docentes de 12 países compartirán experiencias no campus para mellorar a práctica da súa profesión

A cita volverá a celebrarse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias


ImageO intercambio das experiencias investigadoras e innovadoras realizadas polas profesoras e profesores melloran a práctica docente, xa que axuda a pensar sobre o camiño seguido, as dificultades e os logros conseguidos. Desta necesidade de compartir experiencias xurdiu o Congreso Internacional de Docencia Universitaria que este ano se levará a cabo os días 15, 16 e 17 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias. O obxectivo deste encontro, que acada xa a súa quinta edición, é “compartir as experiencias docentes universitarias, nas que se están a producir moitos cambios, e intercambiar as experiencia".
Xoves, 08 de xuño do 2017

O encontro terá lugar no mes de setembro no edificio Miralles

Novos valores das matemáticas reuniranse no campus na IV Semana Ibérica de Modelización

As e os participantes terán a oportunidade de traballar en problemas industriais reais


ImageOfrecer ás alumnas e alumnos de mestrados de matemáticas a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos nos seus estudos a un problema industrial real. Este é o obxectivo da IV Semana Ibérica de Modelización, un encontro que leva celebrándose desde hai catro anos de forma alternativa en Portugal e España e que este ano chega a Vigo. Será o vindeiro mes de setembro no edificio Miralles e nesta cita coincidirán novos talentos e profesionais en activo, tanto do mundo académico como empresarial. A xuntanza está coorganizada polo grupo de investigación SiDOR da Universidade.
Luns, 29 de maio do 2017

O prazo de inscrición e matrícula estará aberto ata o 1 de xuño

O curso sobre o IVE na fiscalidade empresarial aposta, na súa 13ª edición, por un enfoque práctico

Ao longo de 30 horas os asistentes coñecerán as operacións nas que se aplica este imposto


ImageNestes meses nos que medio país está a realizar a declaración da renda e aproveitando o parón entre as convocatorias de exames, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá a décimo terceira edición do curso O IVE na fiscalidade empresarial, que se levará a cabo entre o 1 e o 8 de xuño. Os profesores Xosé Manuel González e Xosé Carlos Álvarez do grupo de innovación docente Economía Pública e Fiscalidade Aplicada do Departamento de Economía aplicada son os encargados de coordinar esta actividade docente, que é xa un referente no eido da fiscalidade.
Mércores, 24 de maio do 2017

O Centro de Linguas ofrece cursos de inglés, francés, alemán, italiano, portugués e lingua de signos

Un verán para aprender idiomas

Tamén se desenvolverán obradoiros de intensivos de español como lingua estranxeira


Durante os meses de xuño e xullo o Centro de Linguas da Universidade organiza cursos intensivos de entre dúas e oito semanas de duración para que tanto a comunidade universitaria como a cidadanía en xeral poidan aprender ou mellorar a súa competencia en idiomas estranxeiros. Para este verán ofértase un catálogo de seis linguas (inglés, francés, alemán, italiano, portugués e lingua de signos) ás que hai que engadir a docencia de español para estranxeiros. Nestes cursos, ademais da formación xenérica, fíxanse obxectivos para acadar un nivel de lingua ou están orientados á formación de estudantado que vai realizar estadías no estranxeiro no marco de programas de mobilidade.
Resultados 13 - 18 de 830

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós