DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Xoves, 23 de marzo do 2017

A experta en interpretación nos campos de concentración nazis Malgorzata Tryuk falou na FFT

Unha chamada de atención para que os profesionais da tradución e a interpretación non perdan de vista ao ser humano

A docente e investigadora polaca é autora dunha decena de monografías e arredor de 60 artigos


ImageNada en Varsovia, Malgorzata Tryuk, pasou parte da súa infancia en Malí, onde o seu pai traballaba como asesor comercial. Alí entrou en contacto coa lingua francesa e de volta a Polonia especializouse en filoloxía románica, centrando as súas investigación na gramática descritiva da lingua francesa e na gramática contrastiva franco-polaca. Xunto á interpretación do medio social, a interpretación xurídica e a interpretación nos campos de concentración nazis, estas son as principais liñas de investigación da profesora titular da Universidade de Varsovia, e que hoxe ofreceu unha conferencia na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Venres, 17 de marzo do 2017

A Escola de Enxeñería Industrial acollerá o concurso o vindeiro 28 de abril

Máis de 800 creadores noveis medirán as súas forzas na 3ª edición da Competición de Robots da EEI

Preto de 170 equipos de estudantes das catro provincias galegas inscribíronse na proba


Image Co obxectivo de achegar ao alumnado do ensino secundario, bacharelato e titulacións superiores á universidade, ademais de promover as titulacións do centro e fomentar o interese do estudantado polos estudos de enxeñaría, a Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro 28 de abril unha nova edición da Competición de Robots. Máis de 800 estudantes de preto de 170 equipos, procedentes das catro provincias galegas, tomarán parte na terceira edición do certame, que, como en anteriores ocasións, se desenvolverá en dúas categorías: Wall-E, dirixida ao alumnado de ESO e Bacharelato e R2D2 para o estudantado de titulacións superiores e outros interesados.
Luns, 06 de marzo do 2017

Destinado a estudantes, operadores xurídicos e activistas, terá 40 horas de duración

Ciencias Xurídicas e do Traballo acollerá un módulo europeo sobre a protección dos dereitos fundamentais

O curso arranca este mércores 8 e estenderase ata finais de abril


Este mércores arranca na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo un Módulo Jean Monnet sobre a protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea. Esta iniciativa responde á necesidade de suplir algúns dos principais déficits formativos detectados nesta materia, contribuíndo así a unha análise reflexiva que, como explican os seus organizadores, “tome como punto de partida o recoñecemento de plena eficacia xurídica a un catálogo propio de dereitos no seo da UE, pero sen perder de vista a complexa realidade que é hoxe a efectiva protección dos dereitos e liberdades das persoas”.
Mércores, 01 de marzo do 2017

As proxeccións comezan hoxe e prolongaranse ata o vindeiro luns

Saúde, robótica, globalización das finanzas e 'fracking' enchen de contido a 7ª edición do Cineforum de Bioloxía

O ciclo está organizado polas docentes Mª Jesús Suárez, Rosa Álvarez e Encarna de Miguel


Image A historia do neuropatólogo forense Bennet Omalu, descubridor da síndrome post-conmoción cerebral que afectou a numerosos xogadores de fútbol americano, provocando incluso o suicidio dalgúns deles, é o argumento central de A verdade doe, a película de 2015 Peter Landesman, coa que este mércores arranca a 7º edición do Cineforum de Bioloxía. A proxección desta cinta, protagonizada polo actor Will Smith, comezará ás 15.30 horas no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, onde tamén terá o lugar o resto de proxeccións mañá xoves, Eu, robot; o venres, Confesións dun banqueiro, e o vindeiro luns, Gasland.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

Tanto as charlas como os talleres ou as visitas son abertas ao público en xeral

Arranca no campus un novo ciclo de actividades sobre Dereito Marítimo

O programa prolongarase ata finais de abril e inclúe unha visita ao Porto de Vigo


ImageEsta semana arrancou no campus un novo ciclo de actividades sobre Dereito Marítimo, unha iniciativa que se consolida e que acada xa a súa sexta edición. Sen grandes novidades con respecto a anteriores convocatorias o profesor de Dereito Mercantil Francisco José Torres, salienta que “o espírito segue a ser o mesmo ca en anteriores edicións, xa que a valoración que nos está a chegar por parte das persoas que asisten é moi boa”, recalca o docente, ao tempo que fai fincapé en que, se ben o ciclo está pensado sobre todo para o alumnado da materia de Dereito Marítimo todas as actividades son de libre acceso e gratuítas para calquera persoa interesada.
Luns, 20 de febreiro do 2017

A través dun curso que terá lugar o vindeiro mes de marzo no edificio Miralles

O persoal de administración formarase na xestión das redes sociais e o márketing dixital

Docentes da Universidade Politécnica de Valencia impartirán a docencia


ImageNun momento no que a comunicación a través dos medios dixitais se fai máis imprescindible ca nunca, é preciso saber como xestionar as redes sociais e o márketing en ámbitos tanto empresariais como institucionais. Por este motivo, a Universidade de Vigo ofrece ao Persoal de Administración e Servizos o curso Como pode participar o teu servizo/unidade nos medios sociais? Planifica e deseña a túa web e o teu plan de márketing, coa finalidade de afondar en todos aqueles aspectos relacionados cos medios sociais que son necesarios para o desenvolvemento do seu traballo á fronte dun centro ou unidade.
Resultados 37 - 42 de 830

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós