DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Venres, 17 de febreiro do 2017

Cinco institucións europeas e seis de Marrocos participan no proxecto financiado con 875.000 euros

Vigo participa no proxecto europeo E-VAL para mellorar a formación e o acceso das empresas aos universitarios marroquís

A iniciativa baséase na implementación do e-portafolio para desenvolver a súa metodoloxía


Image O e-portafolio é unha ferramenta moi estendida en determinados sectores profesionais, especialmente en países anglosaxóns, que o valoran como un formato máis libre, demostrativo e aberto que un currículo vitae á hora de amosar que persoa está tras el, os seus coñecementos, competencias profesionais e persoais. A implementación do e-portafolio para desenvolver a súa metodoloxía é a base do proxecto E-VAL, unha iniciativa financiada pola Unión Europea con 875.000 euros, que conta coa participación de cinco universidades europeas e seis de Marrocos, así como de varios ministerios e asociacións empresariais do país africano.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

As probas tiveron lugar nas instalacións da EE de Minas e Enerxía

93 mozos e mozas participan no campus na VIII Olimpíada de Xeoloxía

O alumnado compite por un posto na fase nacional que se celebrará en Salamanca


ImageFomentar o interese pola Xeoloxía e polas Ciencias da Terra e animar ao estudantado a comezar estudos universitarios relacionados coa xeoloxía, son algúns dos obxectivos que persegue a VIII Olimpíada de Xeoloxía que celebra este mércores a súa fase provincial na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, onde participan 93 estudantes chegados de oito centros da provincia de Pontevedra que compiten por facerse un oco na fase nacional deste certame que está promovido pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPETC), xunto co colexio de Xeólogos e a Sociedade Xeolóxica Española.
Martes, 14 de febreiro do 2017

Os e as asistentes aprenderán nocións básicas sobre o programa de edición GIMP

Formación e Innovación Educativa organiza un curso sobre manipulación de imaxes dixitais

A actividade está dirixida ao persoal docente investigador


ImageA miúdo a manipulación de imaxes dixitais se relaciona con programas tan coñecidos como Photoshop, que é a referencia para este tipo de labores, “pero é caro, restritivo e... quen o necesita?”, sinala Manuel Megías, docente da Facultade de Bioloxía da Universidade e encargado de impartir o curso Manipulación de imaxes dixitais que organiza a Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. O seminario, que está dirixido ao persoal docente e investigador, e que se desenvolverá a primeira quincena de xullo na sala catro do edificio Miralles, ten como obxectivo que os e as asistentes aprendan a manexar imaxes a través do programa de código aberto GIMP unha aplicación de fácil manexo que se pode descargar, instalar e usar sen limitacións.
Xoves, 02 de febreiro do 2017

O VI Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia celebrarase do 15 ao 17 de febreiro

Edugal volver confiar á EEI a organización das charlas de orientación universitaria para o alumnado de bacharelato

A Escola tamén disporá dun stand no que amosará a súa oferta de titulacións


Image Por terceiro ano consecutivo a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo colaborará coa Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra, Aempe, na organización da VI edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, que se celebrará entre os días 15 ao 17 de febreiro no recinto feiral de Pontevedra. O director da EEI, Juan Pou, explicou este mediodía que o centro volverá organizar este ano charlas universitarias nos ámbitos tecnolóxico, científico, xurídico-social e humanístico co obxectivo de que o alumnado de bacharelato de Galicia coñeza a oferta formativa actual do Sistema Universitario de Galicia.
Luns, 23 de xaneiro do 2017

A próxima sesión será este xoves 26 de xaneiro na aula 1 do edificio Miralles

Volve o programa ‘Destrezas’ centrándose na xestión do tempo, as técnicas de negociación e o traballo en equipo

O obxectivo é axudar ás persoas emprendedoras no seu novo camiño


ImageDespois do parón dos exames do primeiro cuadrimestre a vida no campus volve á normalidade, incorporándose o estudantado ás aulas. Tamén se retoman as actividades complementarias que tratan de achegar formación complementaria de axuda ao alumnado para o seu futuro laboral. Deste xeito a Fundación Universidade de Vigo (FUVI) xunto coa Área de Emprego e Emprendemento organizan o programa Destrezas, unha iniciativa formativa que xa deu comezo no anterior cuadrimestre, pero que torna despois do parón das vacacións. As citas volverán a ser na aula 1 do Edificio Miralles cun horario de 9.30 h a 14.30 h.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

As clases impartiranse no Centro de Linguas o vindeiro mes de xuño

Docentes copan apenas nuns días as prazas de dous cursos sobre discurso oral en inglés

Trátase de mellorar os aspectos prácticos das actividades habituais da aula e a participación en foros internacionais


Image A Área de Formación e Innovación Educativa, dependente da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado, comezou o ano ofrecendo ao persoal docente dous cursos de discurso oral en inglés, un específico para foros internacionais e outro dirixido a mellorar os aspectos prácticos das actividades habituais da aula. Abriron a matrícula o pasado día dez e, en apenas uns días, esgotáronse as prazas, polo que dende a organización pensan xa en lanzar novas convocatorias. A cita será nesta ocasión no Centro de Linguas o vindeiro mes de xuño.
Resultados 43 - 48 de 830

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós