DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Venres, 15 de setembro do 2017

Coa organización dun taller aberto ao público

Enxeñaría de Minas súmase á celebración do Día Europeo dos Minerais

A cita será o venres 22 e sábado 23 nas instalación da escola


ImageA Escola de Enxeñaría de Minas súmase este ano á celebración do Día Europeo dos Minerais coa organización dun taller co que darlle a oportunidade á sociedade de Vigo e a súa contorna de aprender a identificar de xeito rápido e sinxelo os minerais máis comúns da natureza a partir das súas propiedades físicas. Será o venres 22 e sábado 23 de setembro, coincidindo coa realización de múltiples eventos salpicados por toda Europa (portas abertas, visitas guiadas a minas e espazos rehabilitados, demostracións de seguridade...) e con el iniciarase unha nova oferta de talleres a través dos que se vertebrarán diferentes actividades de divulgación científica.
Venres, 15 de setembro do 2017

A astrofísica Ana Ulla comisaría unha mostra paralela ao congreso internacional 'Road to the Stars'

Exoplanetas, galaxias, cometas e cúmulos danlle unha nova vida aos obxectos reciclados

'Astrovaqueiros e cousas' poderá visitarse a partir do vindeiro luns no claustro de Fonseca en Santiago


Image Exoplanetas á vista é unha obra realizada con técnica mixta, incluíndo tapas metálicas, coiro, pedras e vidros, así como pinturas acrílicas e vernices. Astro-bluejeans&things, pola súa banda, presenta varias prendas de tecido vaqueiro modernizadas con deseños astronómicos pintados a man. No caso de Os soños da Vía Láctea, unha mesa de noite restaurouse pintándoa a man. Estas son tres da ducia de obras que integran a exposición "astronómicoartística" Astrovaqueiros&cousas. Unha nova vida astronómica para vellos vaqueiros: o Universo debuxado e pintado aquí na Terra, un planeta que recicla, que o vindeiro luns,18 de setembro, abrirá as súas portas en Santiago de Compostela.
Luns, 11 de setembro do 2017

No 2016-2017 pasaron polas súas aulas preto de 2300 alumnas e alumnos

O Centro de Linguas incorpora coreano a súa oferta de cursos

Inglés e español para estranxeiros son, ano tras ano, as opcións máis demandadas


ImageO Centro de Linguas incorpora este ano a súa oferta de cursos un obradoiro de lingua e cultura coreana, unha aposta a que se unen outras novidades no ensino de idiomas como o francés, o alemán ou o persa, do que, por primeira vez se ofertará o nivel intermedio. A maiores dos cursos de idiomas (inglés, francés, alemán, portugués, español para estranxeiros…), o centro continuará tamén coas actividades específicas de preparación de exames Cambridge, de español DELE, de inglés TOEFLe as probas de acreditación específicas HELA, dirixidas a profesorado da Universidade de Vigo que vai impartir a súa docencia en lingua inglesa.
Venres, 14 de xullo do 2017

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle esta actividade formativa

A segunda edición do curso sobre ciberseguridade prepara o alumnado para defenderse fronte os ataques dixitais

As e os 29 participantes estanse a introducir nun sector moi demandado na actualidade


ImageTras o Wannacry e o NotPetya, os últimos ciberataques mundiais, nos que os piratas informáticos puxeron en xaque a empresas, bancos e institucións, queda claro que o mundo dixital non é totalmente seguro nin para grandes compañías nin para pequenos usuarios. Por este motivo e conscientes de que este é un novo mercado laboral, o equipo directivo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación organiza a segunda edición do curso Introdución á ciberseguridade. Esta actividade formativa de 44 horas de duración lévase impartindo dende o 1 de xuño e a súa docencia continuará ata o vindeiro 20 de xullo en horario de tarde.
Venres, 30 de xuño do 2017

A V Xornada Universitaria Galega de Xénero celebrarase a vindeira semana en Vigo

Un pulo á transversalidade de xénero como criterio de excelencia e como medio de transformación social

100 representantes das universidades galegas participarán na sesión na que intervirá R. Lucas Platero


Image Co obxectivo de debater o papel das universidades no reto de enfrontar as identidades non normativas e o tratamento delas dentro da propia comunidade universitaria, un cento de persoas, na súa maior parte, persoal docente e investigador das tres universidades galegas, participarán o vindeiro 7 de xullo na V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Na sede de AFundación de Vigo, as e os participantes, entre os que tamén se atopan persoas vinculadas á intervención social e ao activismo feminista, achegaranse a prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero, abordarán a cuestión da comunicación inclusiva dentro da aula e coñecerán propostas que tratan as perspectivas feministas.
Mércores, 28 de xuño do 2017

No Día Mundial do Medio Ambiente, como actividade piloto, elmináronse 290 kg de herba do Himalaia

A OMA estreará o vindeiro curso un programa de voluntariado pioneiro para erradicar as especies invasoras no campus

En colaboración co laboratorio de Ecofisioloxía Vexetal, a Unidade de Xardinería e Delegación de Alumnos de Bioloxía


ImageO vindeiro curso a OMA inaugurará un innovador programa de voluntariado no campus de Vigo que unirá estudantes de todos os ámbitos para que realicen tarefas de control e erradicación das especies invasoras das zonas verdes lindeiras ás escolas e facultades viguesas. O obxectivo desta iniciativa é contar coa participación de persoas de toda a comunidade universitaria para formar un equipo multidisciplinar que aprenda sobre a contorna do campus, sume experiencia e conforme un grupo que axude a identificar e erradicar as especies alóctonas que ameazana a biodiversidade da contorna.
Resultados 7 - 12 de 831

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós