DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Xoves, 18 de outubro do 2007

Ciclo de conferencias

Antonio Bolívar afirma que na universidade, a docencia ten que ser igual de importante que a investigación

ImageAntonio Bolívar, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Granada, asegurou hoxe que hai que valorar e discutir a docencia como actividade propia da Universidade durante a conferencia sobre “A avaliación na Universidade”, que se enmarca no curso “A docencia universitaria” que organiza a Vicerreitoría de formación e innovación educativa.
Martes, 16 de outubro do 2007

A conferencia encádrase no ciclo “A docencia universitaria”

Antonio Bolivar falará no campus de Vigo sobre “A avaliación na universidade”


Image
Antonio Bolívar
O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Granada, Antonio Bolivar, ofrecerá o vindeiro xoves, 18 de outubro, as 11 da mañá,no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo, unha conferencia titulada A avaliación na universidade. A conferencia está encadrada no ciclo titulado “A docencia universitaria”, organizado pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa

 

Mércores, 10 de outubro do 2007

Comeza unha nova Edición do Máster en Xestión da Pesca e da Acuicultura

Os alumnos poderán realizar prácticas preprofesionais remuneradas

ImageFormar profesionais cualificados para a xestión pública e privada da pesca é o principal obxectivo do Máster en Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura que este luns inicia a súa terceira edición. Como principal novidade desta edición, o máster refórzase ao abrirse a posibilidade de realizar prácticas preprofesionais remuneradas en empresas do sector.
Martes, 09 de outubro do 2007

Cunha xornada sobre mobilidade e telecomunicacións

Os campus de Vigo e Ourense participarán na Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios

ImageNo primeiro ano que a Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios ábrese ás universidades de Vigo e da Coruña, os campus de Ourense e Vigo acollerán cadansúa xornada sobre mobilidade e telecomunicacións. A sesión que se desenvolverá o mércores 7 de novembro, iniciarase pola mañá na E.T.S.E de Telecomunicación e nela tomarán parte como relatores Brian González, director xeral de Intel España y Portugal; Juan Miguel Márquez, director general de modernización administrativa del Ministerio de Administracións Públicas ou Pablo López, director de ventas e marketing de Tele2.

Mércores, 03 de outubro do 2007

A Universidade dá a benvida a 424 estudantes procedentes de case 30 países

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu o acto

ImageA Universidade deu este mércores a benvida aos estudantes estranxeiros que este curso van estudar nas súas aulas, en total 424 alumnos procedentes de case 30 países, cifra a que haberá que engadir aqueles estudantes que se incorporen no segundo cuadrimestre. Os estudantes foron recibidos no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e os responsables de diferentes servizos universitarios que se encargaron de presentarlle a oferta formativa e de lecer para este curso
Mércores, 03 de outubro do 2007

Cátedra Fundación Caixa Galicia

Debaten sobre as debilidades e amenazas do sistema educativo


ImageExpertos no ámbito da innovación docente analizan este xoves o futuro do sistema de ensino, avaliando as amenazas e as debilidades e os cambios precisos para mellorar a formación dos alumnos.
Na xornada participarán os catedráticos Mariano Fernández Enguita, da Universidade de Salamanca, e Jurjo Torres, da Universidade da Coruña, xunto ao profesor da Universidade de Castellón Jordi Adell.

Resultados 823 - 828 de 830

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós