DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 27 de marzo do 2017

A través da exposición ‘A miña luzada’, que poderá visitarse ao longo desta semana na sede da Vicerreitoría

Implicadas no Desenvolvemento achega a Casa das Campás aos efectos das crises nas mulleres

A mostra reúne fotografías realizadas en Galicia e na India no marco dun concurso promovido por esta ONG


ImageNo ano 2013, a ONG Implicadas no Desenvolvemento impulsou o concurso fotográfico Das crises ás alianzas, no que convidaba ás mulleres de Galicia e do estado de Tamil Nadu, no sur da India, a plasmar nunha imaxe os efectos que teñen as crises na vida das mulleres. Daquela iniciativa xurdiu A miña luzada, unha exposición que reúne en dez paneis unha selección dos proxectos presentados tanto en Galicia como na India, que desde 2014 viu percorrendo a xeografía galega e que desde este luns fai parada na Casa das Campás, onde serve como actividade de presentación do grupo de traballo desta organización na cidade.
Luns, 20 de marzo do 2017

A profesora de BBAA Mónica Ortuzar expón unha serie de retratos na galería About Art

Autorretratos nun mar de acuarela

A mostra reúne unha serie de obras inéditas, realizadas todas elas en 2016


Image Desde hai preto dunha década, o autorretrato é o motivo que centra en exclusiva a produción artística da profesora da Facultade de Belas Artes Mónica Ortuzar, que nestas semanas amosa boa parte da súa o indagación máis recente neste eido nunha exposición individual na galería pontevedresa About Art. Archipiélagos é o título dunha mostra que reúne unha serie de cadros realizados ao longo do pasado ano 2016 e nos que as facianas desta profesora do Departamento de Escultura transfórmanse “en illas de acuarela nun mar de gouache de cor azul ultramar”, como destaca esta galería.
Xoves, 16 de marzo do 2017

A Casa das Campás acolle o luns un concerto da soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano

Un percorrido en feminino pola historia da música

O programa deste recital con entrada libre está composto por pezas de compositoras de diferentes séculos


ImageA abadesa, física e compositora alemá Hildegar von Bingen, a cantante e poeta italiana Francesca Caccini, primeira muller en compoñer unha ópera; a pianista Fanny Mendelssohn, irmá de Felix Mendelssohn; ou a tamén pianista Clara Schumann. Todas elas estarán presentes no percorrido en feminino pola historia da música que o vindeiro luns 20 realizarán na Casa das Campás a soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano, co propósito de recuperar “un mundo de musicas que están case que esquecidas, soamente pola razón de ter sido escritas por mulleres”, como salienta esta cantante formada na Universidade de Ottawa.
Mércores, 15 de marzo do 2017

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, imparte este mércores unha conferencia na Casa das Campás

Cando a literatura galega vivía aos pés da lareira

O seu relatorio céntrase nas cantigas populares de tradición oral e nas múltiples temáticas que abordan


ImageDurante os séculos XV, XVI ou XVII nos que “practicamente non se escribía en galego”, aquilo que se contaba e que se cantaba nas casas arredor das lareiras constituía “o alimento literario” do idioma, “a única literatura galega que había”, como sostén o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Afondar na importancia e na beleza do cancioneiro popular galego, daquelas pezas xurdidas do imaxinario popular que se ían transmitindo de xeración en xeración é o propósito da conferencia que o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela imparte esta tarde na Casa das Campás.
Martes, 07 de marzo do 2017

Ciencias da Educación e do Deporte acolle un obradoiro baseado na aplicación desta teoría no ensino

Un taller achega o alumnado ao uso didáctico das intelixencias múltiples

16 estudantes participan nun curso que forma parte do programa de actividades da Vicerreitoría


ImageA concepción da intelixencia como unha rede de capacidades, interrelacionadas pero autónomas, e non como un conxunto unitario é a base da teoría das intelixencias múltiples, formulada polo profesor de Harvard Howard Gardner. “Esta nova concepción da mente implica un cambio na maneira de entender que é ser intelixente”, salienta ao respecto a profesora de educación infantil e primaria Noelia Gómez, responsable do obradoiro que achega a un grupo de 16 persoas á aplicación nas aulas desta teoría, a través dunha serie de propostas prácticas que levan ás e aos asistentes a deseñar as súas propias actividades para traballar as diferentes intelixencias.
Martes, 07 de marzo do 2017

A Vicerreitoría e a Fundación Xapón promoven dúas conferencias sobre a cultura xaponesa

A Casa das Campás viaxa ao país do sol nacente

O budismo zen e o período Heian centrarán os relatorios que terán lugar os días 16 e 21


ImageUn achegamento á historia e a cultura do Xapón, a través das verbas de dous expertos na arte e na literatura do país do sol nacente como son os profesores Javier Villalba e Carlos Rubio. Esta é a proposta que a Vicerreitoría do campus e a sede da Fundación Xapón en España achegan o á Casa das Campás os días 16 e 21 de marzo. A pegada do budismo zen na cultura xaponesa e os “costumes galantes” na corte do período Heian, nos séculos X e XI, serán, respectivamente, os eixos temáticos destes dous relatorios programados para ás 20.00 horas e abertos a todo o público interesado.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 593

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós