DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 22 de maio do 2017

A inscrición no campamento estival abre desde hoxe, 22 de maio, ata o día 2 de xuño para Ourense e Vigo

O Campus Camp ofrece 260 prazas para un verán viaxando no tempo

Poderán participar rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos durante xuño, xullo e setembro


ImageCoa chegada do verán regresará á Universidade o Campus Camp, un campamento estival cun programa completo de actividades que mesturan a diversión e a aprendizaxe destinado especialmente para as fillas e fillos das persoas traballadoras e estudantes da Universidade de Vigo. Ofértanse 260 prazas (60 para Ourense e 200 para Vigo e Pontevedra) destinadas a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que, durante os meses de xuño, xullo e setembro, cambirán as escolas infantís e os colexios polos campus universitarios.
Xoves, 18 de maio do 2017

O conxunto formouse no obradoiro organizado por Extensión Universitaria

Son das Lagoas pon música ao Día das Letras Galegas no campus

Interpretaron pezas tradicionais no exterior do centro comercial de Cidade Universitaria


ImageTras meses de ensaio, o grupo de música tradicional Son das Lagoas puxo en práctica todo o aprendido este xoves, 18 de maio, no exterior do centro comercial de Cidade Universitaria para homenaxear a Carlos Casares, escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O conxunto naceu de forma espontáneao abeiro do Obradoiro de canto, percusión, gaita e baile tradicional organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, que neste curso se desenvolveu no primeiro e no segundo cuadrimestre.
Venres, 12 de maio do 2017

Os 9000 euros recadados cos Libros Salvavidas permitirán comprar un motor para unha embarcación

O “motor” da solidariedade

As e os traballadores da Biblioteca agradecen a resposta da comunidade universitaria


Image Os 8918 euros recadados a través da iniciativa Libros Salvavidas, impulsada polas traballadoras e traballadores da Biblioteca Universitaria nos tres campus, permitirán completar o importe total dun motor para unha embarcación que será utilizada por persoal voluntario en tarefas de rescate das e dos refuxiados que chegan por mar á illa de Lesbos. Tras meses de traballo, a ONG Proem-Aid puido sumar, grazas á achega procedente da venda de 2400 Libros Salvavidas, a cantidade necesaria para adquirir un motor, que “garantirá que poidamos desenvolver o noso traballo cunha seguridade que agora non temos”, explica Alberto Agrelo, bombeiro que colabora coa ONG Proem-Aid.
Xoves, 11 de maio do 2017

As persoas interesadas poden votar o seu micropoema favorito ata o 31 de maio

Preto de 30 obras participan na II edición do Microconcurso da biblioteca da EE de Telecomunicación


ImageAmor, estudos, humor, homenaxe ás nais... son algunhas das temáticas que compoñen os 27 poemas presentados ao II Microconcurso de poesía organizado pola Biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Coa finalidade de variar o formato dos textos, que o ano pasado foron microrrelatos, a organización decidiu apostar esta vez pola poesía, un xénero que tivo “moi boa acollida”, segundo explica Tina Parcero, técnica especialista da biblioteca, que fai fincapé en que a cifra de participantes é sensiblemente superior á da pasada edición, e confía en que siga medrando en futuras convocatorias.
Luns, 08 de maio do 2017

A profesora de Belas Artes Rosa Elvira Caamaño presenta a mostra ‘En busca del ideal’

Corenta e dous exemplos de arte que captura a beleza clásica e natural

A exposición estará aberta ao público ata finais de maio na sede de Afundación


Image“A pintura non é fantasía, é ante todo un oficio manual”, afirma Rosa Elvira Caamaño, artista e profesora de Belas Artes, cuxos cadros estarán expostos durante este mes de maio na sede de Afundación de Vigo. Os traballos presentados nesta exposición, “que vén a ser un resumo de corenta anos de estudo e dedicación”, explica Caamaño, comprenden corenta e dúas obras pintadas nos últimos sete anos. A artista leva “entre colectivas e individuais, máis de cen exposicións” e nesta mostra, En busca del ideal, reflíctese a súa idea de que “non se trata de copiar exactamente o que se ten diante dos ollos, senón de crear e expresar un mundo ideal a partir da beleza”.
Xoves, 04 de maio do 2017

A iniciativa solidaria da Biblioteca Universitaria clausurouse este mércores tras vender 2400 exemplares

Os Libros Salvavidas recadan 8000 euros para os refuxiados de Lesbos

Os cartos serán doados á ONG Proem-Aid


ImageA iniciativa Libros Salvavidas, posta en macha a pasada semana polos traballadores da Biblioteca Universitaria nos tres campus, baixou onte mércores o pano tras recadar máis de 8000 euros. Os sete días de mercados solidarios de libros nos centros, as bibliotecas e o Centro Comercial de Cidade Universitaria permitiron acadar unha cifra que os propios impulsores cualifican de “incrible, vendendo libros a 10, 5, 2 ou mesmo 1 euro”, como destaca Paz de la Peña. Nas semanas previas recibiron arredor de 3000 libros, doados tanto por particulares como por algunhas institucións e editoriais e mesmo achegados por escritores e escritoras que quixeron participar nesta iniciativa solidaria.
A boa resposta da comunidade universitaria anima á organización a pensar en novos proxectos. Pero antes diso teñen por diante un último evento dentro de Libros Salvavidas que pechará esta iniciativa. E é que este sábado ás 18.30 horas terá lugar un espectáculo de maxia no Colexio Apóstolo Santiago–Xesuítas de Vigo.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 769

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós