DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Martes, 16 de outubro do 2007

Enrique Valero, elixido vicepresidente do Grupo Consultivo “Bosques e Cortiza” da UE

O profesor da EU de Enxeñaría Técnica Forestal asesorará á Comisión Europea sobre políticas comunitarias


Image O profesor da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal, Enrique Valero, ven de ser nomeado vicepresidente do Grupo Consultivo sobre Bosques e Cortiza da Unión Europea. Neste grupo estan represetados os colectivos máis representativos do sector: a industria, os consumidores ou os grupos ecoloxistas. A súa función é colaborar e asesorar á Comisión Europea na elaboración da lexislación relativa ao ámbito forestal. Esta recente elección convérteo nun importante valedor dos intereses dos países do sur do continente ante Bruxelas, sendo o presidente deste grupo un austríaco e a outra vicepresidenta unha sueca. “Deste xeito tentamos que estean representados no grupo as tres grandes zonas nas que dividimos Europa: o norte, o centro e o sur”, apunta Valero.
Luns, 01 de outubro do 2007

Manuel Gutiérrez Nieto, director da E.U de Fisioterapia:

“Esta é unha profesión que precisa vocación de servizo aos demais”

ImageManuel Gutiérrez, profesor do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, asumiu, dende o pasado 18 de setembro, o cargo de máximo responsable da Escola Universitaria de Fisioterapia, tomando así o relevo de Gustavo Rodríguez. Esta non é a súa primeira experiencia en cargos directivos xa que, Gutiérrez desempeñou, con anterioridade, a subdirección e dirección da Escola dende o ano 1995.
Xoves, 27 de setembro do 2007

Programa de formación para estudantes de máis de 55 anos

Os maiores tamén van a clase

Aínda permanece aberto o prazo de inscrición

ImageQue facer co tempo libre a partir dos 55 anos? Esta é unhas das preguntas que máis dun xubilado e prexubilado se fai ao chegar a esta etapa da vida. Como alternativa enriquecedora para encher as horas de ocio, a Universidade, a través da Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, ofrece o Programa de Maiores. Trátase dun proxecto que, inserido nas Aulas de Formación Aberta, nace co obxectivo de promover o coñecemento científico e cultural nas persoas maiores.
Martes, 25 de setembro do 2007

Na EU de Enxeñaría Técnica Forestal

Xornada de portas abertas para os alumnos de primeiro curso


ImageA EUET Forestal acolleu o acto de presentación do curso académico 2007-2008 aos alumnos matriculados en primeiro. O obxectivo era dar a benvida aos novos estudantes e presentarlles a Universidade e a titulación que acaban de escoller. Ao longo da sesión, ademais das explicacións do director da Escola e dos subdirectores, Carlos Basalo e Henrique Lorenzo, os alumnos recibiron numerosa documentación onde se detallaban aspectos como plano de estudos, programas formativos e de intercambio ou as saídas profesionais.
<< Inicio < Ant. 61 62 63 64 65 Seg. > Remate >>
Resultados 385 - 388 de 388

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós