DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Ourense
Martes, 17 de outubro do 2017

A primeira andaina deste curso terá lugar o sábado 21 de outubro

Un percorrido polo Ribeiro e un baño nas termas de Prexigueiro para arrancar con bo pé as rutas culturais

A inscrición está aberta a membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela


ImageO sábado 21 de outubro a programación de roteiros que este curso organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo bota a andar e farao cun percorrido “polo corazón do Ribeiro”. Coa inscrición aínda aberta tanto para os membros da comunidade universitaria interesados como para a cidadanía en xeral, as persoas que se apunten realizarán unha excursión pola contorna de Castrelo de Miño que lles permitirá coñecer a riqueza natural, cultural e vitivinícola desta zona. O traxecto rematará cun baño nas termas de Prexigueiro.
Luns, 16 de outubro do 2017

O equipo masculino derrotou ao Cambados nun encontro moi disputado

Pleno de vitorias do Auriense na liga galega de fútbol gaélico

A categoría feminina gañou ao Pontevedra


ImageEsta fin de semana, os equipos de fútbol gaélico do Auriense FG sumaron cadansúa vitoria nos seus desprazamentos. Segundo informan desde o equipo, o sábado a categoría masculina “derrotou a domicilio a un rival directo, o Cambados FG, nun partido que demostrou ao igualdade que este ano vaise a vivir na liga galega”. Despois dun partido moi disputado, o resultado final do encontro foi de Cambados 3-11(20)-Auriense 4-13(25), mantendo o equipo as súas boas expectativas neste comezo de competición. Pola súa banda, a categoría feminina gañou ao Pontevedra.
Luns, 09 de outubro do 2017

Os xogadores de rugby acadaron un resultado final de 34-21

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou na casa ao Eibar

A categoría feminina do club comezou esta fin de semana a competición perdendo contra o Muralla


ImageEsta fin de semana, o Campus Universitario Ourense Coosur disputou a cuarta xornada da liga que disputa no Grupo A da División de Honra B do rugby estatal, recibindo nas instalacións universitarias a “un rival duro” como é o Eibar. Os xogadores adestrados por David Monreal continuaron a súa dinámica de resultados sumando unha vitoria. Segundo explican desde o equipo, o Campus Universitario Ourense Coosur impúxose ao Eibar por 34-21, apuntándose ademais o bonus ofensivo. Pola súa banda, a categoría feminina do club comezou esta fin de semana a competición
Martes, 03 de outubro do 2017

O Edificio Xurídico-Empresarial acolleu a súa primeira sesión deste cuadrimestre

Os Martes Saudables chaman a atención sobre a importancia dunha correcta hidratación

Os postos desta iniciativa percorrerán os tres campus da Universidade ata o 12 de decembro


ImageBeber en intervalos regulares e antes de ter sede; tomar líquidos antes, durante e despois do exercicio; tomar uns dez vasos de auga ao día, entre 1,5 e 2 litros... Estas son algunhas das recomendacións sobre hidratación que os membros da comunidade universitaria poden coñecer este cuadrimestre cando se acheguen aos postos dos Martes Saudables. Este martes, esta iniciativa comezou no Edificio Xurídico-Empresarial do campus de Ourense o seu percorrido polos tres campus da Universidade de Vigo facendo fincapé, ademais de na saúde integral a través do deporte, a sexualidade e a alimentación, na importancia concreta da auga para o benestar persoal.
Luns, 02 de outubro do 2017

O equipo de rugby disputou a fin de semana a terceira xornada de liga

O Campus Universitario Ourense Coosur suma unha derrota contra o Crat A Coruña

O marcador final foi de 30-15


ImageEste sábado, no campo coruñés de Acea da Ama, o Campus Universitario Ourense Coosur disputou contra o Crat A Coruña a terceira xornada de liga da División de Honra B do rugby estatal. Os xogadores adestrados por David Monreal, que viñan de gañar o anterior partido contra o Real Oviedo, perderon por un resultado final de 30-15. O equipo coruñés, que levaba dúas derrotas consecutivas, impúxose nun derbi galego no que os ourensáns, a pesar do esforzo feito, non conseguiron remontar o marcador, que comezou na súa contra.
Venres, 29 de setembro do 2017

Este cuadrimestre amplíase a tres o número de sesións en Vigo

Os Martes Saudables arrancan o día 3 de outubro o seu percorrido polos tres campus

A hidratación será un dos temas sobre os que se informará á comunidade universitaria


ImageDesde que no curso 2010/2011 iniciou a súa andaina no campus de Ourense, a iniciativa dos Martes Saudables tense convertido nunha cita de referencia para a comunidade universitaria interesada en mellor os seus hábitos de vida. O vindeiro 3 de outubro arrancará unha nova edición desta actividade, cuxos postos informativos sobre deporte, sexualidade, alimentación e enfermaría volverán a percorrerán os tres campus da Universidade de Vigo. Como novidades este cuadrimestre, amplíase o número de sesións en centros de Vigo e dedicarase especial atención a informar sobre a hidratación e os seus beneficios para a saúde.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 526

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós