DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 27 de marzo do 2017

O equipo de xadrez mantén o liderado pese a empatar ante o Liceo Grupo Academia Postal

Julia Fortes e Vicente Pastoriza proclámanse campións galegos de orientación en carreira media

O kaleido Universidade de Vigo de Rugby perdeu en Durango e o equipo masculino de Tenis en Ourense


ImageJulia Fortes (F-21-A) e Vicente Pastoriza (M-35), do equipo de Orientación da Universidade de Vigo, proclamáronse esta fin de semana no concello ourensán de Parada do Sil campións galegos de Orientación en Carreira Media, dúas medallas de ouro, ás que o equipo vigués ten que sumar dúas medallas máis de prata,unha de bronce e dous meritorios quinto e sexto posto. Foi a nota positiva dunha fin de semana que, á excepción da orientación, non foi unha boa para o deporte universitario vigués, xa que nin o equipo de xadrez, nin de o rugby, nin o de tenis conseguiron acadar a vitoria nos seus respectivos enfrontamentos.
Martes, 21 de marzo do 2017

A iniciativa levouse a cabo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Un martes cheo de hábitos saudables no campus

As persoas asistentes realizaron probas médicas e obtiveron información sobre o seu IMC ou glucemia


Image Os Martes Saudables chegaron este martes 21 ao campus de Vigo. A comunidade universitaria puido achegarse á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para coñecer os hábitos de vida máis beneficiosos nos diferentes eidos, desde a saúde física ata a social. As e os interesados puideron informarse sobre sexualidade, desde os diferentes tipos de anticonceptivos ata a prevención de enfermidades de transmisión sexual; sobre alimentación, analizando a calidade da súa dieta e como mellorala, entre outras moitas cuestións. Os visitantes tamén puideron realizar probas médicas como a identificación do grupo sanguíneo e a medición da tensión.
Luns, 20 de marzo do 2017

Os de Pablo García obtiveron esta fin de semana a súa sétima vitoria consecutiva, fronte o Xaquedrum

O xadrez universitario segue contando encontros por vitorias

En tenis, o Campionato Galego comeza con vitoria feminina e dúas derrotas masculinas


ImageO Universidade de Vigo-EXP Xadrez: Estratexia pola Paz segue imparable. Esta fin de semana os universitarios volveron sumar unha nova vitoria e van xa sete, tantas como xornadas disputadas na Liga Galega. Os de Pablo García impuxéronse 1.5 a 4.5 ao ELX Xaquedrum e dan un paso máis cara o título autonómico. Por outra banda, o Campionato Galego de tenis arrancou esta fin de semana con diferente sorte para os tres equipos universitarios. Mentres as mulleres, que militan na categoría de prata, conseguiron a vitoria fronte o Salceda de Caselas por 5-0, os dous equipos masculinos caeron no arranque ligueiro.
Xoves, 16 de marzo do 2017

263 persoas participaron o curso pasada nas actividades deportivas

O paddlesurf súmase esta primavera á programación de Augaventura


Image Coa chegada da primavera volve Augaventura-Campus Mar Life, o programa de actividades deportivas acuáticas que a Área de Benestar, Saúde e Deporte e o Campus do Mar poñen en marcha cada outono e cada primavera dende hai seis anos, para ofrecer a todos os membros da comunidade universitaria a posibilidade de desenvolver e poñer en práctica as súas habilidades deportivas no medio mariño. A participación na iniciativa medra edición a edición coa introdución de novas actividades, de xeito que 263 persoas, 94 na edición de outono e 169 na convocatoria de primavera, foron as que se inscribiron en Augaventura o curso pasado.
Mércores, 15 de marzo do 2017

Os vigueses compiten en División de Prata masculina e feminina e Primeira División masculina

O equipo de tenis, disposto a manter os bos resultados que acadaron a pasada tempada

Os universitarios estrearon novas pistas de herba artificial


Image Este sábado 18 comeza o Campionato Galego de Tenis e os 35 membros que compoñen o club da Universidade están preparados para o xogo. Este ano os dous equipos masculinos estréanse en novas categorías xa que a tempada pasada lograron o ascenso, acadando así a División de Prata o masculino A e a Primeira División o masculino B. O equipo feminino, pola contra, mantense na categoría á que ascenderon na tempada anterior, División de Prata. Ata mediados de maio as 10 mulleres e os 25 homes que conforman os tres equipos disputarán a fase de liga, previa á fase eliminatoria na que se xogarán o ascenso ou o descenso.
Luns, 13 de marzo do 2017

O Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz conta os seus encontros por vitorias

Cara para o xadrez, cruz para o rugby

O Kaleido Universidade caeu ante o Burgos, líder invicto, por 5-45


ImageFin de semana de sorte dispar para os equipos deportivos do campus de Vigo nas diferentes especialidades. Mentres o Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz sumaba unha nova vitoria, e van seis consecutivas, que o consolidan como líder da Liga Galega, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club caía ante o líder invicto, o Burgos, por 5-45, e continúa na oitava praza da División de Honra B do rugby nacional pero coa permanencia na categoría xa asegurada matematicamente.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 694

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós