DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 08 de maio do 2017

Nos 1500 metros femininos e nos 100 metros masculinos, aos que hai que sumar unha prata e un bronce

Leticia Fernández e Adrián Pérez, ouros no Campionato de España Universitario de Atletismo

Nos CEU de baloncesto e balonmán, os equipos vigueses non superaron a fase de grupos


ImageO equipo de atletismo da Universidade de Vigo regresa este luns de Cartagena con varias medallas ao pescozo tras disputar o Campionato de España Universitario de Atletismo. En total catro metais: dous ouros, unha prata e un bronce. Os dous primeiros chanzos no podio viñeron da man de Leticia Fernández Barbosa, estudante da Escola Universitaria de Enfermaría no campus de Pontevedra e Adrián Pérez Souto, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. A primeira obtivo o outro nos 1500 metros lisos, na que foi a súa primeira participación nesta competición, mentres que Adrián Pérez foi a gran sorpresa da competición nos 100 metros nunha proba espectacular onde se impuxo, a pesar do vento en contra, a velocistas de fama estatal como Alberto Salcedo.
Mentres, nos CEU de baloncesto e balonmán, os equipos da Universidade de Vigo non superaron a fase de grupos.
Xoves, 04 de maio do 2017

A falta dunha xornada para rematar os encontros

O Kaleido Universidade de Vigo RC proclámase campión de liga nas categorías sub-16 e sub-18

O club valora como “excelentes” os resultados obtidos pola canteira


ImageO Kaleido Universidade de Vigo RC proclámase campión da Liga Galega nas categorías sub-18 e sub-16 a falta dunha xornada para rematar os encontros. O conxunto sub-18 alzouse co título de maneira matemática grazas á súa vitoria ante o CR Ferrol, logo de permanecer invictos durante toda a tempada, “algo que amosa o bo traballo realizado pola canteira”, segundo sinalan desde o club. Pola súa banda, os xogadores da categoría sub-16 derrotaron na última xornada ao Pontevedra RC cun resultado de 101-0, alzándose así co título de liga, e facendo valer o bonus defensivo logrado na súa recente visita ao CRAT de A Coruña.
Martes, 02 de maio do 2017

Esta fin de semana Vigo obtivo tamén a prata no Campionato Galego Universitario de Orientación

O UVigo EXP proclámase campión da Liga Galega de Xadrez

Tres equipos vigueses participan dende hoxe nos CEU de deportes colectivos en Murcia


ImageO equipo de xadrez universitario UVigo EXP-Xadrez Estratexia pola Paz proclamouse esta fin de semana campión da División de Honra da Liga Galega de xadrez. E fíxoo a pesar de caer fronte o Xadrez Ourense A por 2-4, xa que os vigueses precisaron tan só dous puntos ante un dos rivais máis duros da liga. Ademais, esta fin de semana o deporte universitario vigués acadou tamén outro éxito, a prata no Campionato Galego Universitario de Orientación. Por ourta banda, este martes arrancan en Murcia os Campionatos de España Universitarios de deportes colectivos, coa presenza de tres equipos vigueses: baloncesto feminino e masculino e balonmán masculino.
Luns, 24 de abril do 2017

Vigo mantense no podio do Campionato de España Universitario de Taekwondo

Noelia Lalín e Lydia Pérez converten á Universidade en Campioa de España en Loitas Olímpicas

En xadrez Rubén Fernández proclamouse Campión Galego Sub 12


ImageHabía grandes expectativas e os resultados non defraudaron a ninguén. A Universidade de Vigo proclamouse esta fin de semana en Murcia Campioa de España en Loitas Olímpicas en categoría feminina grazas aos ouros conseguidos por Noelia Lalín, en 75 kg, á prata de Lydia Pérez, en 63 kg. e ao quinto posto de Cristina Alves. Xunto a elas, completou o medalleiro pola Universidade de Vigo Pablo García cun ouro en 70 kg. Son exemplos dunha extraordinaria fin de semana para o deporte universitario vigués, que trouxo tamén consigo unha medalla de bronce na clasificación xeral do Campionato de España Universitario de Taekwondo.
Luns, 24 de abril do 2017

Máis de 650 persoas participaron nas diferentes modalidades da proba

Rubén Diz e Ester Navarrete impóñense na carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria

Recadáronse 642 euros para a Fundación Galega contra o Narcotráfico


ImageRubén Diz (00:31:41) e Ester Navarrete (00:35:05) proclamáronse este domingo gañadores da décimo primera edición da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, una das citas máis senlleiras co deporte na Universidade de Vigo. En total, máis de 650 deportistas déronse cita na carreira da felicidade nas diferentes categorías e modalidades. 469 optaron pola proba estrela, os 10 km, proba puntuable para o Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, mentres outras 61 optaron pola modalidade de iniciación de 6,6 km e outras 123 participaron na andaina. Na categoría xeral en modalidade masculina, e por detrás de Rubén Diz, foi segundo Gonzalo Bascocelos (00:31:55) e terceiro Ivan Roade (00:32:27). Na feminina, na que Navarrete gañou por segundo ano consecutivo, a segunda praza foi para Sandra Mosquera (00:37:04) e a terceira para Sofía Freaza (00:37:54), nos postos 29 e 36 na xeral, respectivamente. Na Clasificación Universitaria Galaico-Duriense a Universidade de Porto foi a gran triunfadora, acaparando os tres postos do podio
Mércores, 19 de abril do 2017

As probas de 6,6 km e de 10 km e a andaina terán lugar este 23 de abril na contorna do campus de Vigo

Comeza a conta atrás para a HappyGoRunning-Cidade Universitaria

A organización da “carreira da felicidade” agarda chegar á cifra de 700 inscritos de edicións anteriores


ImageEste domingo 23 de abril regresa ao campus a carreira da felicidade. A HappyGoRunning-Cidade Universitaria celebra a súa décimo primeira edición cun amplo programa tanto deportivo como de actividades paralelas. A Área de Benestar, Saúde e Deporte agarda que as cifras de inscritos e inscritas sexan similares ás de anos anteriores, con arredor de 700 deportistas entre as dúas modalidades da carreira e a andaina. Deste xeito, e cunha previsión meteorolóxica favorable, a contorna do campus permitirá a toda a cidadanía gozar dun feliz e diferente domingo. O prazo de inscrición para todas as modalidades permanece aberto ata as 23.59 horas de hoxe mércores.
Resultados 19 - 24 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós