DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 17 de abril do 2017

A competición disputouse esta fin de semana na serra madrileña

Un ouro e dúas pratas para a Universidade de Vigo no Campionato de España de Orientación

Ana Iglesias acadou un 1º e un 2º posto en distancia longa e curta, e Begoña Crespo foi subcampioa en curta


ImageO Campionato de España de Orientación, celebrado esta fin de semana nos municipios madrileños de Miraflores de la Sierra e Canencia, deixa bos resultados para o equipo universitario, cun ouro e dúas pratas nas categorías de veteranos. A corredora Ana Iglesias, que participou na categoría de veteranos A, rematou a carreira en primeira posición na modalidade de distancia longa, facéndose coa medalla de ouro, e logrou ademais unha prata na modalidade de distancia curta. Outra das compoñentes do conxunto vigués, Begoña Crespo, proclamouse subcampioa en distancia curta na categoría de veteranos B, sumando outra prata ao medalleiro universitario.
Venres, 07 de abril do 2017

As actividades no medio rural incorporan como novidade a modalidade derivada do esquí de fondo

O programa Delecer ponse en marcha... nórdica

Parapente e pontismo completan a oferta da Área de Benestar, Saúde e Deporte


Image Nacida na década de 1930 en Finlandia da man do equipo nacional de esquí nórdico dese país co obxectivo de adestrar en verán simulando a actividade de esquí que desenvolvían no inverno, a marcha nórdica ten experimentado nos últimos anos un incremento incesante no número de practicantes en todo o mundo. Os beneficios que esta actividade física achega á saúde, especialmente posturais e cardiovasculares e a posibilidade de adaptala a todas as persoas, contribúen a aumentar a súa popularidade, mesmo entre quen non practica deporte de xeito habitual.
Mércores, 05 de abril do 2017

O estudante da EE de Telecomunicación remato no segundo posto no 4º Trofeo da Liga Española

Brais Piñeiro: “Se che gusta correr, tes que probar a orientación e, se non, tamén”


ImageO segredo está na organización, esa é clave que segundo Brais Piñeiro permite compatibilizar deporte e estudos, e facelo dun xeito exitoso. O corredor e estudante de 3º de Enxeñaría de Telecomunicación acadou esta fin de semana o seu mellor resultado nunha competición absoluta ao proclamarse segundo no 4º Trofeo da Liga Española de Orientación e 3º Trofeo Ávila. Esta proba é unha das que conforman a liga nacional de orientación e os puntos e o estado de forma demostrado con este segundo posto é, como explica Brais Piñeiro, “un bo indicativo de cara ao que queda de temporada” que ademais lle permitiu escalar varias posicións na clasificación.
Luns, 03 de abril do 2017

O equipo de xadrez mantense líder da clasificación

O Kaleido Universidade de Vigo remata a liga oitavo tras impoñerse no derbi ao CRAT

No tenis o equipo A perdeu e o B obtivo a súa primeira vitoria ligueira


ImageO Kaleido Universidade de Vigo RC rematou a liga da División de Honra B en oitava posición tras impoñerse no derbi deste domingo ao CRAT A Coruña por 29-23. Os vigueses baixan así o pano desta temporada nun encontro que foi o número 100 para Adolfo Rodríguez 'Uru' e para Carlos López. En xadrez, e a só dúas semanas do final da liga, o Universidade de Vigo-Exp Xadrez: estratexia pola Paz mantén intactas as súas opcións de revalidar o título de campión galego ao gañar pola mínima ao Xadrez Bueu A, un dos pechacancelas da categoría. Ademais, en tenis este fin de semana, o equipo masculino B acadou a súa primeira vitoria, mentres o masculino A sumou a súa terceira derrota desta temporada.
Xoves, 30 de marzo do 2017

Conseguiron o pase os combinados de baloncesto masculino e feminino e balonmán masculino

A Universidade clasifica tres equipos para as finais dos Campionatos de España Universitarios de deportes colectivos

Únense a unha ampla representación viguesa nos CEU de deportes individuais


ImageA fase interzonal dos Campionatos de España Universitarios celebrada este mércores en Madrid deixa tres equipos da Universidade de Vigo clasificados para a fase final, que terá lugar en Murcia do 2 ao 5 de maio. A institución viguesa desprazou a esta fase previa a preto de 70 deportistas repartidos en cinco equipos: baloncesto masculino e feminino, balonmán masculino, fútbol 7 feminino e fútbol sala masculino. Tras os partidos celebrados ao longo do día de onte, os combinados vigueses masculino e feminino de baloncesto e masculino de balonmán teñen unha praza asegurada na final dos CEU 2017.
Luns, 27 de marzo do 2017

O equipo de xadrez mantén o liderado pese a empatar ante o Liceo Grupo Academia Postal

Julia Fortes e Vicente Pastoriza proclámanse campións galegos de orientación en carreira media

O kaleido Universidade de Vigo de Rugby perdeu en Durango e o equipo masculino de Tenis en Ourense


ImageJulia Fortes (F-21-A) e Vicente Pastoriza (M-35), do equipo de Orientación da Universidade de Vigo, proclamáronse esta fin de semana no concello ourensán de Parada do Sil campións galegos de Orientación en Carreira Media, dúas medallas de ouro, ás que o equipo vigués ten que sumar dúas medallas máis de prata,unha de bronce e dous meritorios quinto e sexto posto. Foi a nota positiva dunha fin de semana que, á excepción da orientación, non foi unha boa para o deporte universitario vigués, xa que nin o equipo de xadrez, nin de o rugby, nin o de tenis conseguiron acadar a vitoria nos seus respectivos enfrontamentos.
Resultados 25 - 30 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós