DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Martes, 21 de marzo do 2017

A iniciativa levouse a cabo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Un martes cheo de hábitos saudables no campus

As persoas asistentes realizaron probas médicas e obtiveron información sobre o seu IMC ou glucemia


Image Os Martes Saudables chegaron este martes 21 ao campus de Vigo. A comunidade universitaria puido achegarse á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para coñecer os hábitos de vida máis beneficiosos nos diferentes eidos, desde a saúde física ata a social. As e os interesados puideron informarse sobre sexualidade, desde os diferentes tipos de anticonceptivos ata a prevención de enfermidades de transmisión sexual; sobre alimentación, analizando a calidade da súa dieta e como mellorala, entre outras moitas cuestións. Os visitantes tamén puideron realizar probas médicas como a identificación do grupo sanguíneo e a medición da tensión.
Luns, 20 de marzo do 2017

Os de Pablo García obtiveron esta fin de semana a súa sétima vitoria consecutiva, fronte o Xaquedrum

O xadrez universitario segue contando encontros por vitorias

En tenis, o Campionato Galego comeza con vitoria feminina e dúas derrotas masculinas


ImageO Universidade de Vigo-EXP Xadrez: Estratexia pola Paz segue imparable. Esta fin de semana os universitarios volveron sumar unha nova vitoria e van xa sete, tantas como xornadas disputadas na Liga Galega. Os de Pablo García impuxéronse 1.5 a 4.5 ao ELX Xaquedrum e dan un paso máis cara o título autonómico. Por outra banda, o Campionato Galego de tenis arrancou esta fin de semana con diferente sorte para os tres equipos universitarios. Mentres as mulleres, que militan na categoría de prata, conseguiron a vitoria fronte o Salceda de Caselas por 5-0, os dous equipos masculinos caeron no arranque ligueiro.
Xoves, 16 de marzo do 2017

263 persoas participaron o curso pasada nas actividades deportivas

O paddlesurf súmase esta primavera á programación de Augaventura


Image Coa chegada da primavera volve Augaventura-Campus Mar Life, o programa de actividades deportivas acuáticas que a Área de Benestar, Saúde e Deporte e o Campus do Mar poñen en marcha cada outono e cada primavera dende hai seis anos, para ofrecer a todos os membros da comunidade universitaria a posibilidade de desenvolver e poñer en práctica as súas habilidades deportivas no medio mariño. A participación na iniciativa medra edición a edición coa introdución de novas actividades, de xeito que 263 persoas, 94 na edición de outono e 169 na convocatoria de primavera, foron as que se inscribiron en Augaventura o curso pasado.
Mércores, 15 de marzo do 2017

Os vigueses compiten en División de Prata masculina e feminina e Primeira División masculina

O equipo de tenis, disposto a manter os bos resultados que acadaron a pasada tempada

Os universitarios estrearon novas pistas de herba artificial


Image Este sábado 18 comeza o Campionato Galego de Tenis e os 35 membros que compoñen o club da Universidade están preparados para o xogo. Este ano os dous equipos masculinos estréanse en novas categorías xa que a tempada pasada lograron o ascenso, acadando así a División de Prata o masculino A e a Primeira División o masculino B. O equipo feminino, pola contra, mantense na categoría á que ascenderon na tempada anterior, División de Prata. Ata mediados de maio as 10 mulleres e os 25 homes que conforman os tres equipos disputarán a fase de liga, previa á fase eliminatoria na que se xogarán o ascenso ou o descenso.
Luns, 13 de marzo do 2017

O Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz conta os seus encontros por vitorias

Cara para o xadrez, cruz para o rugby

O Kaleido Universidade caeu ante o Burgos, líder invicto, por 5-45


ImageFin de semana de sorte dispar para os equipos deportivos do campus de Vigo nas diferentes especialidades. Mentres o Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz sumaba unha nova vitoria, e van seis consecutivas, que o consolidan como líder da Liga Galega, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club caía ante o líder invicto, o Burgos, por 5-45, e continúa na oitava praza da División de Honra B do rugby nacional pero coa permanencia na categoría xa asegurada matematicamente.
Luns, 06 de marzo do 2017

Pola súa banda, Pablo Vidal proclamouse subcampión galego Sub18

O Universidade de Vigo-EXP mantén o liderado da División de Honra tras vencer ao Círculo Ferrolano


Image O Universidade de Vigo-Estratexia Pola Paz non afrouxa e mantén o liderado da División de Honra do xadrez galego tras vencer a domicilio ao Círculo Ferrolano, subcampión as dúas últimas temporadas. Mentres, en Primeira División C, a Escola Deportiva Universitaria de Vigo perdía ante o Marcote A, converténdose en colista do grupo. Pola súa banda, Pablo Vidal proclamouse subcampión galego Sub18, tras acadar catro vitorias e catro empates no campionato celebrado en Viveiro, no que o tamén representante da Universidade de Vigo David García quedaba relegado á sexta posición.
Resultados 31 - 36 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós