DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 02 de marzo do 2017

Facilitarase a participación do alumnado en actividades de escalada, montañismo ou alpinismo

A Universidade e o Club Peña Trevinca colaborarán na promoción dos deportes de montaña

A entidade deportiva encargarase da organización da andaina da HappyGoRunning-Cidade Universitaria


ImageA Universidade de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia unirán esforzos e estratexias para promocionar os deportes de montaña entre a comunidade universitaria. Con este obxectivo acaban de asinar un convenio de colaboración no que ambas institucións se comprometen a traballar conxuntamente para que o estudantado e o profesorado teñan información directa e concreta das actividades que desenvolve o club, dentro e fora da comunidade autónoma, relacionadas co montañismo, o sendeirismo ou a escalada. Deste xeito, o club facilitará a súa participación sobre todo en aquelas actividades de montaña visitando distintas zonas da cordilleira cantábrica, Picos de Europa, Pirineos e outros parques nacionais.
Mércores, 01 de marzo do 2017

Do 6 ao 10 de marzo terán acceso de balde a clases de aquagym, hipopresivos, defensa persoal ou running

A Semana da Muller no Deporte tratará de incrementar a presenza feminina nos programas de actividade física

A iniciativa está impulsada por un alumno do programa formativo UTOP-Deporte e Liderado


ImageNo curso pasado nas ligas universitarias de deportes colectivos do campus de Vigo participaron un total de 1452 homes fronte a tan só 92 mulleres, un desequilibrio que se repite noutro tipo de actividades e que o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte trata de reverter. Unha das iniciativas postas en marcha para facelo é a I Semana da Muller no Deporte, unha programación de actividades dirixidas nas instalacións deportivas do campus de Vigo ás que as mulleres poderán acceder de balde entre o 6 e o 10 deste mes. Detrás desta iniciativa está Rubén Fernández Arcos, estudante de Enxeñaría Industrial na especialidade de Deseño e Fabricación. Mentres realiza o seu Proxecto Fin de Carreira forma parte do programa UTOP, unha iniciativa institucional de formación en deporte e liderado.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

A carreira terá unha modalidade xeral de 10 km e outra de iniciación de 6,6 km

O campus volverá ser unha festa do deporte coa celebración o 23 de abril da carreira HappyGoRunning

Paralelamente celebrarase a tradicional andaina para os que prefiran o sendeirismo


ImageO deporte vigués volve ter unha cita sinalada no almanaque universitario. O vindeiro 23 de abril o campus de Vigo volverá acoller un ano máis a festa do deporte coa celebración da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, unha proba que forma parte do Circuíto de Carreiras Populares RunRunVigo. A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade continúa así apostando por esta cita que cumpre xa 11 edicións. Para esta ocasión repetirase o esquema do pasado ano, con dúas distancias na carreira e unha modalidade de andaina.
Luns, 20 de febreiro do 2017

O vigueses impuxéronse na casa ao Bera Bera por 15 a 13

Kaleido Universidade de Vigo RC vence ao segundo clasificado e suma a segunda vitoria consecutiva

O equipo de xadrez tamén conseguiu imporse ao Círculo Chantadino, un dos aspirantes á coroa do xadrez galego


ImageTras a xornada de descanso da pasada fin de semana, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club volveu este sábado á senda da vitoria e fíxoo pola porta grande, impoñéndose ao segundo clasificado, o Bera Bera por 15-13. Os universitarios, que xogaban na casa, afrontaban o partido coas baixas de Carlos De Cabo por lesión e Álvaro Caride por motivos persoais, ademais da xa coñecida de Maka Tatafu, pero cargados de ilusión e optimismo. Ao igual ca no rugby, esta última xornada tamén deixou excelentes resultados para o Universidade de Vigo de Xadrez, que se afianza como líder da clasificación.
Luns, 13 de febreiro do 2017

O seu filial, o Escola Universitaria de Vigo, encadeou a súa terceira derrota consecutiva

O equipo de xadrez da Universidade mantén o primeiro posto da División de Honra

Na próxima xornada os universitarios mediranse ao Círculo Chantadino e os seus filiais ao Laroca Nigrán A


ImageBoa fin de semana para o equipo de xadrez Universidade de Vigo EXP Estratexia pola Paz, que consegue manterse como líder da División de Honra despois de gañar 2-4 en Santiago de Compostela ao Algalia A. Ségueno de preto os dous equipos que máis incorporcións realizaron esta tempada: o Xadrez Ourense, a tan só medio punto, e o Círculo Chantadino, a dous puntos. Distinta sorte correu o filial Escola Universitaria de Vigo que encadea a súa terceira derrota consecutiva e segue en postos de descenso directo.
Venres, 10 de febreiro do 2017

‘Cross training’, abdominais ‘express’ e ‘circuit training’ son parte das actividades que cobren a lista

Actividades dirixidas e gratuítas completan a oferta deportiva da Universidade de Vigo

Tamén está á disposición da comunidade universitaria o programa ‘Ponte en Forma’


ImageNas vésperas de ano novo é común facer unha lista de propósitos entre ás que se inclúe a práctica de exercicio físico para mellorar a calidade de vida e a forma física. Sen embargo, por uns motivos ou outros, non todo o mundo é capaz de seguir a rutina, xa sexa pola falta de disciplina, de continuidade, de asesoramento ou polo aburrimento de facer exercicio só. Por iso, para axudar ás persoas na práctica física, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo ofrece de maneira gratuíta unha serie de actividades dirixidas polos técnicos deportivos da sala cardio fitness.
Resultados 37 - 42 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós