DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 09 de febreiro do 2017

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto UTOP-Deporte e Liderado

O I Orienta-Campus aposta pola promoción do deporte de orientación entre a comunidade universitaria

En dous grupos, un de mañá e outro de tarde, realizaron unha carreira de iniciación


ImageO proxecto UTOP-Deporte e Liderado estreouse este curso impulsado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte coa finalidade de formar aos estudantes en competencias transversais como liderado, planificación, xestión da información, comunicación, emprendemento ou responsabilidade social, calidades todas elas cada vez máis valoradas polas empresas á hora de recrutar persoal. Dentro do programa formativo, cada un alumnos e alumnas participantes debe desenvolver un proxecto propio ao longo dos novos meses que pasan na Área de Benestar, Saúde e Deporte. O I Orienta-Campus é froito do traballo de Ángel Soto, estudante de Enxeñería Industrial.
Luns, 06 de febreiro do 2017

O equipo vigués é oitavo na clasificación con 36 puntos

O Kaleido Universidade rompe coa mala racha e gaña ao Real Oviedo Rugby por 27-5

O Xadrez Universidade de Vigo vence con facilidade ao CFX Viaxes Interrías


Image Boa fin de semana para os xogadores do Kaleido Universidade de Vigo que despois da mala racha na que encadeou seis derrotas consecutivas, venceron ao Real Oviedo Rugby, rival directo na liga, por 27 a 5. Este resultado permítelle ao equipo de Maxwell sumar 36 puntos, 10 máis que o noveno clasificado, o AVIA Eibar Rugby. Os xogadores chegaron ao campo cos ánimos altos aínda que Norman Maxwell vaticinaba un partido duro, non só pola climatoloxía, e que gañarían grazas aos pequenos detalles. A vitoria comezouse a cimentar dende primeira patada. Iniciouse o encontro co vento e choiva en contra, sabendo que o poderían usar a favor na segunda parte.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

Os futbolistas doaron camisetas firmadas dos seus equipos e da selección española

Iago Aspas e Denis Suárez colaboran co Vigo Rugby Club para financiar unha xira por Irlanda dos seus xogadores

A idea é desprazar a Dublín a 150 persoas, desde sub-10 a seniors, masculino e feminino


ImageSe na tempada pasada cinco xogadores do Kaleido Universidade de Vigo de Rugby viaxaron a Nova Zelanda a formarse alí durante dous meses, este ano o obxectivo é desprazar a Irlanda a 150 xogadores dos diferentes equipos do Vigo Rugby Club. Será a última semana de xuño, unha vez rematada a tempada deportiva e o curso escolar, e as actividades para recadar fondos arrancaron xa, un camiño nada doado no que están a atopar a colaboración de moitas persoas, entre eles, os futbolistas Iago Aspas, do Real Club Celta, e o canterano Denis Suárez, actual xogador do Barça, que doaron camisetas asinadas dos seus equipos, e da seleción española.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

O proxecto Active Campus Europe foi seleccionado na convocatoria Erasmus+

Bota a andar unha rede europea de universidades para fomentar os estilos de vida saudables e o deporte nos campus

Vigo é unha das 16 institucións académicas de sete países que conforman este consorcio


ImageXornadas completas nunha aula, horas de estudo na biblioteca ou fronte ao ordenador e hábitos de lecer tamén sedentarios, como a Tv ou os videoxogos. Ao final do día, son moitas as horas de inactividade física que sofre a comunidade universitaria. Esta falta de movemento pode afectar moi seriamente á saúde e, de feito, enquisas e estatísticas amosan que preto da metade da poboación non practica habitualmente ningún deporte. Neste contexto, os servizos de deportes das universidades europeas apostaron por tecer unha rede que axude a mudar esta situación e puxeron en marcha o proxecto ACE (Active Campus Europe), iniciativa seleccionada na convocatoria Erasmus+, que está coordinada pola RWTH Aachen University e da que forma parte a Universidade de Vigo.
Luns, 30 de xaneiro do 2017

O equipo vigués caeu por 43-22 ante o Uribealdea RKE en Mungia

Un punto na derradeira xogada e unha nova derrota para o Kaleido Universidade de Vigo

Pola súa banda, o Universidade de Vigo de xadrez convértese no primeiro líder da liga galega


ImageUn punto bonus ofensivo acadado na derradeira xornada foi o premio acadado polo Kaleido Universidade de Vigo en Mungia, onde foi derrotado polo Uribealdea RKE por 43 a 22. A dificultade de superar na súa casa ao cuarto clasificado da División de Honra B quedou clara nada máis comezar o partido, que o rival iniciou cun home menos tras recibir unha tarxeta amarela na súa apertura no minuto 1. Despois que o marcador acadase un 17-0, Carlos de Cabo conseguiu posar en zona de marca dos locais no minuto 28, pero Uribealdea volveu acadar dous novos ensaios nos minutos 33 e 40, situando o marcador en 29-5 e acadando os catro ensaios que lle daban o bonus ofensivo.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

O Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club conta xa cunha canteira de 120 xogadores

O éxito das categorías inferiores garante a base do rugby vigués

Os equipos potencian o compañeirismo a través do reto ‘Elven’


ImageAs categorías inferiores do Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club atópanse nun bo momento de forma, xa que a canteira medra pouco a pouco grazas á repercusión mediática que está acadando o rugby nos últimos tempos, e a que ”é un deporte que engancha”, como asegura Luis Rodríguez, director da Escola do Club. Actualmente estes equipos están compostos por 120 rapaces e rapazas, e o número increméntase de xeito progresivo, “no que á cidade olívica se refire, goza de boa saúde”, explica o director. Deste máis dun cento, 50 nenos e nenas de 6 a 12 anos, forman parte da Escola e os outros 70 intégranse na Academia.
Resultados 43 - 48 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós