DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 12 de decembro do 2016

Os vigueses non foron quen de sumar en Acea da Ma fronte a CRAT

O Kaleido Universidade remata a primeira volta no sétimo posto da División de Honra B

A segunda volta comezará cun novo derbi fronte ao Campus Universitario Ourense Coosur


Image Finalizou a primeira volta da competición da División de Honra B e o Kaleido Universidade de Vigo remata o primeiro tramo la liga situado no sétimo posto, con cinco partidos gañados, seis perdidos e ningún empatado. Nas 11 primeiras xornadas da competición o equipo de Maxwell sumou 26 puntos, os mesmos que o Campus Universitario Ourense Coosur, que ocupa o oitavo posto da clasificación, que pecha o Universitario Bilbao Rugby que suma un punto e que encabeza o UBU- Colina Clinic que con 11 vitorias atesoura 51 puntos. A segunda volta comezará a vindeira fin de semana co partido que enfrontará ao Campus Universitario Ourense Coosur do Kaleido Universidade de Vigo en Ourense.
Luns, 05 de decembro do 2016

Os vigueses derrotaron aos vascos por 17-12

O Kaleido Universidade de Vigo vence ao Durango nun partido trabado e cheo de erros


Image O Kaleido Universidade de Vigo mantense na sexta posición e abre oco cos equipos de abaixo, trala vitoria acada nas últimas horas na casa ante o Durango Nisaan Gaursa RT. Nun partido no que escaseou o bo xogo e sobraron os erros, o Kaleido impúxose no marcador por 17-12 ao conxunto vasco no encontro correspondente á décima xornada da División de Honra. O encontro comezou co equipo vigués forte en defensa, pero impreciso en ataque, algo que o Durango non soubo aproveitar salvo no minuto 33 cando se puxo por diante no marcador, grazas a un golpe de castigo.
Luns, 28 de novembro do 2016

Trala derrota, os vigueses sitúanse en sexta posición na División de Honra B

O Kaleido Universidade de Vigo perde fronte ao Ubu Colina Clinic por 29-14

Os equipos de sub16 e sub14 gañaron con boa vantaxe


Image Esta fin de semana o Kaleido Universidade de Vigo RC trasladouse a San Amaro, en Burgos, para enfrontarse ao Ubu Colina Clinic, actual líder na División de Honra B que suma xa nove vitorias nas nove xornadas disputadas. Despois dunha primeira parte na que se foron ao descanso a 12-0, os vigueses tentaron cambiar o marcador na segunda parte sen conseguir pasar dos 14 puntos fronte aos 29 do rival. O partido foi complicado para os vigueses xa que non levaban demasiados reforzos para facer cambios durante o xogo e só un xogador, Víctor Moral, saíu na segunda parte para substituír a Maka Tatafu, que xogou con problemas físicos no ombreiro.
Mércores, 23 de novembro do 2016

Competiron 28 estudantes da Universidade nas disciplinas de voleibol, balonmán e escalada

Vigo logra a vitoria en balonmán e o terceiro posto xeral nos Xogos Galaico-Durienses

Na cita participaron 240 persoas entre deportistas, adestradores e técnicos


Image 28 estudantes da Universidade de Vigo, acompañados por tres adestradores e tres técnicos, competiron na trixésima edición dos Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses. A cita rematou onte, martes 22, despois de dous días de probas deportivas nas que participaron 240 persoas entre deportistas e técnicos das tres universidades públicas de Galicia (Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña) e das tres do norte de Portugal (Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho e Porto). Desta volta, a convocatoria organizouna a Universidade do Minho os días 21 e 22 na cidade portuguesa de Braga coas disciplinas de voleibol, balonmán e escalada.
Xoves, 17 de novembro do 2016

Xogadores e afeccionados disporán dunha aula na EEI en Torrecedeira para adestrarse e formarse

O Universidade de Xadrez afronta a tempada co obxectivo de volver a Primeira División

Prodúcense novas incorporacións técnicas para afrontar o novo período


ImageO Universidade de Xadrez foi durante cinco anos un dos mellores equipos da Liga Nacional, a pesar da súas limitacións orzamentarias. Pero en agosto deste ano, nunha xornada disputada en Linares, descendía a Segunda Nacional. O seu capitán, Pablo García asegura que esta baixada de categoría “foi unha suma de varios factores, entre eles a baixa de tres mestres internacionais”, pero aínda así asegura sentirse orgulloso de ter estado nunha división tan alta durante varios anos consecutivos. “A motivación e capacidade do equipo, mantívoo sempre entre o mellor do xadrez nacional, pero nestes intres, o xadrez galego queda sen representación na elite española”, lamenta García.
Martes, 15 de novembro do 2016

As análises de sangue e o control de peso, entre as probas que espertaron máis interese entre o alumnado

Hoxe foi un 'Martes Saudable' na Escola de Enxeñería Industrial

A proposta volverá ao campus vigués no segundo cuadrimestre


Image Ao longo da mañá de hoxe, un grupo integrado por unha enfermeira, unha nutricionista, unha educadora social e unha profesional do deporte, estiveron presentes na Escola de Enxeñería Industrial do campus ao abeiro da iniciativa Martes Saudables que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. A proposta ten como obxectivo informar ao alumnado sobre hábitos de vida saudables, ofrecer pautas de sexualidade e consumo de drogas, e concienciar sobre a necesidade de practicar exercicio. O estudantado amosouse bastante interesado en saber cal é o seu grupo sanguíneo, medir a presión arterial e facer un control de peso.
Resultados 55 - 60 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós