DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 08 de outubro do 2007

As Escolas Deportivas presentan unha oferta ampla e vangardista

O período de inscrición está aberto ata o vindeiro 19 de outubro


Image Un ano máis o Servizo de Deportes presenta o programa de Escolas Deportivas para este curso 2007-2008. Cunha ampla oferta de modalidades deportivas nos tres campus esta iniciativa reúne cada ano a máis de 2000 usuarios da comunidade universitaria. Entre a oferta inclúense modalidades innovadoras como muay-thay boran, fitgym, fitball-pilates ou bailes latinos ademais de deportes clásicos como natación ou aeróbic.
Xoves, 04 de outubro do 2007

Unidos polo fútbol

O servizo de deportes mediuse á prensa local

ImageAs instalacións deportivas do campus de Vigo foron testemuña do partido que enfrontou ao Servizo de Deportes cun improvisado conxunto composto por xornalistas de diferentes medios locais.
O evento, que conta con esta a súa segunda edición, naceu co obxectivo de converterse nun punto de encontro entre membros da Universidade e profesionais dos medios de comunicación.
Venres, 28 de setembro do 2007

Para os campus de Pontevedra e Vigo

O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición nas Ligas Universitarias 2007-08

Coa novidade da Bolsa de Xogadores para os que non teñen equipo

Image O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición nas Ligas Universitarias 2007/08 para os campus de Pontevedra e Vigo. Tanto en categoría feminina como masculina, os campionatos comprenderan as modalidades de baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol 7, rugby 7 e voleibol. Como gran novidade neste curso estréase a Bolsa de Xogadores, para que os deportistas poidan inscribirse de xeito individual.
<< Inicio < Ant. 121 Seg. > Remate >>
Resultados 721 - 723 de 723

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós