DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 13 de setembro do 2017

A Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego 'Cómaros' publica un novo número

Casares e Curros, entre a lembranza e a historia

O docente de Ciencias da Educación David Casado é un dos seus directores


ImageCasares e Curros, entre a lembranza e a historia. Con este título preséntanse un novo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego Cómaros. A publicación, de carácter electrónico e potenciada desde a Universidade de Vigo, amplía os seus contidos abrindo sendas seccións dedicadas aos escritores e escritoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, neste 2017 Carlos Casares, e á recuperación de textos relevantes na historia do pensamento galego. A dirección de Cómaros corre a cargo de David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense.
Xoves, 20 de xullo do 2017

Nun documento elaborado por Xaquín Álvarez e Marta Oviedo

A Rede Localis chama a atención sobre os problemas orzamentarios das entidades locais

Propoñen catro liñas de actuación para a mellora económica dos concellos


ImageA Rede Localis, xestionada desde o Grupo de Investigación Gen (Governance and Economics Research Network) da Universidade de Vigo, presentou este xoves un novo documento de análise, titulado Os problemas orzamentarios das entidades locais: ingresos e gastos. Elaborado por Xaquín Álvarez e Marta Oviedo, nel abórdanse “catro dos grandes problemas orzamentarios das entidades locais e as súas posibles liñas de mellora: financiamento, estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e estrutura orzamentaria ríxida”.
Mércores, 28 de xuño do 2017

Na actualidade estuda cuarto curso do Grao en Xeografía e Historia

O alumno Álex Garrido publica a novela 'Mafia: venganza en Chicago'

Na presentación o autor destacou o “dinamismo” e a “fácil lectura” da súa primeira obra literaria


ImageUn inspector do Departamento de Homicidios da Policía de Chicago -alcólico, mullereiro e perseguido pola morte do seu mellor amigo e compañeiro- enfróntase á posición idealista e positiva da súa compañeira que se acaba de licenciar, imposta polos altos cargos da Xefatura de Policía. Mentres tanto, a aparición do cadáver dun irlandés coa cara cortada sacará á luz unha guerra entre dúas faccións cuxo choque parece non beneficiar a ninguén, pero si ameaza a relativa tranquilidade da Cidade do Vento. Con este argumento presentouse este mércores no campus de Ourense Mafia: venganza en Chicago, unha novela de Álex Garrido, alumno de Historia.
Xoves, 08 de xuño do 2017

A entidade vén de facer público os datos do barómetro Baexga do primeiro trimestre

O Foro Económico destaca "a excelencia exportadora" de Galicia

Na metade dos indicadores iguala os datos do conxunto do estado


ImageO Barómetro Exportador de Galicia (Baexga) para o primeiro trimestre do ano “pon de manifesto que Galicia acompaña ao conxunto da economía española no seu excelente desempeño exportador, tanto en volume exportado como en incorporación de novas empresas exportadoras”. O Foro Económico de Galicia, liderado desde o campus de Ourense polo grupo de investigación Gen, Governance and Economics Research Network, vén de facer público os últimos datos do barómetro, que realizan investigadores da entidade.
Venres, 02 de xuño do 2017

Con esta publicación Manuel Isorna quere contrarrestar a desinformación arredor desta droga

Un manual afonda nos efectos, riscos e beneficios terapéuticos do consumo de cánnabis

A marihuana é a substancia psicoactiva máis popular no mundo


ImageUnha publicación que quere ofrecer información sistemática e sinxela sobre o cánnabis, desde a súa historia e características ata os seus efectos e a prevención do seu consumo. Con este obxectivo, Manuel Isorna, profesor na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, vén de publicar o manual Cánnabis: efectos, riscos e beneficios terapéuticos. A través de 256 páxinas, este doutor en psicoloxía intenta “tocar todos os temas” relacionados coa droga máis consumida no mundo coa finaliade de contribuír a contrarrestar “a gran desinformación que hai creada ao seu redor”.
Luns, 15 de maio do 2017

A obra está editada pola Real Academia Galega de Belas Artes

Unha monografía afonda na faciana artística de Castelao

María Victoria Carballo-Calero, Diana Vilas e Valeriano Bozal asinan os textos


ImageNo ano 2015, a Real Academia Galega de Belas Artes fixou que cada 1 de abril se celebraría o Día das Artes Galegas, escollendo cada ano unha figura relevante da historia das artes en Galicia para homenaxear. Deste xeito, 2016 foi declarado pola entidade como o Ano Castelao, levando a cabo unha serie de iniciativas que tiveron como obxectivo difundir a obra do creador galego. Unha publicación, na que participan de xeito destacado María Victoria Carballo-Calero, catedrática emérita de Historia Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, e Diana Vilas, investigadora desta mesma universidade, vén de saír do prelo.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 135

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós