DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 10 de xullo do 2017

Universidade e Xunta asinaron a financiación dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday

Campus do Mar comeza a tomar corpo na ETEA

O executivo investirá a 250.00 euros para iniciar o desenvolvemento da sede institucional do campus


Image A instalación da sede institucional da Campus do Mar no edificio Faraday da Escuela de Transmisones y Electricidad de la Armada, ETEA, no barrio vigués de Teis, está un pouco máis cerca de se converter nunha realidade trala sinatura este mediodía, entre a Universidade de Vigo e as consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Educación Universitaria, de dous convenios para o financiamento dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday. 243.000 euros é importe que a Xunta de Galicia destinará este ano ao inicio da rehabilitación do inmoble, que inclúe o proxecto sectorial, o estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción do proxecto básico de execución, así como a redacción do prego de prescricións técnicas para a rehabilitación do inmoble.
Venres, 07 de xullo do 2017

As seis iniciativas con maior potencial recibiron no Concello as chaves simbólicas dos espazos que ocuparán

Os proxectos gañadores do programa Empreamar comezan a fase de preincubación en Moaña

Comezarán a desenvolver o seu traballo no patronato Beiramar ata febreiro de 2018


ImageO programa de emprendemento mariño e marítimo Empreamar, impulsado polo Campus do Mar e o Concello de Moaña, iniciou este xoves a súa cuarta e derradeira fase, a de preincubación dos seis proxectos seleccionados, tras rematar as fases formativas previas. O acto simbólico de entrega de chaves tivo lugar onte no salón de plenos do Concello e nel estiveron presentes Emilio Fernández, director do Campus do Mar e a alcaldesa Leticia Santos. Esta iniciativa, que conta co financiamento do Grupo de Acción de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, arrancou en marzo buscando persoas emprendedoras locais, maioritariamente desempregadas, do sector da pesca e do mar, que tivesen unha idea ou proposta para converter en negocio.
Xoves, 06 de xullo do 2017

Tras a reunión mantida este xoves entre os reitores Salustiano Mato e Alba Pérez Chilavet

Vigo explora novas vías de cooperación coa universidade arxentina Gastón Dachary

Levan preto de dúas décadas colaborando en docencia, investigación e transferencia


ImageO reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, recibiu este xoves a visita de Alba Pérez Chilavet, a súa homóloga na universidade arxentina de Gastón Dachary, ,centro universitario privado co que a universidade viguesa leva xa preto de 20 anos de colaboración. A idea deste encontro, segundo recalcaron ambos reitores, é explorar novas vías de cooperación, sobre todo no ámbito do Dereito, xa que ata o de agora a colaboración mantívose sobre todo en cuestións relacionadas cos sectores empresarial e tecnolóxico, e facilitar tamén a mobilidade de estudantes entre ambas institucións.
Luns, 03 de xullo do 2017

E o tema central da VI International Staff Training Week, que se prolongará ata o venres

Especialistas de toda Europa debaten en Vigo os principais retos dos programas universitarios para maiores

Na xuntanza presentaranse os principais resultados do proxecto europeo KIPAM


ImageCinco días completos para afondar nos principais retos dos programas universitarios de formación para maiores de 50 anos. Este é o principal obxectivo co que esta mañá arrancou en Vigo a VI International Staff Training Week, un encontro no que participan 31 expertas e expertos chegados de distintos países de Europa e Cabo Verde, “un colectivo totalmente multidisciplinar pero co interese común do ensino universitario das persoas que superan os 50 anos”, explicou na apertura do encontro o profesor Miguel Ángel Nombela, coordinador xeral do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo, que exerceu como anfitrión.
Venres, 23 de xuño do 2017

A súa candidatura obtivo 99 votos fronte aos 74 da encabezada por José Carlos Prado

A EE Industrial aposta pola continuidade e elixe a Juan E. Pardo como novo director

O centro inicia unha nova etapa na que se buscará fortalecer a participación dos diferentes sectores da escola


ImageO resultado das eleccións á dirección da Escola de Enxeñería Industrial deixan un resultado claro á prol dun proxecto de continuidade. O ata agora subdirector Juan E. Pardo acadou 99 votos fronte aos 74 do outro candidato, o catedrático José Carlos Prado, que obtivo 74. A votación en Xunta de Escola completouse cun voto nulo e 11 en branco, emitíndose así un total de 185 votos. Pardo, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Márketing e responsable do grupo de investigación OSIG (Organización, Sostenibilidad, Innovación y Gestión) amosouse moi agradecido polo apoio obtido e recoñeceu que “é unha honra ter sido elixido como director do centro no que comecei os meus estudos”.
Mércores, 21 de xuño do 2017

Gañaron tres alumnas de centros de Rianxo, Vigo e Tui

A Universidade premia os mellores traballos de lingua e literatura galega feitos nos institutos

A iniciativa está impulsada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, a ANL e Edicións Xerais


ImageLanzáronse a comezos de ano para pór en valor o traballo feito nos institutos en lingua e literatura galega e xa están a dar os seus primeiros froitos: un traballo sobre a onomástica de Rianxo e dous relatos curtos cos que amosar os primeiros xermolos dunha creatividade que comeza a agromar. A Universidade de Vigo entregou este mércores o I Premio de investigación lingüística e etnográfica sobre lingua e culturas galegas Marcosende a Fátima Ordóñez, de Rianxo, e o I Premio de Creación Literaria Galega Cumieira das Cantigas 2017 a Laura Isasi, de Vigo (1º premio) e a Andrea Taboada, de Tui (2ºpremio).
Resultados 13 - 18 de 1424

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós