DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 27 de setembro do 2007

Dirixida polo profesor Jose Manuel García Vázquez

A cátedra Eurorrexión afondará na relación entre Galicia e o norte de Portugal


ImageCoa finalidade de dar unha resposta social e instutucional ás relacións que manteñen Galicia e o norte de Portugal, a Universidade de Vigo e Caixanova crean unha nova cátedra que estará arroupada por un conxunto de actividades orientadas a incrementar os vínculos que existen na eurorrexión.
Precisamente o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, referiuse a eurorrexión como “unha realidade que vai máis alá dos factores institucionais”, e aportou datos relevantes como que o 50% do tránsito de vehículos lixeiros e o 30% do de mercadorías entre España e Portugal, prodúcese na área xeográfica formada por Galicia e o norte de Portugal. Asemade, confirmou Gago, “Galicia é o mellor cliente rexional de Portugal do que importa 2.000 millóns de euros de mercadorías, mentres que o país veciño importa de Galicia un 15% de todas as nosas exportacións”.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Poden consultarse millón e medio de ofertas

O autobús Eures visita o campus para informar aos estudantes sobre emprego en Europa

ImagePreto de un millón e medio de oportunidades de emprego para toda Europa. Está é a oferta coa que se atopan as persoas que estes días visitan o “Eures Tour”, un autobús da Consellería de Traballo que este mércores se achegou ao campus de Vigo a modo de oficina itinerante para informar aos estudantes das oportunidades de emprego máis aló das nosas fronteiras.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Acto de benvida aos novos alumnos

A directora Xeral de Transportes da Xunta da Galicia inaugurou o curso na Escola Universitaria de Estudos Empresariais

ImageA E U de Estudos Empresariais acolleu o acto de recepción e benvida aos novos alumnos que comezaban este ano a súa carreira. A directora xeral de Transportes da Xunta de Galicia, Mar Chao López, foi a encargada de impartir a lección inaugural e de achegalos ao mundo laboral. No seu relatorio, Chao analizou diversos conceptos que, como ela mesma sinalou, “estudaredes máis detalladamente ao longo destes anos e empregaredes constantemente na vosa vida profesional”.
Martes, 25 de setembro do 2007

Declaracións do Secretario de Estado de Universidades no DUVI

“A énfase hai que poñela na calidade, na diversificación da oferta e a súa ampliación cara a fora”. Miguel Angel Quintanilla, Secretario de Estado de Universidades


ImageO Secretario de Estado de Universidades e Investigación tivo ocasión de coñecer, hai uns días, o campus de Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Invitado polo Reitor, Alberto Gago, Miguel Angel Quintanilla, falou, ante unha ampla representación da comunidade universitaria, sobre o proceso de reforma do sistema universitario e da política científica do goberno.
Ano e medio despois da súa toma posesión, o Secretario de Estado de Universidades, analiza nunha entrevista concedida ao DUVI, cuestións básicas para o futuro da universidade como a reforma da LOU, a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior ou a evolución da ciencia e a investigación.
Quintanilla explica, tamén, nas seguintes liñas, a polémica xurdida o pasado verán despois que afirmase que “ser un gorrón ten sido moi rendible na universidade”, e da “grata sorpresa” que lle causou a súa visita ao campus vigués.
Martes, 25 de setembro do 2007

Así é o novo Diario Dixital da UVigo

Novo DUVI. Renovación interna e externa

ImageCoa finalidade de mellorar o servizo que presta tanto á comunidade universitaria, como aos medios de comunicación, preséntase a partir de hoxe unha renovada versión do Diario da Universidade de Vigo.
Desde o nacemento do DUVI, no ano 2000, ata a actualidade producíronse cambios que esixen unha reformulación non só visual, senón tamén na distribución e variedade de contidos, así como a súa funcionalidade de aí que unha das súas principais novidades sexa a publicación inmediata da información. Da portada estática de edicións precedentes, o novo DUVI opta por un estilo dinámico, máis propio do xornalismo electrónico fronte aos xornais tradicionais.
Por outra banda e coa finalidade de reflectir a súa puxante autonomía, a publicación estrutúrase a partir dos distintos campus, Ourense, Vigo e Pontevedra que pasan a ter seccións independentes que permiten coñecer todas as noticias referidas a cada un dos campus.

Martes, 25 de setembro do 2007

Benvida aos alumnos

Futuro laboral máis ca positivo para os enxeñeiros de Telecomunicación


ImageA crise das TIC comeza a remontarse e o futuro laboral para os estudantes da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación pinta máis que positivo. Esta foi a mensaxe principal que o director da escola, José María Pousada, quixo transmitir no acto de acollida aos alumnos de primeiro e lección inaugural. Os estudantes tiveron a oportunidade de escoitar neste acto un par de consellos da man do profesor Sigfredo Pagel, que este ano se xubila tras máis de corenta anos impartindo docencia.

<< Inicio < Ant. 221 222 223 224 225 226 227 228 Seg. > Remate >>
Resultados 1363 - 1368 de 1368

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós