DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 04 de outubro do 2007

Un "baño de xuventude" nunha graduación atípica

Obtiveron o título 36 alumnos


ImageAcompañados por fillos e netos, os estudantes do Programa para Maiores da Universidade recibiron a metopa que os identifica como egresados. Un total de 36 alumnos finalizaron os dous ciclos do que consta o programa
Mércores, 03 de outubro do 2007

A negociación colectiva como xermolo da igualdade real

O catedrático Jaime Cabeza organiza unhas xornadas que se desenvolven no MARCO


Image As xornadas sobre Negociación Colectiva e Igualdade, que neste días teñen lugar no MARCO, supoñen un posibilidade de debate e reflexión sobre os recentes cambios na lexislación neste ámbito. Esta iniciativa, organizada pola Universidade de Vigo, membro da Agrupación de Desenvolvemento do Proxecto Conta con Elas, reúne en Vigo a expertos e especialistas en diversos campos relacionados coa lexislación sobre a igualdade.
Xoves, 27 de setembro do 2007

Dirixida polo profesor Jose Manuel García Vázquez

A cátedra Eurorrexión afondará na relación entre Galicia e o norte de Portugal


ImageCoa finalidade de dar unha resposta social e instutucional ás relacións que manteñen Galicia e o norte de Portugal, a Universidade de Vigo e Caixanova crean unha nova cátedra que estará arroupada por un conxunto de actividades orientadas a incrementar os vínculos que existen na eurorrexión.
Precisamente o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, referiuse a eurorrexión como “unha realidade que vai máis alá dos factores institucionais”, e aportou datos relevantes como que o 50% do tránsito de vehículos lixeiros e o 30% do de mercadorías entre España e Portugal, prodúcese na área xeográfica formada por Galicia e o norte de Portugal. Asemade, confirmou Gago, “Galicia é o mellor cliente rexional de Portugal do que importa 2.000 millóns de euros de mercadorías, mentres que o país veciño importa de Galicia un 15% de todas as nosas exportacións”.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Poden consultarse millón e medio de ofertas

O autobús Eures visita o campus para informar aos estudantes sobre emprego en Europa

ImagePreto de un millón e medio de oportunidades de emprego para toda Europa. Está é a oferta coa que se atopan as persoas que estes días visitan o “Eures Tour”, un autobús da Consellería de Traballo que este mércores se achegou ao campus de Vigo a modo de oficina itinerante para informar aos estudantes das oportunidades de emprego máis aló das nosas fronteiras.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Acto de benvida aos novos alumnos

A directora Xeral de Transportes da Xunta da Galicia inaugurou o curso na Escola Universitaria de Estudos Empresariais

ImageA E U de Estudos Empresariais acolleu o acto de recepción e benvida aos novos alumnos que comezaban este ano a súa carreira. A directora xeral de Transportes da Xunta de Galicia, Mar Chao López, foi a encargada de impartir a lección inaugural e de achegalos ao mundo laboral. No seu relatorio, Chao analizou diversos conceptos que, como ela mesma sinalou, “estudaredes máis detalladamente ao longo destes anos e empregaredes constantemente na vosa vida profesional”.
Martes, 25 de setembro do 2007

Declaracións do Secretario de Estado de Universidades no DUVI

“A énfase hai que poñela na calidade, na diversificación da oferta e a súa ampliación cara a fora”. Miguel Angel Quintanilla, Secretario de Estado de Universidades


ImageO Secretario de Estado de Universidades e Investigación tivo ocasión de coñecer, hai uns días, o campus de Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Invitado polo Reitor, Alberto Gago, Miguel Angel Quintanilla, falou, ante unha ampla representación da comunidade universitaria, sobre o proceso de reforma do sistema universitario e da política científica do goberno.
Ano e medio despois da súa toma posesión, o Secretario de Estado de Universidades, analiza nunha entrevista concedida ao DUVI, cuestións básicas para o futuro da universidade como a reforma da LOU, a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior ou a evolución da ciencia e a investigación.
Quintanilla explica, tamén, nas seguintes liñas, a polémica xurdida o pasado verán despois que afirmase que “ser un gorrón ten sido moi rendible na universidade”, e da “grata sorpresa” que lle causou a súa visita ao campus vigués.
Resultados 1417 - 1422 de 1424

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós