DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Mércores, 10 de maio do 2017

Esta actividade formativa está destinada a traballadoras da Universidade

Igualdade organiza a segunda edición do curso 'Muller e saúde'

O prazo de inscrición finaliza o 11 de maio e as clases comezarán o vindeiro luns


ImageXunto cos factores biolóxicos diferentes e cos axentes sociais que inflúen de maneira inxusta na saúde das persoas, o benestar específico das mulleres é un tema que, moitas veces, queda esquecido. Ante esta realidade, a Unidade de Igualdade organiza, por segundo ano consecutivo, o curso gratuíto Muller e saúde, dirixido especialmente ás mulleres. “Trataranse os mesmos contidos ca na anterior edición, pero máis en profundidade e, sobre todo, haberá espazo para resolver todas as dúbidas, xa que na última edición o tempo quedou un pouco escaso”, comenta a directora da Unidade de Igualdade.
Martes, 09 de maio do 2017

300 emprendedores e empresarios participaron no evento Universidad y Emprendimiento do Santander

A Universidade de Vigo, epicentro do emprendemento

O campus tamén acolleu a Xunta xeral de Universia España e a asemblea xeral da Crue


Image “As universidades e os emprendedores seredes os protagonistas do ecosistema que busca abrir as portas ao talento para construír un futuro mellor”. Con estas palabras se referiu a presidenta do Banco Santander e de Universia, Ana Botín, aos protagonistas do evento Universidad y Emprendimiento, que a entidade financeira celebrou este martes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, na que se deron cita máis de 200 emprendedoras e emprendedores, mozas e mozos universitarios e un cento de empresarias e empresarios. O medo ao fracaso, a adaptación aos cambios, a creatividade no camiño da idea ao produto e o financiamento, foron os eixos arredor dos que xirou o encontro no que emprendedoras e emprendedores como Pilar Manchón (Amazón, fundadora de Indisys), Anxo Pérez (8 Belts), Verónica Pascual (Asti) ou Álvaro Mancilla (Workkola) trasladaron as súas experiencias ás e aos novos emprendedores.
Venres, 05 de maio do 2017

A Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades ultima el Libro branco do mecenado

Os expertos demandan unha modificación da normativa para mellorar o mecenado en España

As IV Xornadas para a promoción do mecenado universitario baixaron hoxe o pano


Image O Libro branco sobre mecenado universitario, cuxa elaboración está a rematar un comité de expertos por encargo da Comisión de Transferencia y Relaciones con la Sociedad de la Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Española e o observatorio de antigos alumnos universitarios, inciativa promovida pola Federación Alumni España, centraron a derradeira sesión das IV Xornadas para a promoción do mecenado universitario que hoxe foron clausuradas da sede da Fundación Barrié en Vigo. O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Oviedo José Pedreira explicou que o Libro ten un obxectivo claro: “dar unhas pautas mínimas para modificar a normativa española, que permitirían mellorar moitísimo o mecenado dentro de España".
Venres, 05 de maio do 2017

A titulación de Ciencias do Mar celebra o seu 25 aniversario reunindo egresados do centro

Un mar de oceanógrafos e oceanógrafas

A través da súa experiencia laboral en España, EEUU, Australia ou Italia amosaron as saídas profesionais do grao


ImageNos 25 anos de existencia da titulación de Ciencias do Mar, das súas aulas saíron 2200 titulados e tituladas que na actualidade traballan en eidos tan diversos como xestión e planificación do litoral, bioloxía mariña, xestión dos recursos pesqueiros e acuicultura, ecoloxía e conservación do medio mariño, xeoloxía mariña, botánica mariña, biotecnoloxía ou enerxía renovables mariñas. Co gallo da celebración deste cuarto de século dunha carreira, a Facultade de Ciencias do Mar organizou este venres a xornada Oceanógrafos polo mundo, un encontro con antigos alumnos e alumnas das primeiras promocións co obxectivo de dar a coñecer as súas competencias laborais e as habilidades transversais que os converteron en profesionais recoñecidos. No acto de apertura deste encontro o reitor da Universidade, a conselleira do Mar e decana da facultade coincidiron en destacar a versatilidade dos titulados de Ciencias do Mar e a consolidación dunha carreira exclusiva en Galicia.
Xoves, 04 de maio do 2017

Expertos internacionais analizan en Vigo as bases e retos do financiamento privado

Excelencia e comunicación, claves no mecenado universitario

As IV Xornadas de Fundraising organizadas pola Universidade Vigo prolongaranse ata mañá


ImageChegados do Rockefeller Philanthropy de Londres; do Instituto Tecnolóxico de Israel, Technion; da Nova School of Business and Economics de Lisboa; da Universidade de Porto e de Afundación, expertas e expertos internacionais e nacionais analizaron esta mañá na sesión inaugural das IV Xornadas para a promoción do mecenado universitario as claves da captación de recursos de natureza privada, así como a súa xestión. A directora do Rockefeller Philanthropy de Londres, Donzelina Barroso foi a encargada de moderar unha mesa redonda na que os poñentes presentaron cadanseu modelo e analizaron as tendencias e desafíos cara o futuro para o financiamento universitario, que na súa opinión, precisa de excelencia, así como dunha axeitada comunicación para captar os recursos das e dos potenciais mecenas.
Mércores, 03 de maio do 2017

Nun encontro organizado polo Banco Santander no marco da Xunta Xeral de Accionaistas de Universia

300 emprendedores e reitores de toda España daranse cita a vindeira semana no campus de Vigo

A citá será o 9 de maio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


ImageMáis de 300 emprendedores e reitores de toda España asistirán o vindeiro martes 9 de maio ao primeiro encontro entre o mundo da universidade e do emprendemento que Banco Santander celebrará na Universidade de Vigo. Este evento celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de xeito paralelo á Xunta Xeral de Accionistas de Universia e á Asemblea Xeral da CRUE. Nesta xornada sobre emprendemento abordaranse diferentes temas de especial interese para todas e todos aqueles que queiran converten en negocio unha idea empresarial, como por exemplo, o medo ao fracaso, a necesidade de pivotar, a creatividade e o financiamento.
Resultados 25 - 30 de 1408

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós