DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Mércores, 30 de novembro do 2016

O centro do campus de Ourense podería entrar en funcionamento ao comezo do curso 2018/2019

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente da creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

A Consellería confirmou que abordará de xeito inmediato a modificación do mapa de titulacións


Image A proposta da Universidade de Vigo para a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo foi informada favorablemente no pleno do Consello Galego de Universidades celebrado hoxe. O centro, no que se impartirá o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, contará coas instalacións específicas e adecuadas, así como cos laboratorios necesarios e podería entrar en funcionamento, segundo as previsións da Universidade de Vigo, ao comezo do terceiro curso do grao, no curso 2018/2019. No pleno celebrado hoxe, Román Rodríguez, avanzou que se reunirá de xeito inmediato cos tres reitores das universidades do SUG co fin de abordar a modificación e mellora do mapa de titulacións.
Luns, 28 de novembro do 2016

Este xoves e venres celébranse as XXIV Jornadas de Investigación de Universidades Españolas

Vigo convértese esta semana en punto de encontro de responsables e xestores das políticas de I+D+i das universidades españolas

Divulgación científica, retos da carreira investigadora e indicadores, abordaranse nas sesións


Image Preto de 200 persoas participarán os vindeiros xoves e venres no centro social Afundación de Vigo nas XXIV Jornadas de Investigación de Universidades Españolas, organizadas pola CRUE e a Universidade de Vigo. A través de relatorios e mesas redondas, as vicerreitoras e vicerreitores de investigación de todas as universidades españolas e o persoal administrativo e técnico encargado da xestión das actividades de investigación e desenvolvemento, abordarán temas, segundo a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, “seleccionados polo especial interese que representan neste intre para a I+D universitaria en España”.
Xoves, 24 de novembro do 2016

A OEP contempla a oferta de seis prazas de acceso libre e 33 de promoción interna

O Consello de Goberno aproba a Oferta de Emprego Público do ano 2016 para o PAS

Na sesión o reitor solicitou ao alcalde de Vigo un posicionamento claro sobre o pago do IBI


Image Luz verde do Consello de Goberno á Oferta de Emprego Público do ano 2016 para o persoal funcionario e laboral de administración e servizos, PAS, que contempla a convocatoria de seis prazas de acceso libre e outras 33, polo procedemento de promoción interna. A non inclusión na OEP de 2016 da totalidade das 42 prazas de C2 motivou o rexeitamento inicial das e dos representantes da Xunta de PAS e os Comités dos campus de Ourense e Pontevedra, que finalmente acordaron absterse na votación despois que o reitor, Salustiano Mato, se comprometese a que na oferta de emprego de 2017 se acadará a promoción do 100% de C2 a C1. Tanto o reitor, como o xerente, destacaron a relevancia de que despois de varios anos sen poder facelo, por fin sexa posible realizar unha oferta de emprego público.
Mércores, 23 de novembro do 2016

As revistas científicas son un dos materiais máis consultados

Preto de 30.000 persoas utilizaron as bibliotecas da Universidade de Vigo en 2015

Nas instalacións realízanse múltiples cursos de formación e actividades de Extensión Bibliotecaria


Image“Antes para ir ás bibliotecas bastaba con saber ler e escribir, agora coa dixitalización hai que saber buscar, citar información, e moitas outras cousas”, sinala Gerardo Marraud, o director da Biblioteca Universitaria, que agrupa a todas as instalacións localizadas nos tres campus. No ano 2015 foron 30.000 as persoas usuarias que utilizaron as bibliotecas universitarias e os seus servizos, do total de usuarios e usuarios 22.000 foron estudantes, 1400 PDI, 700 PAS e 5700 persoas alleas á comunidade universitaria. A Biblioteca Universitaria está aberta arredor de 286 días ao ano, contando as aperturas especiais de fin de semana e festivos, días nos que amplía o seu horario habitual, e nos que se enchen todos os postos de usuarios e usuarias, 3322 que suman en total os once centros dos tres campus.
Luns, 21 de novembro do 2016

Aos seis socios portugueses e cinco españois únense a Universidade de Coimbra e o Politécnico de Porto

Campus do Mar consolida o seu carácter transfronteirizo e aposta pola economía azul

As institucións parceiras asinaron o convenio que fixa as liñas prioritarias de desenvolvemento estratéxico


ImageCoa adhesión da Universidade de Coimbra e o Instituto Politécnico de Porto e a creación dun campus transfronteirizo, Campus do Mar consolídase a ambas beiras do Miño a abre unha nova etapa que se centrará nas ciencias e tecnoloxías do mar para contribuír ao desenvolvemento da economía azul tanto en Galicia como no norte e centro de Portugal. Este é o obxectivo do convenio asinado en Vila Real polos reitores das universidades e directores e presidentes dos centros de investigación parceiros de Campus do Mar co gallo da celebración da Campus do Mar International Science Conference (ISC'16).
Luns, 21 de novembro do 2016

Salustiano Mato e Natalia Caparrini déronlles a benvida as mozas e mozos da primeira quenda

Minas celebra dez anos de Semana da Ciencia volvendo abrir as súas portas a centos de estudantes de bacharelato

A escola convértese un ano máis nun museo interactivo con múltiples actividades ao longo de toda a semana


ImageA Semana da Ciencia da ETS de Enxeñaría de Minas abriu as súas portas en 2007 e, dende entón, pasaron polo centro máis de 10.000 mozos e mozas de toda Galicia, estudantes de bacharelato e últimos cursos de ensino secundario que tiveron a oportunidade de coñecer de preto a investigación que se leva a cabo neste centro. Este luns abriron de novo as súas portas e ao longo de toda a semana a escola recibirá algo máis de 800 visitantes, 170 na xornada de hoxe coa chegada de dous institutos de Vigo, un de Porriño, un de Santiago de Compostela e outro de Ames. A ilusión é a mesma que naquela primeira edición: seguir espertando vocacións.
Déronlles a benvida o reitor, Salustiano Mato, e a directora da escola, Natalia Caparrini, que os animaron a gozar do día e sacar o máximo proveito da experiencia.
Resultados 37 - 42 de 1368

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós