DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Bióloga unha e filóloga a outra, renovarán os seus contratos ao longo de 2017

O Programa de retención do talento investigador da Universidade permite manter en Vigo a Flora Alonso e Nuria Yáñez

As investigadoras reciben esta oportunidade como “un novo balón de osíxeno”


ImageAs dúas se formaron nas aulas da Universidade, unha licenciouse en Filoloxía Inglesa no ano 2000 e a outra en Bioloxía no 2002. Dende entón, cada unha no seu ámbito, desenvolveron carreiras investigadoras brillantes, parte delas no estranxeiro, parte en España, na propia institución da que son egresadas. Ambas están acreditadas a profesoras titular, pero o contexto normativo actual, que limita a contratación de persoal nas universidades públicas, dificultaba a súa continuidade laboral en Vigo. Falamos de Nuria Yáñez-Bouza e Flora Alonso Vega, as dúas investigadoras beneficiarias da segunda convocatoria do Programa de retención do talento investigador da Universidade de Vigo, unha iniciativa, única no sistema universitario galego, coa que a institución académica viguesa busca reter “a investigadoras e investigadores novos moi valiosos que desenvolveron as súas carreiras durante anos aquí e que queren seguir facéndoo”, tal e como recalca a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo.
Mércores, 11 de xaneiro do 2017

É a primeira convocatoria pública en Galicia de programas de maduración de resultados da investigación

Sete proxectos da Universidade de Vigo, seleccionados na primeira fase do Programa Ignicia da Xunta

As propostas viguesas concéntranse nos ámbitos tecnolóxico e científico


ImageQue os resultados dunha investigación cheguen a comercializarse non é un proceso doado e aínda menos se non existen os marcos financeiros axeitados. En Europa, dentro do Horizonte 2020, existen as denominadas probas de concepto, ao igual que ocorre noutras comunidades autónomas españolas, que tamén destinan fondos a esta etapa de maduración de tecnoloxías. No caso de Galicia, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, Gain, convocou este ano, por primeira vez, o Programa Ignicia dirixido a universidades, centros de investigación e tecnolóxicos e fundacións hospitalarias, co obxectivo de avanzar nas etapas de maduración dos resultados de investigación para chegar a súa comercialización. Na primeira fase de maduración do programa, un total de sete proposta das nove presentadas pola Universidade de Vigo foron seleccionadas, xunto a outras 18.
Martes, 13 de decembro do 2016

O primeiro artbook do programa de ilustración Krita inclúe obras do director creativo, Iván Rodríguez Arós

O traballo de Divulgare, recoñecido tamén pola súa calidade artística

O catálogo artístico comprende obras de 40 creadores de todo o mundo


ImagePara os membros do equipo de Divulgare recibir premios e recoñecementos non é nada novo. Pero desta volta, en lugar das súas achegas á divulgación da ciencia e no eido da ecoloxía, o que se destaca é a calidade artística do seu traballo. Así, dúas ilustracións do director creativo do grupo, Iván Rodríguez Arós, acaban de ser seleccionadas para formar parte do primeiro Artbook que publica Krita, que como explica Luis Navarro, director de Divulgare, é “unha aplicación de software libre de ilustración dixital. Rodríguez Arós (con alias artístico Esfenodon) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e na actualidade é o director artístico deste proxecto de divulgación científica da Universidade de Vigo.
Venres, 09 de decembro do 2016

Os dous primeiros logran a acreditación de centros de investigación singulares

Cinbio, Océano-Ecimat e AtlantTIC acadan máis de 4,7 millóns de euros pola súa excelencia investigadora

Pola súa banda, AtlantTIC reconfírmase como agrupación estratéxica consolidada


Image Máis de 4,7 millóns de euros vén de acadar a Universidade de Vigo na convocatoria de axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia. A resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que hoxe publica o DOG, resolve a concesión de 1,7 millóns de euros, respectivamente, para o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, e para Océano-Ecimat, na modalidade de centros singulares de investigación e de 1,2 millóns de euros no caso de AtlantTIC como agrupación estratéxica consolidada. Do total dos 13,2 millóns de euros que a Xunta concede nesta convocatoria a centros e agrupacións singulares das tres universidades galegas, Vigo acadou algo máis do 35% do total das axudas.
Xoves, 27 de outubro do 2016

A agrupación estratéxica da Universidade contrata por case un millón de euros a oito doutoras e doutores

Talento investigador procedente de todo o mundo para reforzar o Campus do Mar

Grupos de Cinbio, Ecimat, do campus de Ourense e o IEO de Coruña benefícianse das incorporacións


Image Paula Sánchez, Adolfo Fernández, Sandra Martínez, Susana Magadán, Iria Fernández, Martinho Marta, Isabel Rodríguez e Ana Querejeta. Estas e estes son as doutoras e doutores que veñen de incorporarse á Universidade de Vigo e ao Instituto Oceanográfico Español de A Coruña para continuar, da man de Campus do Mar, a súa formación investigadora e complementar as potencialidades dos grupos de Inmunoloxía, Filoxenómica e Nanotecnoloxía do Centro de Investigación Biomédica, Cinbio, os de Ecoloxía Costeira e Oceanografía Biolóxica da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat e dos grupos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio e o de Investigacións Agroambientais e Alimentarias do campus de Ourense, así como do IEO coruñés. Campus do Mar acadou preto dun millón de euros na convocatoria Marie-Curie Cofund da UE cos que realizou os contratos de tres anos de duración.
Venres, 21 de outubro do 2016

A mostra Campus Vivo inaugurouse este venres no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología

Un proxecto do grupo de Novos Materiais, seleccionado pola CRUE para a exposición sobre a I+D universitaria

O traballo vigués céntrase na obtención de biocerámicas avanzadas a partir de dentes de tiburón


ImageO Museo Nacional de Ciencia y Tecnología acolle dende hoxe unha mostra que trata de trasladar á sociedade a importancia da investigacion que se realiza nas universidades para o desenvolvemento territorial, social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía. Campus Vivo recolle oito proxectos de investigación seleccionados entre as 235 propostas enviadas por diferentes grupos das universidades españolas, un deles con selo vigués: Biomateriales, aprendiendo de la naturaleza. Destás desta proposta está o grupo de Novos Materiais e o grupo de divulgación científica Divulgatia, que presentaron un traballo sobre a obtención de biocerámicas avanzadas a partir de dentes de tiburón.
Resultados 19 - 24 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós