DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Mércores, 17 de outubro do 2007

Expertos en reformas fiscais reúnense en Vigo no primeiro simposio sobre o tema

O seu traballo céntrase en simular e analizar os efectos de posibles reformas de impostos


Os investigadores que traballan en España en temas de reformas fiscais e microsimulación reúnense este xoves no Edificio Miralles no que constitúe o primeiro simposio que se organiza en España sobre a materia.
En total son 28 expertos procedentes de toda España, non só de universidades e do IEF, senón tamén do Instituto Nacional de Estatística e do Banco de España.
Luns, 08 de outubro do 2007

Case 1.500 empresas compoñen o universo da investigación

Unha tese constata a deficiente xestión da prevención de riscos nas PEMEs

O estudo analiza 176 accidentes laborais e case 500 enquisas


ImageUnha das razóns da elevada siniestralidade é a escasa implicación dos empresarios en materia de prevención de riscos laborais. Así o afirma José Enrique Martín, un investigador analizou na súa tese de doutoramento a un universo de 1.500 PEMEs do sur da provincia de Pontevedra, un colectivo que agrupa a máis de 16.000 empregados de sectores como a construción, minería, industria ou servizos.Nun 61% dos accidentes producidos nestas PEMEs non existía unha avaliación do risco causante do sinistro.
Os 176 partes de accidente analizados, xunto ás enquisas a empresarios e traballadores, permitiron a José Enrique determinar tamén que algo máis da metade dos accidentes, independentemente do tipo de caída que os orixinou, se produciron en actividades de duración inferior a unha xornada de traballo.
Xoves, 04 de outubro do 2007

Vigo é unha das cinco universidades fundadoras do Consorcio

A UNESCO premia ao Consorcio Claroline pola utilización das TIC na educación


Image
Membros de Teledocencia
O Consorcio Claroline foi galardoado pola UNESCO co premio Rey Hamad Bin Isa Al Khalifa para a utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na educación, polo desenvolvemento dunha plataforma, publicada baixo unha licenza de software libre que permite crear e administrar cursos nunha trintena de idiomas a 900 institucións de máis de 80 países.
Trátase como asegura o responsable do servizo de Teledocencia e profesor do departemento de informática da Universidade de Vigo, Arturo Casar , “dunha plataforma cambiante, que incorpora as demandas de profesores e alumnos, e que pola súa simplicidade resulta moi útil como complemento á docencia presencial”.
Venres, 28 de setembro do 2007

Nun seminario organizado pola OTRI da Universidade

Investigadores e empresarios aprenden a redactar propostas para o VII Programa Marco

ImageA Universidade ten en mente a creación dunha Oficina de Proxectos Europeos, inserida na OTRI, Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, que servirá de canle para todos aqueles investigadores que queiran presentar proxectos á Unión Europea. Así o comunicou este venres o vicerreitor de Investigación, Manuel Reigosa, na inauguración dun taller seminario de redacción de propostas do VII Programa Marco.
<< Inicio < Ant. 31 32 33 Seg. > Remate >>
Resultados 193 - 196 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós