DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Martes, 26 de abril do 2016

'Investigo' dará acubillo a teses, artigos de revistas, libros, comunicacións ou relatorios

A Universidade reúne a súa produción científica nun repositorio institucional de acceso aberto

O acceso libre e gratuíto incrementa nun 20-25% o volume de citas recibidas por un traballo


ImageCiencia libre, de balde e para todos. Con este obxectivo naceron os respositorios de acceso aberto a finais do século XX e comezos do actual, para que os coñecementos científicos xerados pola investigación e publicados na literatura científica estivesen dispoñibles a través de internet sen barreiras de prezo e sen barreiras de consulta e uso por mor das restricións da regulación da propiedade intelectual. A este movemento únese dende este martes a Universidade de Vigo e faino a través de Investigo, o seu propio repositorio institucional de acceso aberto. Os defensores desta política remarcan que a maior parte de investigación é financiada e desenvolvida por institucións públicas, polo que demandan que o acceso á literatura científica que recolle esa investigación debería estar publicamente dispoñible en aberto.
Martes, 15 de marzo do 2016

A comunidade investigadora fórmanse en xestión e execución deste tipo de iniciativas de I+D

A definición da idea e a elección dos socios, claves para o éxito de proxectos europeos

Coñeceron pros e contras dunhas convocatorias “esixentes e complexas” pero de alto impacto en visibilidade


ImageAlgunhas convocatorias europeas para proxectos de I+D teñen un ratio de éxito entre o 5% e o 10%, polo que resulta imprescindible unha preparación previa minuciosa e realista das propostas, asegurando que se adapten aos requirimentos dos programas tanto na idea, como na definición da mesma, na planificación e nas liñas de execución. Para evitar o traballo en balde da comunidade investigadora en proxectos que non encaixen nas convocatorias europeas, a Área Técnica de I+D+i da Universidade organiza esta semana unha xornada de formación sobre a definición de ideas en proxectos europeos. A boa acollida desta actividade fixo necesario celebrar este martes unha primeira sesión e mañá mércores unha segunda, pola alta demanda por parte dos investigadores.
Venres, 05 de febreiro do 2016

Ángeles Sanromán e Xosé Ramón Novoa asistiron en Ciudad Real á reunión de lanzamento

A Universidade participa na creación dunha rede nacional de aplicacións ambientais e enerxéticas da electroquímica

Entre outras medidas, o consorcio axudará á transferencia de coñecementos cara o sector privado


ImageUnir a experiencia de dez recoñecidos grupos de investigación de todo o país no contexto das aplicacións ambientais e enerxéticas da tecnoloxía electroquímica. Este é o obxectivo co que se pon en marcha a Red de Aplicaciones Medioambientales y Energéticas de la Tecnología Electroquímica, E3TECH, un novo consorcio de investigación que conta coa participación de dous grupos de investigación da Universidade de Vigo: Bioenxeñaría e procesos sostibles, Biosuv, e Enxeñaría de Corrosión e Materiais, Encomat. Os seus responsables, os docentes Ángeles Sanromán e Xosé Ramón Novoa, participaron recentemente na Universidad de Castilla La Mancha na reunión de lanzamento da red.
Venres, 05 de febreiro do 2016

Concedéronse 40 en 2010 fronte ás 210 de 2015

As solicitudes para axudas á investigación en lingua galega quintuplícanse en cinco anos

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística denuncia, porén, que o galego segue a ser minoritario na ciencia


ImageAs axudas para a investigación en lingua galega naceron co obxectivo de fomentar o uso do idioma propio nun dos eidos universitarios con menos presenza, o da investigación. O sistema centralizado de avaliación, a globalización da ciencia e os atrancos burocráticos frean a moitos investigadores e investigadoras que pensan en redactar e publicar os seus traballos en galego. Con esta convocatoria de axudas, as universidades galegas, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tratan de incentivar e visibilizar o galego nas teses de doutoramento, traballos fin de grao, etc. A evolución das solicitudes na Universidade de Vigo amosa a boa aceptación destas axudas, pasando de 40 en 2010 a 210 en 2015, o que significou triplicar tamén a contía económica total das convocatorias, que pasou de 5400 euros a 14.000 en cinco anos.
Xoves, 03 de decembro do 2015

A sociedade forma parte da maior asociación profesional tecnolóxica mundial, con 400.000 membros

O profesor Rodríguez-Andina, nomeado vicepresidente da IEEE Industrial Electronics Society

Ata agora era editor xefe dunha das revistas de maior impacto mundial en enxeñaría eléctrica e electrónica


ImageJuan Jose Rodríguez-Andina, profesor do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, leva dende 2013 á fronte da IEEE Industrial Electronics Magazine, unha das revistas de maior impacto a nivel mundial no eido da Enxeñaría Eléctrica e Electrónica. Despois de tres anos como editor xefe, en xaneiro deixará este posto pero asumirá un novo reto, ser vicepresidente para Conference Activities da IEEE Industrial Electronics Society. O docente explica que o IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineers) é a maior asociación profesional tecnolóxica mundial, con máis de 400.000 membros repartidos por todo o mundo, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como lema Advancing Technology for Humanity. O IEEE estrutúrase en “sociedades” centradas en campos específicos e unha de elas é a IEEE Industrial Electronics Society (IES), da que Rodríguez-Andina será vicepresidente nos vindeiros tres anos.
Venres, 20 de novembro do 2015

Froito da colaboración entre a Sociedad Española de Reumatología e o grupo SIDOR da Universidade

A análise estatística identifica patróns de danos en pacientes con Lupus Eritematoso Sistémico e asóciaos coa mortalidade

O estudo realizouse entre 3656 pacientes dos máis de 4000 do rexistro RELESSER


Image En España e tamén en Galicia unha persoa de cada 1000 padece Lupus Eritematoso Sistémico, LES, unha enfermidade crónica sen cura na que o sistema inmunitario do paciente ataca a órganos e tecidos ocasionando diferentes danos. A colaboración entre o Grupo de Trabajo de Enfermedades reumáticas autoinmunes sistémicas de la Sociedad Española de Reumatología y el grupo de investigación SIDOR, Statistical Inference, Decision and Operations Research, ligado ao Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo permitiu identificar tres grupos ou clústers de pacientes con LES con patróns de dano similar e avaliar a súa asociación coa mortalidade. A análise estatística centrouse en 3656 dos máis de 4000 casos que inclúe o rexistro RELESSER da Sociedad Española de Reumatología.
Resultados 31 - 36 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós