DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Xoves, 19 de marzo do 2015

A Rede Galega de Biomateriais organizou unha xornada de comunicación para científicos

Ciencia, investigación pero tamén divulgación

Xornalistas amosaron as claves para dar a coñecer os resultados da I+D+i e relacionarse cos medios


ImageA principal barreira que atopa o persoal científico e investigador á hora de dar a coñecer os resultados do seu traballo é terse que comunicar cun público non especializado. Máis aló das publicacións científicas de cada ámbito, a sociedade en xeral tamén demanda información sobre os proxectos que se desenvolven nas universidades e centros de I+D. Ese é o reto, conseguir unha comunicación efectiva que permita trasladar coñecementos especializados a un público xeneralista a través de xornalistas que moitas veces tampouco están especializado en ciencia. Ese é o obxectivo da xornada Comunicación para Científicos que a Rede Galega de Biomateriais organizou este xoves no Edificio de Ciencias Experimentais do campus.
Martes, 17 de marzo do 2015

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea permite á aeronave non tripulada desenvolver traballos de I+D

Vigo, primeira universidade española autorizada a realizar traballos aéreos con drones

Persoal investigador, empresas ou particulares poderán solicitar o servizo prestado polo Cacti


Image Pesa menos de dous quilos e pode voar a unha distancia de 16 quilómetros de xeito automático, mediante unha ruta GPS deseñada por un piloto. Estas son as características máis salientables da aeronave non tripulada de ala fixa da Unidade de Detección Remota do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación, Cacti, da Universidade de Vigo, un drone adquirido o pasado ano e que dende entón e ata o de agora dedicábase a facer voos de proba nun campo contiguo ás dunas da praia da Lanzada. Non obstante, o uso deste robot voador experimentará un cambio substancial despois de recibir hai uns días a autorización da Agencia Estatal de Seguridad Aérea, AESA, que confirma á Universidade de Vigo como entidade operadora de traballos aéreos con vehículos aéreos non tripulados.
Venres, 13 de febreiro do 2015

Patentes e grupos e liñas de investigación contaron cun expositor no Foro Transfiere 2015

A Universidade presenta a súa oferta de I+D e transferencia no principal encontro científico-tecnolóxico de España

Participaron 2300 profesionais, 450 empresas e organismos públicos e representantes de 26 países


ImageÉ o principal evento español da transferencia de coñecemento entre o tecido investigador e o empresarial, e nel estivo a Universidade de Vigo presentado a súa oferta de I+D. O Foro Transfiere 2015 celebrouse este mércores e xoves en Málaga e contou coa asistencia de 2300 profesionais, 450 empresas e organismos públicos e representantes de 26 países. Nesta cita, a máis relevante deste sector que se celebra en España, a Universidade contou con expositor propio e participou en varias mesas sectoriais para dar a coñecer as liñas de investigación, os grupos de traballo e o potencial de transferencia, dando a coñecer, entre outras, as patentes xeradas polos expertos e expertas dos tres campus.
Xoves, 11 de decembro do 2014

O programa Ciencia sen Fronteiras abre a súa convocatoria para o curso 2014/2015

Brasil busca investigadores estranxeiros con proxectos innovadores

As contías destas axudas oscilan entre os 2.000 e 4.500 euros mensuais, segundo a modalidade


ImageO persoal docente e investigador da Universidade que estea interesado en progresar e enriquecer a súa carreira investigadora fóra das nosas fronteiras ten unha oportunidade grazas ao programa Ciencia Sen Fronteiras, unha iniciativa impulsada polo goberno brasileiro co obxectivo de atraer a investigadores e investigadoras estranxeiros con proxectos innovadores que teñan como fin promocionar a consolidación, expansión e a internacionalización da ciencia e a tecnoloxía de Brasil. O primeiro prazo de inscrición neste programa, para os estudantes brasileiros, remata o vindeiro 19 de decembro, aínda que xa están estipulados outros tres para 2015.
Martes, 04 de novembro do 2014

Recibiu o premio Premio María Josefa Wonenburger outorgado pola Unidade de Muller e Ciencia

Carmen García Mateo, un exemplo de que a promesa da igualdade pode tornarse realidade

A catedrática de Enxeñaría de Telecomunicación destaca a necesidade de fomentar o empoderamento da muller


ImageFoi unha das primeiras docentes da EE de Telecomunicación en Vigo. Unha das oito catedráticas en Teoría do Sinal que hai en España. E formou parte do 8% de mulleres da súa promoción en Enxeñaría de Telecomunicación en 1987. Dixire ademais o Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo que é un referente internacional no eido da síntese de voz. Todos estes méritos fixeron que Carmen García Mateo fose recoñecida co Premio María Josefa Wonenburger outorgado pola Unidade de Muller e Ciencia. Un galardón que recibiu con honra pero tamén coa ilusión de “poder influír modestamente para que algunha muller nova deste país dirixa o seu interese á tecnoloxía”.
Xoves, 30 de outubro do 2014

Integrantes da rede TELGalicia reuníronse este xoves no campus

Tecnoloxía universitaria para ensino primario e secundario

Estudan a viabilidade dun mestrado interuniversitario sobre o emprego de novas tecnoloxías para a educación


ImagePórse ao día dos últimos avances e debater as liñas de traballo para os vindeiros meses foi o obxectivo co que este xoves se reuniron no campus integrantes dos dez grupos de investigación que forman parte da rede TELGalicia, unha iniciativa que arrancou hai apenas dous anos dirixida ao desenvolvemento de solucións TICs para apoiar a docencia no ensino primario e secundario. Dende entón o resultado máis visible da rede, da que xa forman parte máis de 120 investigadores, é Edu-AREA, unha ambiciosa aplicación web dirixida a facilitar o emprego de tecnoloxías da web 2.0 e 3.0 no día a día das clases.
Resultados 43 - 48 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós