DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 24 de outubro do 2014

A compañía presentou en Vigo a cuarta convocatoria do seu Fondo de Emprendedores

Repsol procura ideas e proxectos innovadores sobre enerxía e eficiencia para convertelas en empresas

Os proxectos seleccionados serán subvencionados con 6000 euros ao mes durante un máximo de dous anos


ImageEntre o coñecemento xerado polos grupos de investigación e o mundo empresarial semella haber unha distancia longa, tanto que moitas das ideas que xorden nas universidades non chegan nunca a converterse nunha realidade empresarial que reporte beneficio e progreso á sociedade. A ponte que cobre esta distancia é a transferencia de coñecemento, e o emprendemento é unhas das súas fórmulas, que permite que a comunidade investigadora ou os estudantes poñan en valor as súas ideas e proxectos converténdoos nunha empresa ou negocio que achegue á cidadanía os resultados da I+D+i universitaria. Este é o caso do Fondo de Emprendedores da Fundación Repsol, que este venres foi presentado na EE de Telecomunicación por Encarna Sanz, directora de Estratexia e Control da Fundación Repsol e María Solís, técnico da área de Enerxía e Sustentabilidade.
Venres, 19 de setembro do 2014

A institución copatrocina o foro internacional de referencia en biotecnoloxía que se celebra en Santiago

A Universidade “transferirá” a súa oferta biotecnolóxica en Biospain

Empresas e institucións de preto de 40 países participarán do 24 a o 26 de setembro no evento


Image Comezou a conta atrás para a celebración a vindeira semana do 7º Encontro Internacional de Biotecnoloxía, Biospain 2014, que reunirá en Santiago de Compostela a entidades e empresas deste ámbito, procedentes de preto de 40 países. O que se ten convertido no foro de referencia da biotecnoloxía europea e na plataforma de presentación da biotecnoloxía española, acada a súa sétima edición con importantes novidades da man dos seus organizadores, a Asociación Española de Bioempresas, ASEBIO, e dos seus patrocinadores e copatrocinadores, a Xunta de Galicia, as universidades de Vigo e Santiago e o concello compostelano.
Luns, 02 de xuño do 2014

Éxitos como o plan de continxencias Cangal permiten que este proxecto europeo se amplíe un ano máis

Arcopol Plus, innovación e transferencia para a prevención e loita contra os vertidos mariños

A Organización Marítima Internacional xa emprega os vídeos elaborados por Divulgare no marco desta iniciativa


Image12 socios de catro países e un empeño especial en evitar que se repita outra marea negra como a do Prestige nas costas de Galicia. Este é o xermolo do proxecto Arcopol Plus, que aposta polo coñecemento e a formación para marcar a diferenza nunha situación deste tipo, evitando que un vertido no arco atlántico se converta nunha catástrofe ambiental. Neste programa, segundo dunha serie que trata de mellorar a seguridade marítima e a loita contra a contaminación nas rexións atlánticas, participan organismos de Portugal, Reino Unido, Irlanda e España que levan varios anos traballando arreo para reforzar a preparación e a resposta destas rexións aos vertidos de hidrocarburos e de SNPP (substancias nocivas potencialmente perigosas). No caso de Galicia, son parceiros desta iniciativa a Universidade de Vigo, o Cetmar, o Intecmar e o Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.
Venres, 09 de maio do 2014

Biocaps organiza este luns un seminario sobre a protección da propiedade industrial e intelectual

Patentes en biomedicina: por que, cando, como e onde?

Dirixido a investigadores, terá lugar no Hospital Meixoeiro


ImageAs patentes son unha das ferramentas que os investigadores e investigadoras dos centros públicos empregan para transferir o coñecemento xerado como resultado dos seus traballos e proxectos. Porén, o seu funcionamento, prazos e requisitos non entran dentro da formación regrada da comunidade científica. Para cubrir este baleiro, o Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, no marco do proxecto Biocaps, organiza este luns 12 de maio unha xornada na que os investigadores poderán coñecer todo o que precisan saber sobre a propiedade intelectual e industrial.
Martes, 25 de marzo do 2014

Aglutina todos os recursos de investigación biomédica da área de Vigo nun único programa

Biocaps cumpre o seu primeiro ano con 30 novos proxectos de I+D e 149 publicacións na área biomédica

Desenvolvéronse 17 ensaios clínicos e creáronse oito patentes


ImageO Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas (Biocaps) acaba de cumprir o seu primeiro aniversario con logros importantes sobre o aumento da visibilidade, as capacidades e as relacións científicas do Instituto Biomédico de Vigo (IBIV). Entre os fitos acadados figuran 30 novos proxectos científicos e 149 publicacións, ademais de 17 ensaios clínicos e oito patentes. O comité de avaliación externo do proxecto, formado por científicos e empresarios de recoñecido prestixio na área biomédica, vén de reunirse para facer balance sobre o camiño percorrido e priorizar os retos a abordar no futuro máis próximo. Para un dos seus membros, Carlos Diéguez, catedrático da USC, “o máis destacado é que provocou que todos os recursos de investigación biomédica da área de Vigo se incorporaran a un proxecto único tremendamente ambicioso”.
Martes, 18 de marzo do 2014

Cun orzamento inicial de 20.000 para 2014

O fondo de protección e valorización ofrecerá axudas para solicitar patentes e facer plans de negocio de EBT

A idea é protexer os resultados da I+D universitaria que poida ser transferida á sociedade


ImageUnha das funcións principais das universidade é actuar como fábrica de solucións para problemas reais, dando resposta ás demandas da sociedade a través da transferencia dos coñecementos xerados polos grupos de investigación. As patentes e licencias son unha das vías para que os resultados da I+D cheguen á contorna. Outra delas son as empresas de base tecnolóxica que poñen en valor estes coñecementos. En ambos casos, estes procesos representan un gasto extra para os investigadores que se pode mitigar a través do Fondo de protección e valorización posto en marcha pola Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento.
Resultados 49 - 54 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós