DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 15 de maio do 2017

O grupo MP1 estuda a relevancia neste dos hospitais medievais e das augas medicinais

Investigación e arte para sacar do esquecemento as peregrinaxes polo camiño Miñoto-Ribeiro

A profesora de Fisioterapia Lourdes Maceiras coordina unha exposición itinerante sobre a ruta


ImageCo propósito de unificar esforzos no estudo dunha antiga ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, o camiño Miñoto-Ribeiro, Ribadavia acolleu o pasado sábado a primeira xuntanza dun grupo de investigadores e investigadoras de distintos ámbitos, que traballan na compilación de información sobre un camiño que parte do sur de Ourense. Entre eles, a profesora de Fisioterapia e coordinadora do grupo MP1, que desde hai anos afonda na historia dun camiño que non ten a consideración oficial de ruta xacobea e que agrupaba, como explica, “unha importante cantidade de hospitais medievais e de augas mineiro medicinais”.
Venres, 12 de maio do 2017

Pontevedra reúne a escolas galegas e lusas dunha rede da que forma parte CC da Educación e do Deporte

Cidadanía global e diversidade cultural para facer do Proxecto Atlántico un faro da Unesco

Os investigadores Miguel Cuevas e Laura Redondo coordinan dous dos grupos de traballo do encontro


ImageDesde 2015, profesorado da rede de escolas asociadas á Unesco de Galicia, Portugal e Cabo Verde vén traballando no Proxecto Atlántico, unha iniciativa que busca xerar unha comunidade educativa a ambas beiras do océano que traballe conxuntamente nos eixos da sustentabilidade, a diversidade cultural e a idea dunha cidadanía global. O seu obxectivo é que esta iniciativa se convirta nun dos Proxectos Faro da Unesco, aqueles a organización propón á comunidade educativa a nivel global. Para avanzar na definición de propostas e actividades, profesorado de diferentes centros galegos e lusos reúnense no III Encontro Atlántico das escolas Unesco.
Xoves, 27 de abril do 2017

Segundo apuntou o xefe médico de Boca Juniors no congreso internacional que ten lugar en Pontevedra

As cardiopatías multiplican por dez o risco de morrer facendo deporte

Máis dun cento investigacións presentaranse ao longo dunhas xornadas con preto 250 inscritos


ImageEstreitar lazos entre deporte e saúde desde unha óptica multidisciplinar é un dos propósitos centrais do XIII Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Saúde, que desde este xoves reúne a investigadores de diferentes países, profesionais e estudantes no Pazo da Cultura de Pontevedra. Con preto de 250 inscritos e inscritas, nestas xornadas presentaranse máis dun centenar de investigacións en formato de poster e comunicacións e contan coa participación de preto de 30 expertos e expertas nas dúas conferencias e seminarios. Expertos como o xefe médico de Boca Juniors, Guillermo Bortman, quen alertou dos riscos para a saúde que pode supor realizar actividade física de xeito imprudente, xa que o deporte pode ser “un disparador” de problemas para a saúde naqueles casos de persoas con problemas cardiovasculares.
Luns, 24 de abril do 2017

O traballo, asinado por Ana Rey e Alba González, foi gañador do Premio Antonia Ferrín Moreiras 2016

Investigadoras de CC da Educación e do Deporte lanzan unha web con material didáctico sobre xénero e actividade física

A nova convocatoria do premio, convocado pola Unidade de Igualdade, manterase aberta ata o 23 de xuño


ImageInvestigadoras da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte acaban de publicar en forma de web o material didáctico gañador da edición 2016 do Premio Antonia Ferrín Moreiras. A plataforma contén nove actividades en formato dixital interactivo e unha guía didáctica a disposición de estudantado e profesorado. O xénero nos ollos. Estratexias para educar con (e pese ás) fotografías dos materiais curriculares "ten como intención contribuír á alfabetización visual crítica con respecto a cuestións de xénero”, explica Ana Rey, autora do proxecto, xunto a Alba González, na actualidade profesora na Universidade Pontificia de Salamanca.
Xoves, 30 de marzo do 2017

Segundo un artigo publicado polos profesores Adolfo Cordero e Maruxa Álvarez e a egresada Alba Martínez

A presenza de eucaliptais a carón dos regatos diminúe a biodiversidade

O seu estudo centrouse na presenza de macroinvertebrados en en 16 pequenos afluentes de cabeceira do Lérez


ImageDiferentes estudos teñen constatado que a substitución da vexetación propia das ribeiras dos ríos por outro tipo de especies vexetais e arbóreas ten efectos negativos sobre a biodiversidade nas concas fluviais. Algo que tamén acontece no caso dos pequenos regatos, como constataron o profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero e a docente da Facultade de Bioloxía Maruxa Álvarez, nun estudo que realizaron xunto coa egresada da EE Forestal Alba Martínez, en 16 afluentes de cabeceira do Lérez e que lles permitiu comprobar que a diversidade de macroinvertebrados, de larvas de insectos e insectos adultos que habitan no propio regato, víase diminuída naquelas bacías nas que os eucaliptais substituirán á vexetación natvia é a propia das ribeiras, como apuntan no artigo que veñen de publicar na revista Animal Biodiversity and Conservation.
Mércores, 15 de marzo do 2017

Nun proxecto financiado polo Mineco, no que traballan os docentes Carlos Lago e Marián Fernández

Investigadores da Universidade desenvolven unha app para analizar o adestramento dun equipo de fútbol a través de animacións

Partindo dos datos obtidos a través de GPS, a ferramenta permitiría estudar o comportamento colectivo dos xogadores


ImageDesenvolver unha aplicación que permita, a través dunha animación, recrear na pantalla calquera situación de adestramento dun equipo de fútbol. Ese é o propósito do proxecto que, co financiamento do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, desenvolven investigadores das universidades de Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro e Salamanca. Mediante o uso dos datos obtidos por dispositivos GPS que recollen o movemento e a posición no campo de cada xogador, esta ferramenta informática permitiría “contextualizar os movementos do xogador, no campo e con respecto aos seus compañeiros”, de tal xeito que os datos obtidos permitan medir non só “aspectos físicos como a distancia percorrida ou a intensidade das carreiras, senón que sexamos capaces tamén de modelizar aspectos tácticos e colectivos”, como explica o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e investigador principal do proxecto, Carlos Lago.
Resultados 13 - 18 de 72

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós