DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Xoves, 10 de xullo do 2008

Resultado da principal liña de estudo do equipo DE4 do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade

O proxecto de investigación “Memoria en Movemento” recibe unha mención de honra dos premios “Mi Cartera de Inversión”

Trátase dun conxunto de actividades que, baseadas na motricidade, melloran a atención e a memoria dos maiores


Image O programa Memoria en Movemento, resultado do proxecto de investigación subscrito entre a Obra Social Caixa Galicia e a Universidade, foi galardoado recentemente cunha das dúas mencións especiais dos premios que cada ano outorga o semanario Mi Cartera de Inversión. Na categoría de obra social, o proxecto desenvolto polo equipo DE4 do Departamento de Didácticas Especiais e dirixido pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Ana Rey Cao, recibiu o galardón por ser “unha proposta orixinal, ambiciosa e guiada polo impulso de devolver á sociedade parte dos beneficios que as caixas de aforros logran coa súa actividade financeira”, segundo explicaron os organizadores do certame.
Luns, 30 de xuño do 2008

Segundo se conclúe nunha investigación en colaboración coa Universidade Fernando Pessoa de O Porto

Unha nova imaxe corporativa axudaría a mellorar o coñecemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal entre os universitarios

No estudo realizáronse 1400 enquisas a alumnos dos dous países


Image A maioría dos universitarios galegos e portugueses descoñecen que é e para que serve a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, cales son as súas vantaxes e os seus obxectivos. Esta é unha das principais conclusións da investigación que dúas profesoras da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación fixeron ao longo de cinco meses en colaboración coa Universidade Fernando Pessoa de O Porto. Deste xeito, Ana Belén Fernández Souto e Montserrat Vázquez Gestal propoñen no seu estudo a realización dunha campaña de comunicación para mellorar a información que a cidadanía e en concreto os universitarios teñen desta zona xeográfica.
Mércores, 25 de xuño do 2008

Segundo conclúe a tese de María Luz Álvarez, a cuarta sobre a materia publicada en España

O protocolo é unha práctica cada vez máis demandada e unha disciplina sen catalogar

Na investigación, a actual doutora seleccionou aos 6 autores máis destacados que escribiron sobre o tema


O protocolo durante os últimos anos incrementou a súa reputación debido ás necesidades comunicativas de todo tipo das organizacións e institucións. Sen embargo, esta práctica cada día máis imprescindible para as empresas, non conta cunha base teórica definida e solápase con varias disciplinas, sen saber moi ben onde encadrala. Esta é unha das principais conclusións ás que chegou María Luz Álvarez Rodríguez na súa tese de doutoramento que, baixo o título Nocións de protocolo desde a bibliografía das súas autoridades, pretende amosar ao ámbito académico español o carácter disciplinar da materia, si se trata dun ámbito científico propio ou si pertence a outra área de coñecemento.
Mércores, 16 de abril do 2008

Presentado pola Deputación de Pontevedra no concello de Cambados

Un estudo sobre o cartelismo das festas populares en Pontevedra mantén viva parte da cultura da provincia

O traballo é o proxecto fin de carreira dunha alumna de Publicidade e Relacións Públicas


Image Poucas veces un proxecto fin de carreira traspasa a fronteira da Universidade grazas ao interese que esperta no seu eido de actuación. Sen embargo este foi o caso de Mónica Leiro, unha alumna de Publicidade e Relacións Públicas que presentou o seu traballo sobre O cartelismo nas festas populares de Pontevedra ante a Deputación Provincial, institución que non dubidou un intre en darlle a difusión que merece. Nas últimas horas presentábase no concello de Cambados o estudo que, durante máis de un ano, esta estudante do campus desenvolveu como unha forma de “manter viva parte da nosa cultura, xa que este legado de gran importancia está sendo presa do tempo e se non facemos nada acabará desaparecendo”, afirma Mónica Leiro.
Xoves, 14 de febreiro do 2008

Grazas á concesión de unha bolsa José Castillejo para novos doutores

Un proxecto de investigación analizará e mellorará a imaxe de marca da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Coa colaboración da Universidade Fernando Pessoa de Porto


Image A Eurorrexión está de moda. Nos medios escoitamos ou lemos este termo a diario, pero… a cidadanía sabe o que é?, para que serve?, cales son os seus obxectivos?. Este é precisamente o punto de partida do proxecto de investigación que dúas profesoras da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acaban de comezar, grazas á concesión dunha bolsa que o Ministerio de Educación e Ciencia creou para novos doutores. Unha das implicadas no proxecto é a directora da Área de Extensión Universitaria e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto, quen explicou que “non se sabe demasiado sobre o tema, hai un problema de comunicación latente”, e engadiu que “por iso a nosa idea é analizar a imaxe da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e facer unha proposta para mellorala”.
Mércores, 07 de novembro do 2007

Co obxectivo de mellorar a investigación

Jesús Hernández formará parte dunha comisión que valorará a situación das carreiras artísticas

O anunciou na presentación das xornadas “A Carreira Investigadora en Belas Artes”


ImageO ámbito das Belas Artes todavía ten moito que percorrer ata acadar proxectos de investigación como as carreiras de ciencias e tecnoloxías, pero hoxe xa se avanzou un paso máis coa creación dunha comisión nacional para estudar a investigación no eido desta disciplina. O obxectivo desta comisión é coñecer e valorar a situación das carreiras artísticas para, posteriormente, poder actuar ó respecto e mellorar as condicións nas que agora se atopan. O vicerreitor do campus de Pontevedra participará nesta comisión nacional que terá a súa primeira reunión en Valencia.
<< Inicio < Ant. 11 12 Seg. > Remate >>
Resultados 67 - 72 de 72

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós