DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 10 de novembro do 2009

Florentino Fernández Riverola, director do CITI:

"Coa xornada de portas abertas queremos dar a coñecer o noso centro ás empresas, institucións e centros tecnolóxicos"


ImageDar a coñecer o centro ás empresas, institucións e centros tecnolóxicos que, dunha maneira ou doutra, poden actuar como axentes no proceso de transferencia tecnolóxica e innovación. É o obxectivo fundamental da xornada de portas abertas que se celebrará no CITI, Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, este xoves. O centro botou a andar no ano 2005 coa finalidade de trasladar e aplicar a investigación que se está a facer na Universidade ao tecido empresarial.
Venres, 09 de outubro do 2009

Inaugurado por Alberto Gago, Jesús Vázquez e outros persoeiros do eido académico, social e político

O CITI liderará dende Ourense a transferencia do I+D da Universidade ao tecido empresarial

Máis de 4 millóns de euros e 3.000 m2 en laboratorios, salas técnicas e unha planta piloto única en Galicia


ImageO Centro de Investigación, Transferencia e Innovación abriu hoxe as súas portas en Ourense ratificando a firme aposta da Universidade pola transferencia de coñecemento ao tecido empresarial. Creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, o CITI conta con máis de catro millóns de euros en investimento e 3026,99 m2 de superficie construída para albergar a unha ducia de grupos de investigación do ámbito agroalimentario, biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.
“Unha aposta moi importante centrada na investigación aplicada e que forma parte da nosa principal estratexia, da transferencia do coñecemento”, así definía Gago este novo espazo, polo que se realizou unha visita guiada, na que se amosaron algunhas das súas plantas técnicas, laboratorios e unha sala única na comunidade galega. Un momento, este, “que ratifica e consolida a plena madurez universitaria do campus de Ourense”, remarcaba o conselleiro Jesús Vázquez.
Luns, 29 de xuño do 2009

Promovido pola Deputación Provincial e coa colaboración do campus de Ourense

Un estudo analiza o potencial de creación de emprego da Lei de Dependencia

O traballo foi realizado por un equipo multidisciplinar de 27 investigadores de catro facultades diferentes


Image Tradicionalmente o coidado das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recaeu nas familias e especialmente nas mans de mulleres. O desenvolvemento da Lei 39/2006, máis coñecida como Lei da Dependencia, está dirixido a cambiar esta situación, propiciando un sistema público de apoio a este colectivo. A implantación desta lexislación terá un importante impacto na provincia ourensá, por iso a Deputación Provincial solicitou a colaboración da Vicerreitoría do campus de Ourense para a realización dun estudo de investigación que analizase todos os aspectos que supón este novo marco lexislativo. Froito desta colaboración presentouse este luns a publicación Ourense 2009-2017: creación de emprego no ámbito da atención a persoas en situación de dependencia. Un traballo que involucrou a 27 investigadores pertencentes a 10 departamentos de catro facultades diferentes do campus.
Luns, 11 de maio do 2009

Florentino Fernández, director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación:

"O CITI está practicamente rematado e funcionando de xeito autónomo"


Image Florentino Fernández Riverola será coñecido a partir de agora, ademais de como profesor do Departamento de Informática, como o novo director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI. Nestas primeiras semanas no cargo, Fernández, que foi alumno da primeira promoción da ESEI, está poñéndose ao día co estado das instalacións e os equipos; unha vez realizada esta toma de contacto, “vou a entrevistarme persoalmente cos responsables dos grupos de investigación para coñecer os seus proxectos e necesidades”.
Martes, 05 de maio do 2009

Segundo conclúe unha tese de doutoramento

Os líquidos iónicos poden ser empregados na industria como disolventes de deseño

A súa baixa volatilidade fai que diminúa a emisión de vapores á atmosfera


Image Dende finais da década de 1990 os líquidos iónicos xeraron grande interese, tanto a nivel científico como tecnolóxico, debido ás súas propiedades e potenciais aplicacións na industria. A pesar diso, “existen moi poucos traballos que involucren estudos de mesturas de líquidos iónicos con compostos orgánicos e case non hai información sobre as súas propiedades termodinámicas”, explica Gonzalo Rafael García, quen consciente desta carencia centrou a súa tese de doutoramento no estudo dos líquidos iónicos en mesturas binarias a través das súas propiedades termodinámicas.
Luns, 03 de novembro do 2008

A directora da Oficina de I+D e o responsable do CITI foron os encargados de asesoralos

Investigadores do campus reciben formación sobre como participar no VII Programa Marco

Este instrumento de fomento da investigación ten un presuposto de máis de 50.000 millóns de euros


Image O VII Programa Marco (PM) é o principal instrumento de financiamento de proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración da Unión Europea. Os obxectivos desta iniciativa son converter a Unión Europea en líder mundial en I+D e crear un espazo europeo de investigación (ERA). Ademais está deseñado para responder ás necesidades de emprego de Europa e reforzar a súa capacidade competitiva. Esta iniciativa conta cun financiamento total de 50.521 millóns de euros e divídese en catro grandes bloques.

Resultados 13 - 18 de 33

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós