DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 13 de decembro do 2007

Os grupos de investigación poden solicitalos ata o 15 de xaneiro

Aberta a convocatoria para a utilización de espazos de investigación no CITI

Disporán de oito laboratorios e tres salas con rede de voz e datos


Image O 15 de xaneiro é a data límite fixada para a presentación das solicitudes de espazos de investigación no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, que se prevé inicie a súa actividade no primeiro trimestre do ano 2008. A convocatoria, feita pública pola Vicerreitoría do campus de Ourense, fixa como requisitos mínimos o de pertencer á Universidade de Vigo ou a un centro público de investigación que teña asinado un convenio marco de colaboración coa institución académica, ou ben o de dispoñer dun proxecto de investigación vixente.
Martes, 23 de outubro do 2007

Redegal e Imago estarán presentes no simposio internacional

O SIMO premia a dúas empresas creadas por estudantes de Enxeñaría Informática

Das 54 empresas premiadas, tres son galegas


ImageRedegal e Imago, dúas empresas formadas por alumnos e ex alumnos da Escola de Enxeñaría Informática de Ourense, recibiron o premio Vivero, outorgado aos xoves emprendedores con proxectos interesantes a nivel tecnolóxico. O galardón consistente nun stand gratuíto en SIMO, o simposio de informática máis importante de España, foi outorgado a 54 empresas, das que só tres son galegas.
Os galardoados, Imago e Redegal, foron presentados polo director da Escola, Enrique Barreiro, coma outro dos éxitos vinculados ao I+D+i cos que o centro pretende achegar ao ámbito científico e académico á sociedade.
Mércores, 26 de setembro do 2007

En colaboración coa Consellería de Innovación e Mancomun.org

Un equipo da ESEI achega o mundo do Software Libre á PEME galega

A través de catálogos, manuais e unha aplicación web


ImageA través de catálogos, manuais de instruccións e unha aplicación web interactiva, a Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense tentará introducir un pouco máis ás PEME´s galegas no mundo do tecnoloxía libre. A iniciativa responde a un convenio coa Consellería de Innovación ideado co fin de mudar a actitude do pequeno empresario, inda moi reticente ao cambio. Os datos falan por si mesmos, segundo o CESGA, pese a ofrecer custes moi reducidos e gran independencia respecto ao provedor, só o 10% das pequenas empresas decántanse por este sistema en Galicia. Gracias a este proxecto os empresario poderá acceder, entre outros, a unha catalogación de ferramentas, onde se especifica como conseguilas e como mantelas, e unha aplicación web con toda a información.

<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
Resultados 31 - 33 de 33

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós