DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 09 de novembro do 2010

Coa denominación de luz fermiónica

O grupo de Óptica Física descubre un novo estado da luz caracterizado pola capacidade de percorrer longas distancias sen modificarse

O achado terá relevancia internacional grazas á publicación en Physical Review Letters


Image Mellora das comunicacións ao aire libre e dos sistemas de defensa militar son algunhas das posibilidades que ofrece o novo estado de luz descuberto polos profesores Humberto Michinel, Daniele Tommasini e David Novoa, pertencentes ao grupo de Óptica Fisica da Facultade de Ciencias de Ourense. Co nome de luz fermiónica, os investigadores definen o seu achado, consistente nun estado no que as propiedades da luz son análogas ás dunha estrela anana branca. “Conseguimos modelizar matematicamente pulsos moi intensos que se poden propagar no aire sen alteración, de modo que chegan ao receptor coas mesmas características coas que saen do emisor”, explica Michinel, que engade que “ao non dispersarse no aire manteñen a súa propia forma e permiten facer medicións máis precisas”.
Venres, 08 de outubro do 2010

María Victora Carballo-Calero, Premio Galicia de Investigación 2009

En defensa das humanidades

O galardón recoñece a traxectoria da catedrática de Historia da Arte


ImageTranscorreron máis de catro décadas desde que a catedrática da Historia da Arte da Universidade de Vigo, María Victoria Carballo-Calero comezou o seu traballo como investigadora. “As circunstancias era moi distintas” recoñece a flamante Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística para investigadores sénior, “empezábamos cun catedrático e non pedíamos nada. O primeiro texto que escribín dinllo a ler a moitísima xente antes de publicalo e agora hai outra dinámica completamente distinta”. Eran outros tempos e se ben co paso dos anos cambiaron moitas cousas, non a ilusión de quen foi decana da Facultade de Historia. “A verdade é que traballei moito desde que rematei a carreira e ultimamente moitísimo” recoñece a historiadora que iniciou a súa traxectoria con varios traballos sobre a pintora Julia Minguillón
Xoves, 18 de marzo do 2010

A sétima edición desenvolverase os días 26 a 28 de marzo na vila do Arenteiro

O Congreso Chamoso Lamas afondará na historia do Carballiño e do Ribeiro

As xornadas incidirán na importancia dos estudos sobre as comarcas como dinamizadores do rural


ImageO Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas chega este ano á súa sétima edición con máis de 30 relatorios e mesas redondas que afondarán na historia das comarcas do Carballiño e do Ribeiro dende diferentes ramas do coñecemento que van dende as humanidades ata as ciencias. A iniciativa desenvolverase durante os días 26 a 28 de marzo na Casa da Cultura do Carballiño e, no seu transcurso, farase especial fincapé na importancia de levar adiante estudos comarcais como elementos de valorización do eido local.
Xoves, 26 de novembro do 2009

II Xornadas de Comunicación para Investigadores

Os empresarios coinciden en cualificar á Universidade de “elemento clave” para o desenvolvemento da sociedade do coñecemento

As actividades deste xoves centráronse en coñecer as demandas do tecido empresarial ás que o I+D debe dar resposta


ImageAs Xornadas de Comunicación para Investigadores que se están a celebrar no campus centraron o seu segundo encontro na perspectiva empresarial, é dicir, en coñecer cales son as demandas específicas deste sector para que os grupos de investigación poidan adaptar os seus traballos as mesmas. Participaron Jesús Méndez, xefe de sección de I+D de Coren, e Carlota Sánchez, do Instituto de Desenvolvemento de Caixanova, que coincidiron na necesidade dunha maior competitividade do sector empresarial para poder pelexar con éxito nun mundo cada vez máis globalizado.
Martes, 24 de novembro do 2009

Nas II Xornadas de Comunicación para investigadores

Investigadores e empresarios coinciden na necesidade de atopar vías para fomentar a I+D

O campus de Ourense duplica cada ano a facturación nos proxectos de contratación de I+D


ImageAtopar puntos de encontro entre a empresa e a universidade para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación. Nesta idea coinciden os investigadores e os empresarios que están a participar na segunda edición do Xornadas de Comunicación para investigadores, no campus de Ourense. Esta iniciativa, que continuará ata o 2 de decembro, foi inaugurada este martes por Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus e Emilio Atrio, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo. Na súa intervención, Gálvez subliñou que “con estas xornadas queremos ser capaces de entrar en comunicación coas empresas da nosa contorna para elaborar proxectos de I+D”, e revelou ademais que, cada ano, “o campus de Ourense duplica a súa facturación en proxectos de contratación de I+D”. Na xornada interviñeron tamén Javier Pereiro, director de FEUGA e Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía e ex director xeral de I+D, para falar da colaboración e das relacións entre empresa e universidade en Galicia.
Venres, 13 de novembro do 2009

Investigadores e autoridades académicas afondaron no futuro da I+D+i en Galicia

O futuro laboral e a estabilidade dos contratos centran as Xornadas dos Investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal de Galicia

Pedro Miguel Echenique impartiu un relatorio sobre “Ciencia, creatividade e futuro”


ImageA celebración este venres no campus de Ourense das IIII Xornadas dos Investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal de Galicia estivo marcada pola preocupación destes profesionais polo seu futuro laboral e a estabilidade dos seus postos de traballo. O encontro foi inaugurado polo reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e contou coa participación de representantes das institucións académicas e dos colectivos de investigadores que debatiron sobre o futuro da I+D+i en Galicia.
Pedro Miguel Echenique, Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (1998) ofreceu un relatorio sobre Ciencia, creatividade e futuro, no que sinalou que “o edificio cultural da ciencia moderna é a obra colectiva máis importante da Humanidade”.
Resultados 7 - 12 de 33

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós