DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Luns, 05 de maio do 2008

A Área de Normalización Lingüística convoca axudas á investigación en lingua galega

O prazo de entrega de solicitudes remata o 30 de outubro

Coa finalidade de incentivar o uso da lingua nas actividades académicas e ao abeiro do convenio de colaboración vixente coa Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo convoca axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, teses de licenciatura, traballos de investigación tutelados de terceiro ciclo, traballos ou proxectos fin de carreira e traballos fin de mestrado.
Martes, 22 de abril do 2008

III Concurso de Iniciativas Universitarias Galicia 2008

Stop Accidentes e as Xefaturas Provinciais de Tráfico premiarán proxectos que axuden a previr os accidentes


ImageA orixinalidade e creatividade das propostas e o fomento de comportamentos máis seguros e responsables en relación coa mobilidade no tráfico son os criterios que o xurado valorará no III Concurso de Iniciativas Universitarias Galicia 2008 que a ONG Stop Accidentes convoca co lema “por unha mobilidade máis segura”. O concurso ten por obxecto sensibilizar e previr o colectivo universitario sobre a problemática que supón a mobilidade, mellorar os comportamentos cívicos-viais e implementar proxectos relacionados coa Educación Viaria.
Mércores, 02 de abril do 2008

A Autoridade Portuaria de Vigo premiará o mellor traballo universitario de I+D+i

O galardón está dotado con 6000 euros

Image
Traballos non publicados, teses e tesinas que versen sobre calquera aspecto relacionado coa investigación, desenvolvemento e innovación, nos sectores socioeconómicos e sistemas produtivos da Ría de Vigo, poden concorrer ao I Premio I+D+i Porto de Vigo convocado pola Autoridade Portuaria de Vigo.
O premio cunha dotación económica de 6000 euros, ten por obxecto o fomento de todo tipo de estudos e traballos de investigación, desenvolvemento e innovación que estean directamente relacionados cos principais sectores socioeconómicos e sistemas produtivos da Ría de Vigo.
Martes, 01 de abril do 2008

O xerente do CHUVI e o vicerreitor de Investigación asinaron a súa constitución

Universidade e administración sanitaria formalizan a vinculación estable dos seus grupos de investigación coa creación de unidades compartidas

Endocrinoloxía e neumoloxía serán as súas área de traballo


Image Enfermidades como o cancro de tiroides e o de pulmón, ou a tuberculose centrarán parte do traballo que desenvolverán as dúas unidades de investigación compartidas postas en marcha polo Complexo Hospitalario Universitario, CHUVI, e a Universidade de Vigo co obxectivo de potenciar a investigación a través da colaboración, a formación de grupos multidisciplinares e a optimización de recursos.
As unidades relacionadas coas áreas de endocrinoloxía e nutrición e a de neumoloxía, créanse a partir de unidades do hospital que teñen unha vinculación previa co Grupo de Biomarcadores Moleculares (BB1) da Universidade de Vigo que segundo o seu vicerreitor de Investigación, Manuel Reigosa “ apoia firmemente a investigación biomédica, que ten un gran futuro”.
Luns, 03 de marzo do 2008

Cun orzamento de 257 millóns de euros

O MEC convoca axudas para a formación e incorporación de investigadores

Concederanse máis de 3000 bolsas


A novidade dos programas nacionais de Formación de Recursos Humanos e de Contratación e Incorporación de Recursos Humanos do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011, que acaban de ser presentados polo Ministerio de Educación e Ciencia e nos que se investirán 257 millóns de euros, reside na convocatoria de todos os proxectos de formación e contratación de maneira unificada, permitindo aos investigadores a planificación das súas actividades.
A dotación económica prevista para a contratación de recursos humanos ascende aos 159 millóns de euros e os subprogramas incluídos son Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, Torres Quevedo e os de Formación do Persoal Investigador e Persoal Técnico de Apoio.

Martes, 04 de decembro do 2007

O Plan Nacional de I+D+i lanza a súa primeira convocatoria

553 millóns de euros para Investigación Fundamental


O Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 ponse en marcha trala publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria de Investigación Fundamental, dotada cun orzamento de 553 millóns de euros e deseñada co obxectivo de romper a fragmentación dos grupos de científicos e fomentar a súa colaboración. Ademais, para reducir a carga administrativa e simplificar a xestión, este anuncio inclúe cinco subprogramas.
Resultados 13 - 18 de 23

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós